IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta finca do conde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta finca do conde. Amosar todas as publicacións

19.12.10

Finca do Conde volve á palestra

Unha vez máis o caso Finca do Conde -no que están implicados por acción os concelleiros do PP e por omisión os do BNG do Concello de Vigo que gobernaban ou estaban no Consello da Xerencia de Urbanismo antes e cando se concederon ilegalmente as licencias neste ámbito urbanístico- volve á actualidade, sen que ninguén presente no xulgado, para a súa investigación, os múltiples indicios de actuacións conscientemente ilegais que poden supoñer, para os petos dos vigueses, millonarias indemnizacións das que serían beneficiarios, aínda por riba, os propios inductores do pelotazo.
Desde Vigoblog, que leva cinco anos denunciando, con todo tipo de datos, as irregularidades e documentando as sospeitas de financiamento ilegal, seguimos reclamando, en defensa dos intereses públicos, xustiza.
E seguiremos querendo coñecer, tamén, pola súa posible íntima relación coa concesión das licencias, o contido do convenio de financiamento da Volvo Ocean Race, asinado por ING Real Estate e Corina Porro, polo cal a promotora do Centro Comercial Finca do Conde aportou 1,5 millóns de euros, dos que case a metade foron a parar á caixa de dúas empresas de publicidade vinculadas coa xefa de Gabinete na alcaldía de Corina Porro -Abano e Significantia-, tal e como informou Vigoblog.
Animamos aos nosos lectores a participar nos comentarios á noticia sobre Finca do Conde publicada hoxe no Faro de Vigo.

25.4.10

Corina Porro: unha candidata con antecedentes

Parece que os do PP decidiron tentar á sorte e -no típico acto de exaltación dos que aspiran a té-la sorte de volver a sacar tallada da exhausta tarta municipal- propoñen a Corina Porro como pre-candidata á alcaldía de Vigo. Para facer esta -créanme- arriscada aposta esperaron o tempo que crén suficiente para que se dilúan na memoria algunhas actuacións altamente sospeitosas, protagonizadas durante o seu mandato e que, en tempos revoltos de Gürtel, non son boas de lembrar, non vaia ser.

Unha vez liberada desas cargas da memoria, voltará Corina á ortopedia facial e ao botox institucional, esta vez con amigas posiblemente menos útiles pero máis presentables en sociedade cá que foi fidel compañeira nos negocios da alcaldía, Pilar Egea. Para espantar meigallos, unha das primeira medidas tomadas xa hai tempo pola pre-candidata, foi afastar da súa vida pública e privada á antes inseparable Pilar Egea, que exerceu de hábil maquilladora e eficaz  asesora de C.Porro dende o seu estratéxico posto de xefa do gabinete  da alcaldesa, con soldo a cargo do erario municipal. Xa diciamos daquela en VB que esas non eran boas compañías e que non gustaban nada aos corazóns puritanos do PP.
Pero a Porro, daquela, e coa oposición das almas benpensantes do partido, decidíu enxugar a laranxa e sacarlle un proveitoso zume á relación, para, dende xa hai uns meses, colocar aquela roupa lavada ao clareo e facer desaparecer a Mapi do mapa.

En Vigoblog non só temos memoria, hai tamén un documentado arquivo de xa cinco anos de existencia, ben enlazado coas hemerotecas locais, que pon en evidencia como a nosa pre-candidata ten antecedentes:  tonteou coa corrupción e non foi aínda quen de defenderse das graves acusacións sobre a súa implicación no caso Finca do Conde; favoreceu económicamente, con cargo ao diñeiro público,  ás  empresas de publicidade vinculadas coa súa xefa de gabinete, ou dirixíu a execución chapuceira das obras de "humanización" do centro da cidade, por poñer só algúns exemplos.

O pelotazo de Finca do Conde podería formar parte dos manuais sobre corrupción urbanística. Unha historia documentada de descarado favorecemento dunha promotora inmobiliaria internacional -ING Real Estate-, mediante acordos municipais destinados a soslaiar a legalidade, obviando a sabiendas decisións xudiciais sucesivas que prohibían a construcción dun Centro Comercial. E isto co único ánimo de posibilitar unha moi lucrativa operación privada finalmente, como non podía ser doutro xeito, declarada ilegal. No caso Finca do Conde pringou por acción o goberno de C.Porro con Chema Figueroa á cabeza da operación e o socio de Pilar Egea no papel estelar de "proveedor de oportunidades" Pedro Costas Gil; pringou por omisión o BNG que posibilitou, cunha estratéxica abstención na Xerencia de urbanismo, a concesión da licencia aos holandeses. Con Finca do Conde non só se enriqueceron á nosa costa algúns, senon que foi tamén a causa real do acoso e derribo de Ventura Pérez Mariño, demasiado incómodo para os intereses privados doutros.

Os gastos en publicidade do goberno C.Porro é outro dos antecedentes a esquecer, como xa ten demostrado, entre outras cousas, VB. Uns antecedentes que, como xa comentamos e comentaremos, teñen os seus precedentes e a súa descarada continuidade na práctica irregular de gasto dos seus colegas do BNG e do PSOE.

A empresa amiga Canal Uno, do ex concelleiro do PP Juan Martínez Herrera, facturou no período 2005-2007, durante o manadto de Perly, a frioleira de 872.076 euros, boa parte deles a base de contratos menores sucesivos sen concorrencia nin publicidade. Tamén beneficiado foi daquela o Faro de Vigo, financiado directamente polo dúo Corina-Mapi coa non despreciable cantidade de 615.211 euros, traballados en boa parte, iso sí, a base de pitadas menores de 12.000 en 12.000 euros mensuais, o que ten o seu mérito.

Pero a figura estelar da corrupción publicitaria durante o goberno de C. Porro protagonizárona co seu consentimento as empresas vinculadas con Pilar Egea, a súa xefa de Gabinete, nomeadamente Ábano e Significantia, aparatos da invención de Mapi e de Pedro Costas Gil, que obtiveron altos rendementos da súa conexión coa alcaldesa. Ademais das facturacións directas coa alcaldía -con contratos menores por máis de 150.000 euros-, as dúas empresas relacionadas coa xefa de Gabinete tiveron o seu momento de gloria cando cobraron 677.625,60 euros, mire vostede por onde... de ING Real Estate!: foi o rendemento do convenio -cuxo texto aínda permanece en secreto- entre a alcaldesa e a multinacional holandesa dentro dos felices fastos municipais da Volvo Ocean Race viguesa.

Tamén cómpre esquecer que no millonario gasto en humanizar o centro da cidade, non incluíron cambiar as redes de saneamento que contan con máis de sesenta anos de antigüidade e que, aínda hoxe, grazas a tan útil actuación, seguen evacuando a merda da burguesía local por taxeas de pedra decimonónicas. Claro que había que aforrar para poder decorar a actuación co caro granito roxo altamira floreado que rodea os alcorques cheos de pedriñas que disfrutan os vigueses nas súas rúas máis céntricas. Claro que ninguén lle vai lembrar a C Porro que un inverno chuvioso como o que pasamos, acabou afundindo boa parte dos pavimentos das rúas humanizadas por ela como consecuencia de non ter construido un novo sistema de sumidoiros con deseño e capacidade abonda para os caudais xerados pola nova pavimentación. Tamén cómpre esquecer que se negou a executar os tanques de tormenta previstos no proxecto inicial de humanización en Colón que evitarían os vertidos constantes ao mar de augas residuais no espigón do náutico que tantas veces denunciamos dende aquí.

Non queremos rematar este breve resume, sen deixar constancia da conveniencia de que Corina Porro nos diga aos cidadáns a orixe e desenvolvemento dos seus bens e patrimonio. Temos unha curiosidade malsana por saber como e con que se puido construir o seu chalet de Vilaboa, como comprou o iate Platinum 32 de 10 metros de eslora adquirido nada máis deixar a alcaldía, ou como paga as xoias de ouro e o variado e caro vestiario que loce. Son curiosidades cidadáns sobre un cargo público que nada costa, seguro, satisfacer. Aos que a lembramos como normalita enfermeira, viríanos moi ben coñecer como se fai esa carreira económica tan exitosa.

Malos antecedentes en tempos revoltos. Antecedentes que se reforzan agora co pouco respecto pola legalidade da que fai gala Corina nos recheos e na súa actuación cosmética no Porto de Vigo, que lle van traer máis dun disgusto.

Eu de vostedes, señores e señoras do PP,  pensaríaomo dúas veces: logo de proclamada non van ter remedio.

Máis documentación en Vigoblog seguindo as etiquetas desta entrada.

2.11.09

Finca do Conde, quen dubida de que hai responsables?


Vigoblog leva catro anos advertindo das graves irregularidades, con pagamentos a terceiros sumamente sospeitosos polo medio, que se produciron na concesión das licencias dentro do repetidamente declarado ilegal PERI Finca do Conde.
O PP e o BNG estaban advertidos no propio Consello de Xerencia de Urbanismo, das graves consecuencias das súas  accións nos primeiros e das omisións dos segundos neste caso. Dende VB denunciouse (ao igoal que en El País) o papel dese "proveedor de oportunidades" chamado Pedro Costas Gil, socio de Pilar Egea -xefa de Gabinete de Corina Porro cando se produciron as licencias ilegais-, na creación da empresa de publicidade Abano e da súa sogra en Significantia. Dúas empresas que recibiron nada máis e nada menos que 677.625,60 euros en vaporosos contratos feitos á carta por ING Real Estate, a promotora do PERI Finca do Conde e do Centro Comercial en cuestión. Cartos recibidos, ademais, no contexto dun convenio secreto para o financiamento dalgunhas actividades da Volvo Ocean Race, suscrito entre esa promotora inmobiliaria e a Alcaldesa, e cuias facturas se emitiron co coñecemento e consentimento expreso da propia Alcaldía.

Pedro Costa, relacionado directamente coa xefa de gabinete de Corina Porro, foi o conseguidor das operacións de compra da multinacional holandesa dos terreos dese ámbito. Significantia facturou, ademais, para a propia Alcaldía de Corina Porro e, en consecuencia, baixo as directrices da súa xefa de Gabinete Pilar Egea, 153.183 euros en contratos menores fraccionados para curiosos servizos de publicidade municipal nos anos 2005, 2006 e nos dous primeiros meses de 2007.


O PP estaba advertido oficialmente de que non concedera as licencias. Un informe xurídico amparaba plenamente a anulación cautelar do PERI por parte do Concello. E preferiron poñer por diante os intereses privados de ING Real Estate sobre os xerais que estaban obrigados a defender como representantes da administración pública e concederon as licencias.
Estes son feitos. Corresponde a quen deba, pasalos a ese papel timbrado que acaba cunhas bolsas de lixo azuis cos obxectos persoais e o peso da lei sobre os responsables.

Remato coas palabras de Mauricio Ruiz Ceniceros, concelleiro de urbanismo nos seis meses de duración do goberno rexenerador de Ventura Pérez Mariño (derribado por PP e BNG entre outras cousas pola súa posición firme na defensa do interese público neste caso) no Consello da Xerencia de Urbanismo de 11 de marzo de 2004, tal e como se recolle na acta correspondente:

Sr. Ruiz Ceniceros: respecto das licencias nº 66-67 a nome de DECOVISA, quere facer constar que hai 3 sentencias expresas, non firmes, que anulan o proxecto de compensación, o proxecto de urbanización e o plan especial do ámbito (Finca do Conde). No anterior goberno xa se fixeron propostas de suspensión de licencias por ese motivo, pero o Consello as rexeitou.
O seu Grupo respalda o que di a proposta, que de confirmarse a sentencia que anula o plan especial, será dificilmente legalizable no novo PXOM.
Espera, que si o Goberno, a pesar da opinión dos técnicos, e en contra dun grupo municipal, segue adiante, asuma as responsabilidades, que van ser de moita entidade económica, polas indemnizacións que pode xerar.


Claro e en botella: a fiscalía.

1.10.08

¡Papá, papá!

--Papá, papá, en el cole me llaman cabezón...
--No hagas caso, hijo, y cuando vuelvas del cole tráete cinco kilos de patatas en la boina...


El viejo chiste acaba de ser actualizado, porque ese buen chaval que responde al nombre de Santi, Domínguez para más señas, ha ido a quejarse a sus colegas de la corporación municipal de que por ahí andan diciendo cosas feas de él.
Ni corto ni perezoso, su superior político, que responde al nombre de Abel, le dijo algo así:

--No te preocupes, que se lo vamos a decir a tus tíos y verás como lo arreglamos en familia.
--Es que andan poniendo pegatinas por las farolas y las paredes en las que me llaman de todo; y es mentira...
--Bueno, ya me ocupo yo de eso y luego nos tomamos unas copas.

Mucho más tranquilo se quedó el chaval, que siempre reconforta saberse arropado por la familia en los momentos difíciles.
Y no le falta razón al pobre Domínguez, porque por ahí andan poniéndolo como chupa de dómine, con lo bueniño que es, que nos trae "powerboats" para hacernos la revolución comenzando por el Casco Vello, que no da salido de la penuria y siguen cerrando por allí restaurantes y chiringos.
Pero la política también es cruel, porque parte de la familia corporativa (exactamente la mitad menos uno) dijo que "tururú", que "nasti de plasti", que aquí todos moros o todos cristianos, y que nadie dijo ni "mus" cuando la cosa iba con otros. Así que cada palo aguante su vela y que para eso están los tribunales de justicia.
Serán desagradecidos esos colegas del tío Chema y la tía Perly, que ya se han olvidado de cuando Santi iba de la mano del tío Toba y del tío Castrillo y les echó una mano con lo de acabar con aquel "juez de la horca" que respondía al nombre de Ventura para que la tía Perly pudiese "alcorquizarnos" la ciudad para sus esquizofrenias florales, para dar salida al pelotazo de Finca do Conde, para ver si salía adelante el desafuero del PXOM, etc. etc.
Es lo que tiene la política, que está llena de desagradecidos y cuando uno reclama cariño le devuelven desamor y lo dejan a los pies de los caballos de hordas urbanas armadas de espray y "post it" maliciosos.
Los tíos peperos parece que le dijeron que se dejase de meterlos a ellos en el fregado y que se fuese a los tribunales. Claro que Santi debió pensar en que a esos tribunales de justicia ha vuelto el "juez de la horca" y, a lo mejor, le toca y, si se las tiene guardadas, no le da satisfacción.
Menudo lío. Aunque algo más tranquilo debió quedar porque el precedente ha sido sustanciado, al arroparlo en su queja lastimera sus tíos paternos con el brindis al sol escenificado por los hermanos de correrías que dirige el tío Abel.
El caso es que todos parecen haberse olvidado de cuando algunos patrocinaban campañas injuriosas contra el "juez de la horca" al que llamaron "protofranquista" (sin saber ni qué significaba el término, pero a sabiendas de que sonaba fatal) y otras lindezas.
Aunque también podría recordar el bueno de Santi que su antiguo jefe de filas, que responde aún al nombre de Lois, fue objeto de la más descarada, injuriosa y calumniosa campaña promovida por una Policía Municipal que, incluso, le montó una carpa ante el Concello para escenificar la batería de insultos que recibió, y no era el teniente sino el alcalde.
A lo mejor es que la política se define, para algunos, por la ausencia de memoria y de coherencia con los actos propios.
Lo que pasa es que algunos otros aún tienen memoria y la usan.

--Papá, papá, en el cole me llaman mafioso.
--No te preocupes, hijo, que yo me encargo.
--Vale, pero que parezca un accidente.

19.8.08

La maldición de Portanet

Dándole vueltas a eso que, sin saber ni cómo ni por qué, pareció bueno a la Consellería de Ordenación del Territorio (por no personalizar) después de haberle parecido malo, se me vino a la cabeza una cosa que algunos han dado en llamar "la maldición de Portanet". Estarán ustedes pensando (o no) en lo de la Plaza de España.
¿Se acuerdan, verdad, de cuando Mauricio Ruiz "apatrullaba la ciudad" con la mirada serena para que los abigeos no se lucraran con el expolio de nuestros rebaños de cuernilargos? Es verdad que "apatrullaba" solo; pero "apatrullaba".

Entonces, los que querían hacerse amigos del gobernador del estado para que les dejase poner sus alambradas y acabar con los "horizontes lejanos", se las tenían tiesas con el "apatrullador" y no se atrevían a escupir fuera del caldero cuando se pasaban por el "saloon".
Pero, por detrás, en las penumbras que oferta el poder, los malos conspiraban para que el gobernador le retirase la placa de concejal a Gary-Mauricio-Cooper y poder campar por sus respetos. La historia nos dice que lo consiguieron. Mauricio, "sólo ante el ladrillo" que todo lo puede, hubo de retirarse a sus cuarteles de invierno a contemplar cómo los "suyos" mandaban todo lo trabajado a freír espárragos.
Ellos querían poner alambradas, ampliar el OK Corral de la Plaza de España y conseguir el monopolio de la extracción y el transporte de ladrillo en todo el Oeste. Y casi lo consiguen.
Pero, héteme aquí que, como pasa cuando se anda "fuchicando" en la tumba de los faraones, la tenebrosa sombra de algún sacerdote de Annubis surge para hacer visible la clásica maldición.
Así es que, cuando ya todos los obstáculos parecían removidos; cuando ya la conselleira, que antes había dicho no, se puso a decir "digo" donde había dicho "Diego", ahora me viene el semiólogo Pereira y sostiene que la vieja maldición de Portanet abarca a todo lo que linde con la Gran Vía. Y me lo explica:

Resulta que, siendo sheriff de la Fiel, Leal, Valerosa y Siempre Benéfica ciudad de Vigo don Rafael J. Portanet Suárez, y corriendo los últimos años de la década de los 60 del pasado siglo, epígonos de aquellos abigeos del far west vieron la tremenda extensión de pastos que había nada más traspasar la por entonces llamada Gran Vía del Generalísimo por su margen izquierda y la desearon para poner sus traicioneras cercas de alambre de espino.
Cantan los ciegos por las ferias del país que el sheriff y sus amigotes conspiraron para ocupar aquella franja de terreno baldío y ponerla a solares. Sólo se requería una simple recalificación que permitiera que los terrenos en barbecho pasaran de valer "cuatro" a valer "cuatro mil". Dicen también que el sheriff Portanet contaba con "carta blanca" del Gran Jefe Blanco, un paisano radicado en El Pardo (Madrid), que gobernaba el territorio con la férrea mano de un tal Camilo Alonso Vega, conocido en el Oeste como "don Camulo", porque era capaz de derribar a un regimiento de un "decreto-coz". Y se creció, claro.
Iba tan sobrado el sheriff que no se percató de que, una cosa es una cosa y otra cosa es otra; las cosas como son. Tiró entonces de pasquín colocado junto a las puertas batientes del saloon, y anunció que la margen izquierda del territorio conocido como Gran Vía pasaba a convertirse en sabrosísimos solares, y que las vacas se fueran a pastar a Oklahoma, vasto territorio virgen.
Algo hizo mal el sheriff, o se olvidó de hacer partícipe del descubrimiento de aquel yacimiento de ladrillos a algún pez gordo, porque el Gran Jefe Blanco no movió un dedo cuando un marshall decidió que los "descubridores" de aquel Eldorado eran unos tramposos que habían usurpado los títulos de propiedad a los honrados granjeros, a cambio de unos pocos centavos.
El caso es que, gracias a que había sido directamente "elegido" por el propio don Camulo, el sheriff se libró del traje a rayas y de compartir rancho con los Dalton en el trullo. Pero no así varios de sus pandilleros de la banda conocida como Corporación Municipal de Representación Terciaria (es decir, que eran "representantes" de los tres tercios en que nos dividían entonces: Familia, Municipio y Sindicato), que acabaron tras las rejas por una temporada.
Cuentan los más viejos del lugar que el sheriff Portanet, cabreado por haberse quedado con el culo al aire en su "jugada" inmobiliaria, lanzó una maldición sobre aquel territorio situado en la margen izquierda de la Gran Vía. Para asegurarse de la pervivencia de la maldición, el sherif chafado se hizo construir un gran depósito de carburante en lo más alto de la acera de enfrente, de cuyo glorioso pasado como "gasolinera de Portanet" (PS, rezaba el luminoso) nos queda hoy lo que conocemos como "gasolinera de la Plaza de España".

Fueron pasando los años y la maldición sobre "la margen izquierda" siguió su curso: costosos chalets de una burguesía más pendiente de limpiar de color rojo los números de sus cuentas bancarias que de prosperar repartiendo trabajo y riqueza, han quedado convertidos en guarderías, locales de copas con vocación de "cool", lavacoches a presión, intentos fallidos de restaurantes y fracasados (hasta ahora) intentos de volver a lo de recalificar aquellos prados y convertirlos en minas de ladrillos.
Hasta que, otra vez en las penumbras del poder local, los nuevos tentadores "cuenta naranja" de los sucesores de aquel sheriff de los 60, decidieron que todo era una patraña para asustar a los niños y consiguieron que algunos antiguos adversarios se uniesen para hacer de la "margen izquierda" el gran emporio comercial, aprovechando el regustillo aristocrático que daba nombre al rancho: Finca do Conde. Pero el asunto nació ya con mal pie y peor prensa (no toda, claro). Incluso ahora siguen las secuelas de la maldición cuando "destapamos" los últimos números del millón y medio de la Volvo-ING.
Pero la maldición de Portanet acechaba y el peso de la ley se cernía sobre "el mayor centro comercial de Galicia", aunque ellos seguían en plan "ladran, luego cabalgamos". Sin embargo, otro marshall dictó sentencia definitiva: lo de Finca do Conde era ilegal y había que arrasarlo.
En esas estábamos cuando, por un lado los moradores del Centro Comercial fueron sintiéndose engañados y abocados a la ruina, y por otro ya el negocio de explotar minas de ladrillo sólo daba para disgustos.
Y seguíamos en esas cuando un nuevo sheriff, que antes se decía amigo de Mauricio, nos muestra su júbilo porque ya se puede ampliar el corral de la Plaza de España, con unos leves retoques para alojar ganado menor, y de nuevo la mina de ladrillos volverá a producir alcanzando las "más altas cotas" de protuberancia que se han visto al oeste del Pecos-Lagares.
Sostiene Pereira que una maldición es una maldición, y que, por mucho que alejen del corral los caballos de Oliveira, el nuevo poblado proyectado no va a ninguna parte porque pesa sobre él la Maldición de Portanet. En fin, que el Caballero se va a quedar sin caballos, ni que sean de Oliveira, y los gambusinos no van a pillar oro en estos placeres, porque sobre la margen izquierda de la Gran Vía (plazaspaña incluida) pesa un mal de ojo con casi medio siglo de probada eficacia.
Y digo yo; ¿es que ya no quedan asesores con memoria?
En fin, que si lo que sostiene Pereira se sostiene, vamos a tener que sentirlo por los caballos de Oliveira, el Caballero del convenio, ING-Real State y Fraga, Portolés y García Quijada, para regocijo del primer damnificado por la querencia de la margen izquierda de la Gran Vía a que la dejen como está: Rafael J. Portanet Suárez (q.e.g.e.).
La sombra de Portanet es alargada. Y su venganza, que ni la de Tutankamon.

17.8.08

Así se gastaron os 1,5 millóns de euros da Volvo

Visto o alto grao de transparencia do Concello de Vigo, que a todos nos enorgullece, publicamos en exclusiva a relación de gastos que se realizaron con cargo ao fantasmagórico e secreto Convenio entre o Concello de Vigo (C.Porro) e ING Real Estate, para o patrocinio parcial da saída viguesa Volta o Mundo de Vela VOR -Volvo Ocean Race-. Dende VB reclamamos moitas veces que se fixeran públicos estes datos, tal e como o esixira a oposición (daquela!) a C. Porro. Como agora no goberno esquécense rapidamente do prometido, para iso estamos nós, para recordarllelo! Esperamos que, facendo gala desa transparencia, nos conten agora o almirante Caballero e o tenente Domínguez, como se gastan eles os millóns de euros dos orzamentos municipais en publicitarse e visualizarse, canto diñeiro gastan, con quen contratan, que procedementos de contratación utilizan, etc.

Para os que non seguisen daquela a través de VB e da prensa (El País, pois a prensa local non publicou unha soa liña, ben alimentada por graciosos contratos sucesivos dende a mesma alcaldía) este affaire da VOR, lembramos que as empresas Abano e Significantia están relacionadas coa que, no momento de asinar o citado convenio e realizar os pagos, era a xefa de Gabinete de C.Porro, Pilar Egea (Ábano foi fundada por ela e, naquel momento, -ao igoal que pasaba con Significantia- figuraba a súa sogra como socia). Aquí se pode facer un seguemento completo deste escándalo.

Claro que Domínguez e Caballero están empeñados en facer boa a C.Porro no que a gastos de publicidade institucional se refire... non hai máis que ver o timo millonario da Universiada e a mellora do futuro que lideran repectivamente... todo, todo, se acabará sabendo...

Pois aí van os datos, factura a factura daquel negociete co que adormilaron á cidade durante uns poucos meses. Significantia + Abano, vinculadas á daquela alcaldía de Vigo a través da súa xefa de gabinete, á vez que xestionaban o tal convenio, facturaron, nin máis nin menos có 44,5 % do millón e medio de euros. Tódolos gastos foran ordeados e supervisados directamente pola alcaldía de Vigo, pero ningún deles foi sometido aos procedementos legais de contratación das administracións públicas (ou sexa, todo foi a dedo, sen publicidade nin concorrencia), amparándose no truco de que se facturase directamente a ING, empresa privada e, xa que logo, non sometida ás garantías e controis do gasto público. A fórmula de Convenio -cuxo texto se mantivo sempre en secreto- foi a ferramenta utilizada para eludir o control público deste gasto millonario. Bo e fácil negocio, si señor!

ÁBANO+SIGNIFICANTIA

Fecha

Ábano

31052005

51.225,60

31052005

58.000,00

01082005

58.000,00

15112005

342.200,00

Total Abano

509.425,60


Significantia

31052005

145.000,00

31052005

11.600,00

31052005

11.600,00

Total Significantia

168.200,00

TOTAL ÁBANO + SIGNIFICANTIA: 677.625,60 €

RESTO FACTURAS A ING DE “VIGO05”

FECHA

IMPORTE

ACREEDORES

06062005

130.500,00

BOAT GP WORLD S.L.

31052005

13.684,52

CANAL 1

06052005

90.480,00

GEDEMON, SL

06062005

13.920,00

GEDEMON, SL

01062005

974,40

GONZALO ALONSO-BERNAOLA

06072005

9.048,00

GEDEMON, SL

21072005

13.340,00

GEDEMON, SL

01082005

130.500,00

BOAT GP WORLD S.L.

08112005

117.600,00

JENIOS ORGANIZACIÓN DE CONCIERTOS SL

22102005

13.382,92

RONAUTICA, SA

28102005

15.335,20

DAVILA SPORT

08112005

6.496,00

ESPECTACULOS LITO, SL

12112005

360,00

C.E.A.R. CASTROMAO

12112005

2.088,00

ARABOT PRODUCCIÓNS HIPOLITO CABEZAS

12112005

720,00

A.C. STA MARIA VISO TERRA MEIGA

10112005

1.276,00

PEÑA FREIXO

12112005

1.113,60

ACD LAVADORES

12112005

360,00

AVC SAN XOAN

12112005

1.995,20

LEMBRANZAS GALEGAS

12112005

720,00

A FOLK ANDARELA

10112005

1.440,00

C.C.AR. VALADARES

12112005

1.155,60

AVV O CARBALLO SÁRDOMA

12112005

417,60

ANGEL ESTÉVEZ COSTAS

09112005

960,00

ASOCIACIÓN CULTURAL ALOIA

12112005

720,00

ASOCIACIÓN CULTURAL TRALOVALO

27102005

360,00

AVV MONTE DA MINA CASTRELOS

26102005

385,20

AVVCR CABRAL

12112005

385,20

AVV CRISTO DA VICTORIA COIA

12112005

1.763,20

SCD ATLANTIDA MATAMÁ

12112005

835,20

AC DE BAHIÑA BAIONA

12112005

385,20

AVV CRISTO DA VICTORIA COIA

12112005

1.080,00

AVV BEADE

12112005

4.988,00

WENCESLAO CABEZAS DEL TORO

14112005

21.460,00

PEDRO VÁZQUEZ TABOADA

16112005

118.518,49

SIMON MUSIC

11112005

92.800,00

FARO DE VIGO SAU

27122005

29.280,00

EL CORTE INGLÉS

27122005

5.640,00

EL CORTE INGLÉS


846.467,53


TOTAL ABANO-SIGNIFICANTIA


677.625,60

TOTAL OTROS


846.467,53

TOTAL FACTURAS ING VIGO05


1.524.093,13



Como se pode ver, uns cardaban a lana co seu curre e uns poucos espabilados se llevaban... la fama.

9.1.08

O escándalo Finca do Conde continúa

Tal e como estaba previsto, e ninguén dubidaba, tamén se acaban de anular as licencias de actividade do Centro Comercial Gran Vía-Finca do Conde, promovido pola multinacional holandesa ING Real Estate, patrocinadora da Volvo Ocean Race en Vigo e empresa amiga da sogra de Pilar Egea, xefa de gabinete de Corina Porro.
Un bo momento para repasar todo o publicado por Vigoblog sobre este turbio asunto... ¿e o fiscal?

Por certo, Caballero, onde está o convenio secreto de Corina que o PSOE reclamou que se fixera público.... cando estaba na oposición, claro?

28.9.07

Que intereses defenden?

Finca do Conde. Como se come isto? Partamos do trile de que Chema Figueroa recoñece que tiña informes tanto para dar a licencia como para non dala, con "risco" parecido de xuridicamente equivocarse. Se non daba a licencia, o maior prexudicado sería ING Real Estate, multinacional holandesa que xoga forte dende hai anos co PERI Finca do Conde e que ameaza con monopolizar as nosas vidas coa súa cor laranxa e os seus empurronciños. Xa dende tempos de Manolo Pérez leva a multinacional perdido nos tribunais todas e cada unha das veces que as aprobacións do planeamento foron recorridas e foron sentenciadas (e que sistematicamente foi recurrindo, para gañar tempo e pasara o que pasou). Se Figueroa non daba a licencia, podería ocorrer que ING fose aos tribunais e estes fallasen, no pior dos casos (raramente, con tres sentenzas en contra do planeamento que substentaba a licencia), contra o Concello, que se enfrontaría a unha posiblemente máis que leve indemnización e á obriga de concedela despois, no improbable caso -como xa se demostrou- que o Tribunal supremo dese a razón a ING nos seus recursos contra as sentenzas do tribunal superior de xustiza de Galicia. Pecata minuta. Sen embargo, a decisión de concedela nestas circunstancias SÓ podía prexudicar aos intereses públicos xerais e SÓ podía beneficiar ao interese privado.

SÓ hai unha resposta posible a tan extraño comportamento: perante a dúbida, Figueroa (e o BNG coa súa transcendental e sorpresiva abstención en xullo de 2003) optou -paradoxicamente nun representante dos intereses xerais- por arriscarse A FAVOR da parte privada e CONTRA os intereses públicos. SÓ hai unha resposta posible para que un representante público opte, en caso de dúbida, por favorecer unha operación privada que moverá, a favor da multinacional, moitos millóns de euros no seu beneficio: que representa realmente os intereses desa empresa privada.

A música patética a todo isto, e da que neste blog dimos comprida e desglosada información, pona o curiosísimo convenio secreto asinado por C.Porro e ING para o patrocinio da Volvo e que, a estas alturas, segue sen ser desvelado polos actuais gobernantes. Case o 50% do total aportado por ING, foi parar casualmente ás contas das empresas Significantia e Abano, relacionadas con Mapi Egea, xefa de gabinete da Porro e do "proveedor de oportunidades" Pedro Costas, socio da "sogra de Mapi". Isto é, lévanse 677.625,60 euros do millón e medio aportado, en concepto aínda non se sabe de que "servizos" publicitarios e de comunicación. Ou sexa, 100 millóns das antigas pesetas para un lado e o resto, para os gastos, que algo farían... que a estes exipcios gústalles sempre redondear.

É a obriga dos actuais gobernantes ensinarnos a tódolos cidadáns tamén, ademais dos informes técnicos que agora amosan, os documentos do convenio secreto de Corina e Mapi que, cando estaban na oposición, reclamaron pública e reiteradamente. Como é a súa obriga reclamar as responsabilidades que correspondan, e non só as "políticas".

Dende Vigoblog, aportamos o noso gran de area á recuperación da memoria neste asunto: non hai máis que clicar na nosa etiqueta temática. Que ninguén se escaquee agora con mentiras ou con silenzos. As actas da Xerencia de Urbanismo están aí para avergonzalos.

17.9.07

Manual de urgencia para corruptos

El Caballero tocayo del hermano de Caín nos ha venido a decir lo que ya todos sabíamos. Lo sabían desde el topo-hobbit hasta el mismísimo Zorro; lo sabía la vidente dipsómana, y era consciente de ello hasta el semiólogo externo. Nos lo habían advertido, pero como la superioridad me encargó que los despidiera a todos, por plastas, pues no hemos vuelto a verlos.
El Abel, revestido de la "prudencia" que da el estar donde está, se ha ofrecido a evitar que nos quedemos a dos velas por tener que pagarle a ING los "réditos" de la ilegalidad que le permitieron cometer los que hace no tanto tiempo gobernaban esta ciudad. Es decir, que va a recurrir la sentencia que ha declarado ilegal (y demolible) el Centro Comercial Gran Vía, construido gracias a las grandes dosis de cinismo y, presumiblemente, corrupción puestas en práctica por la "joint venture" PP-BNG-ING, con el manifiesto desagrado del PSOE, presumiblemente también, por haberse quedado fuera del chanchullo por culpa de aquellos dos desalmados "outsiders" llamados Ventura Pérez Mariño y Mauricio Ruiz.
Pero nuestro "Horse man" (alguno lo traduciría como "Gentleman", pero yo no) ha salido al rescate de la "desfeita" y, con un memorable acto de filibusterismo legal, nos evitará la quiebra de las arcas municipales recurriendo una sentencia que, al mismo tiempo, califica de correcta y difícilmente rebatible. Supongo que los asesores legales de los que dispone el Ayuntamiento (externos aparte) le habrán dicho algo así como: "esa sentencia no se la salta un gitano y no servirá para nada recurrir".
--Pues yo creo que sí.
--Que sí, ¿qué?

--Que, eso, que sí puede servir para algo.

--Como no sea para perder tiempo...

--Precisamente.

--Pues qué bien.

--Con una precisión: no se perderá el tiempo, sino que se empleará en que corran los plazos para que se apruebe el PXOM que lo legalizará, además de paralizar cualquier intento de algún desalmado que pueda exigir la ejecución de la sentencia.

--Jo, jefe, qué idea; por algo te han hecho alcalde.

--De nada.

Y, así, burla burlando, se deja negro sobre blanco algo que invita a una serie de reflexiones al margen de las precisiones y los resquicios con que la legalidad se hace permeable a los trapicheos.

El conocido mecanismo, que todos negarán de palabra y confirmarán de obra, consiste en que, previamente convencidos quienes tienen la capacidad para autorizar o negar, de que el asunto es productivo, se habilita un proyecto cargado de tantos millones que, o se traga, o nos arruinamos por querer apuntalar la legalidad. Y sorteando las críticas y las imputaciones de ilegalidad a base de "asesores externos", pagados con nuestro dinero para su beneficio y el de los que se lo encargan, se concede una licencia de construcción contra los dictámenes jurídicos, las sentencias judiciales y el mismísimo sentido común, que para cuando se logre restablecer la legalidad mediante jueces, serán otros los que carguen con el mochuelo.
Pero, como restablecer la legalidad supondría indemnizar a quienes, alegando buena fe (¿?), han invertido su dinero en construir un monstruo innecesario, y eso se nos pone en "un pico" que nos dejaría sin un duro, pues sorteamos la ley como podamos y, finalmente, los corruptos, los que se han puesto fuera de la ley y aquellos a quienes han beneficiado, se salen de rositas.
A mí, realmente, me importa un comino de qué forma se puede sortear la ley para evitar su cumplimiento. Lo que me interesa es que una ley, supuestamente elaborada para protegerme, sea atendida, no esquivada por cualquier enjambre parasitario.
Si aquí hemos dicho más de una vez que el BNG ha sido cómplice en el caso "Finca do Conde" cuando se abstuvo consciente de que su abstención era un "placet" para una operación urbanística que antes denunciaba, lo mismo diremos ahora de un alcalde que (a lo mejor resulta plausible su franqueza) viene a esforzarse para que nadie salga "fostiado" por culpa de los jueces y de la ley.
Y, digo yo, ¿qué hay de las responsabilidades personales de quienes autorizaron la ilegalidad que han constatado los jueces? Corina, Toba, Figueroa y el resto de la "trouppe" que se hartó de insultar a Mauricio y culpó de todos los males a V.P.M., ¿se estarán partiendo en culo de risa, con sus bien ganados presuntos provechos? ¿De quien se seguirá riendo ING, con el negocio ya hecho a costa de incautos comerciantes que se pudren en la soledad del Centro Comercial Gran Vía? ¿Va a seguir participando del ameno cachondeo Consultora Galega, después de cobrar un par de veces por un Plan cargado de irregularidades, pero, sobre todo, malo de solemnidad?
En fin, que si usted tiene madera de especulador, escrúpulos de corsario del Caribe y una punta de pasta para el "Untamiento", déjese de hacer el tonto y encárguele una "cuenta naranja" a la medida a alguno de esos "proveedores de oportunidades" que pueden encontrarse en cualquier "pret à porter". O recurra a esas "asesorías urbanísticas" (gabinetes de influencias, les llaman algunos), que pululan por doquier sobrevolando el espacio colindante con los núcleos de poder político. Y consiga que los administradores de la plebe se salten la ley a la torera, que el asunto no sólo les saldrá gratis judicialmente, sino que podrán seguir intentando más trapicheos con nuestro dinero.
Luego nos dirán que es por nuestro bien por lo que tratan de "legalizar" lo ilegal, porque en caso contrario nos costaría la quiebra. Es decir, que la exigencia de cumplimiento de la ley es algo tremendamente permeable al dinero. Se puede cometer cualquier ilícito, con tal de que su reparación les cueste a los perjudicados (nosotros) tanto dinero que sea mejor mirar para otro lado.
Fantástico: si no queremos cagarla, tendremos que perdonarle a los delincuentes sus actos delictivos, y pagarles los gastos.
Aquí sobra desfachatez, falta honestidad, sobra filibusterismo y ya no queda ni pizca de vergüenza, venga de donde venga.
Ellos lo saben. Ahora quiero que sepan, que nosotros también lo sabemos, y que sabemos que saben que lo sabemos. ¡Que lo sepan!