IX ÉPOCA

30.4.10

Traballadores autónomos economicamente dependentes.




Hai uns dias cando Citroën tivo que paralizar a producción por falla de subministros, soupemos que os traballadores poderían ocupar o seu tempo en cursos de formación. Tendo en conta que os tales cursos de formación conlevan unha subvención económica, o que parecería unha médida de eficacia convirtese nun mecanismo de traslado dos custos empresariais á sociedade.

Polo visto cada vez é máis frecuente a figura do traballador autónomo economicamente dependente (palabra de BOE): é decir alguén que traballa para unha empresa sen ser da empresa. Poucos compromisos para o contratador e todo o risco para o contratado.

Aos rapaces e rapazas de 14 anos o vixinte plan de estudios ofrecelles a posibilidade de estudiar un “Obradoiro de iniciativas emprendedoras”, unha especie de preparación para seren traballadores autónomos.

Cantos primeiros de maio nos quedan?

Ningún comentario: