Gusto de Francisco Leiro como escultor. É para min un dos grandes artistas contemporáneos de Galicia e unha boa representación artística do noso país en Nova York.
Vigo ten a sorte de ter na rúa 4 esculturas del: O homepeixe (Sireno), o Bañista do Areal, O Nadador e outra, cuxo nome descoñezo, na estación de ferrocarril.
As pernas do bañista do Areal rodeadas dun valado "tipo Vigo"
As pernas de madeira da escultura o bañista do areal, están deterioradas ata o punto de correr o perigo de desplomarse. Hai meses, Leiro declaraba que a culpa era da falta de mantemento por parte do Concello de Vigo, administración obrigada a isto trala cesión realizada polo Consorcio da Zona Franca. Agora, despois da promesa municipal de aportarlle 60.000 euros, a orixe do problema variou. O escultor vén de declarar que el xa se imaxinaba que a madeira non aturaría as condicións da intemperie preto do mar e vai refacer a obra en bronce.
Poderoso caballero es don dinero: é quen de conseguir modificar a orixe e causa das cousas.
O Sireno, dende o alto das súas columnas, libre das ataduras do seu autor e independente das do seu promotor, fainos un aceno de fondo desagrado.
Información Voz de Galicia 11.06.05
Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
2 comentarios:
El título de la escultura de Leiro en la estación del ferrocarril es "Inverno".
Propongo para esta escultura el título de "El gran hostión"
Publicar un comentario