Para completar aos sete de Brancaneves, desde Vigo podemos aportar ao oitavo, que supoño os outros botaron fóra, por ególatra. A este último dálle gusto cortar árbores, e canto máis altos, mellor. Debe levar o tema da súa estatura moi, moi mal, porque todo o que a supera (persoa, animal, vexetal, mente ou calquera outra cousa), veña a cortalo, sexa como sexa.
Achéganme estas fotos desde o barrio de Coia, estes días escenario dunha desigual batalla entre quen nada fixo e defenderse non sabe, e as cuadrillas de motoserristas enviados polo oitavo enanito (o oitavo pasaxeiro?)
Nelas pódese ver como unha das árbores presenta un certo mal estado no seu tronco (os enfermos cúranse, non se decapitan!!), pero a outra parece ter un estado excelente (só escolleu mal a cidade onde medrar). Cóntame o contacto coiano, que o tocón sano, debía de dar tanta pena, que os operarios cortáronno, con moitísimo traballo (o probe fixo o que puido por resistir), posteriormente, a ras de chán (tentaron non deixar pegadas do asesinato), mentras que o tocón enfermo no seu interior deixáronno ben á vista, para demostrar que ¡menos mal que están eles para protexer aos nosos coches!
E, digo eu, ademais do noxo que lle produce todo aquilo que lle fai virar a testa cara riba e que provén da natureza, esta tala masiva non terá que ver cos resultados electorais dese barrio, no que a Alternativa Galega de Esquerdas (conformada tamén por grupos ecoloxistas como Equo) estivo mesmo por riba do PSOE?
'I Premio Pioneiros da Pizarra' para once concellos galegos
-
A iniciativa partiu da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, entidade
que premiou aos once concellos que ao seu criterio teñen maior tradición
louseir...
5 comentarios:
Gracias Tiago.
Están arrasando cos choupos da Avenida de Castelao a unha velocidade incrible. É unha vergonza. Hai que paralos!!!
Es imperdonable: han segado impunemente el paisaje de mi infancia y mi juventud. No se lo perdonaré. Y este alcalde no es no se qué de no se cuál comité de ciudades por la sostenibilidad???
Vamos a ver... O el mundo está medio loco (probable), o yo estoy mal informado. ¿Estos no eran los árboles que tanto problema causaban con su polen y sus alergias hace un año o dos? Si es así, por favor, que alguien explique porque hace un tiempo eran tan perjudiciales y ahora, pobriños chopos.
Estimado galopín: o mundo estache realmente moi tolo (vid prensa diaria, sobre todo estes días) e ti estás, realmente, moi mal informado. Cando, hai máis de tres anos, o goberno municipal, mal asesorado, coma sempre, anunciou a tala masiva de chopos en Coia, acabou desbotando a idea cando numerosos especialistas informaron que o chopo é unha especie arbórea moi pouco alerxénica, pois a súa molesta "pelusa" primaveral non está composta por pólen, senón por sementes.
Penso eu que, quedando tan en evidencia, e tendo tan mal perder, xuraron perpetrar o anunciado cando poideran, e creo que coa disculpa da "enfermidade" de tantos exemplares (de ser así, ónde está a responsabilidade dos mantedores do noso arborado que deixan enfermar a tantas árbores?), hoxe se están a vingar, mazando nos pobriños e indefensos chopos.
Por último, e con cariño, Galopín, hai que ler máis Vigoblog (e lembrarse, claro), pois xa o dixemos daquela.
Un asunto más de Vigo en que la poca eficacia de la oposición demuestra como Caballero sigue gobernando a su gusto sin rival.
Claro que el BNG es ecológico y, empanada, permítaseme esta bouatde, al dejar y dejar sin más que palabras laterales.
Los chopos cuando crecen en exceso presentan un problema, pero para ello se debe hacer una política de corte racional y sutitutiva a la vez y no mandar al rapado a toda una zona con tanta personalidad como Coia.
Si en este tema, tan sencillo, nuestra Corporación se mete a tortas, no podemos pedír más que una ciudad de dirección absurda y desequilibrada.
Y ahora a seguír peleandose con la Xunta y Diputación, versus Figueroa y Abel, con Santi de miranda.
¡Que bonito para todos !
Saludos.
Ataturk
Publicar un comentario