IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Psoe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Psoe. Amosar todas as publicacións

15.8.14

A rexeneración de Samil e o cinismo da casta

Pleno municipal do Concello de Vigo de 25 de febreiro de 2013.
Moción presentada polo Grupo Municipal Socialista
INSTANDO AO GOBERNO DA NACIÓN A ASUMIR O PROXECTO DE REFORMA DA PRAIA DE SAMIL QUE OBRA NO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E
MEDIO AMBIENTE. EXPTE. 610/1101.

A moción, cun par de enmendas menores do BNG, foi aprobada por unanimidade.

Texto da moción do PSOE:
A praia de Samil é un dos maiores atractivos da cidade de Vigo. Para os vigueses é un punto de encontro e de goce. Para os que nos visitan é unha referencia estival. A praia chea no verán é un exemplo. 
Conscientes de todo o que significa para a cidade, o Goberno Municipal suscitou ao Goberno da Nación, en 2.009, un proxecto integral de mellora de devandita praia. Proxecto ambicioso que contaba co apoio do Goberno Estatal e que ía destinado a cambiar radicalmente esa zona tan importante da cidade. 
Froito dese apoio foi a elaboración do Proxecto que obra en poder de Concello de Vigo que xa está realizado e pago. 
O proxecto supón a recuperación do sistema dunar, o retranqueo de 25 metros do paseo actual, a replantación de árbores, o retranqueo das piscinas e da zona de lecer e a construción dun novo paseo de 12 metros. Todo iso supón un proxecto cun investimento de 17 millóns de euros que supoñería unha importante incentivación económica na cidade. 
Coa chegada de Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno da Nación, o devandito proxecto, ata o momento, non foi asumido polo actual goberno quedado aparcado sen ningunha xustificación e sen explicación algunha ao Alcalde de Vigo. 
A combinación medio ambiental do proxecto coa repercusión no turismo e o atractivo par os vigueses que o gozan todo o ano, fai que sexa necesaria a petición ao Goberno Estatal de manter este proxecto e de fixar prazos para o seu desenvolvemento. 
 Por todo o dito, o grupo municipal do PSdeG-PSOE solicita ao Pleno da Corporación a aprobación do seguinte ACORDO 

-Instar ao Goberno da Nación a asumir o proxecto que obra en poder do Ministerio de Medio Ambiente de reforma da Praia de Samil, e comprometer a súa execución nos prazos que, de común acordo, se fixen co Alcalde desta cidade. 

ACORDO final coa enmenda do BNG:
1.- Instar ao Goberno do Estado a asumir o proxecto que obra en poder do Ministerio de Medio Ambiente de reforma da Praia de Samil e comprometer a súa execución nos prazos que, de común acordo, se fixen co concello desta cidade. 
2.- Instar ao Goberno local á recuperación e ao mantemento do litoral da nosa cidade e á continuidade nos paseos costeiros o que precisa executar proxectos globais para todas as parroquias, incluída a de Alcabre. 

 Acta completa da sesión (moción e debate -para non perdelo!- entre as páxinas 47 a 55)

La Voz de Galicia de 15 de agosto de 2014 dá conta da inminente adxudicación da concesión por 30 anos do Restaurante Jonathan.

O cinismo da casta non ten medida.

21.6.14

A nova concesión do Jonathan en Samil: unha escandalosa operación que hai que parar

Samil nos anos 70, en marea alta: dunas, piñeiral e chiringos
Samil despois nunha das fases da urbanización
Tanto o PXOM de Vigo como o desexado -e pendente de financiamento- proxecto de rexeneración integral de Samil, realizado pola Dirección General de Costas do Ministerio de Medio ambiente, prevén a recuperación da zona dunar desta praia, mediante a desaparición e retranqueo do paseo e de toda a área de servizos deportivos, de ocio urbano e hosteleiros que entre os anos 70 e 90 do século pasado foron construidos destruindo unha área de especial valor paisaxístico, ecolóxico e natural.

O muro de Samil recén contruido (arquitecturavigo.com)
A execución dese proxecto xa redactado, non é só unha cuestión de xusta  e razoable recuperación dunha área natural degradada, senon que tamén é a única garantia de existencia futura desta praia, que sofre unha perda irreversible -de manterse as condicións actuais- da superficie e potencia de area, erosionada pola acción do mar e dos ventos dominantes sen posibilidade de rexenerarse como consecuencia da urbanización da súa zona natural de reserva dunar. Así o recoñece a Universidade de Vigo:

La recuperación del sistema dunar de Samil, según expertos de la Universidad de Vigo consultados por este periódico, es directamente imposible si se mantiene la urbanización actual (paseo, piscinas, pistas deportivas...) aunque sea 20 metros atrás. Habrá mayor espacio para el acomodo de la arena, pero los resultados no diferirán de los actuales, salvo por el hecho de que la playa tendrá más superficie. Serían necesarios no menos de 50 metros y considerar otras variables, como los vientos, la vegetación dunar o la restauración de las coberturas originales, para que el espacio pudiera regenerarse en la plenitud de su dimensión dunar, según las mismas fuentes.

O propio alcalde Abel Caballero comprometeuse publicamente a executar progresivamente as previsións do proxecto, mesmo dicindo que se iniciaría en 2009, cuestión que semella ter esquecido, a pesar de que a viabilidade é,  agora, co remate de dúas das máis importantes concesións privadas sobre a praia, moito máis clara cá naquelas datas.

Un dos elementos que representan unha maior dificultade para a execución dos proxectos de rexeneración é a existencia de concesións adminitrativas de explotación mercantil a empresas hosteleras privadas con edificacións situadas sobre a desaparecida zona dunar: restaurante As Dornas (finalizada), Camaleón (finaliza en 2019), San Remo (en 2025) e Jonathan (finalizada por falecemento da súa titular). As áreas de equipamento deportivo público situadas na desembocadura do Lagares, foron tamén obxecto de estudo polo Concello de Vigo, para recuperar este singular espazo, polo que non deberían supoñer maior problema que a vontade política e a procura de financiamento.

Karina Falagan nunha das fotos na fachada do Jonathan
O derribo do restaurante As Dornas e a finalización da concesión do Jonathan abren a posibilidade real de execución, canto menos progresiva, do proxecto de Costas e das previsións do PXOM.
Sen embargo, as actuacións do Concello de Vigo, semellan non ir nesta dirección e apuntan a unha estraña estratexia de mantemento das condicións actuais de equipamentos, obviando calquera lóxico planteamento de rexeneración e consolidando a insostible e irracional situacióna actual.

Por unha banda, o fin da concesión e derribo do restaurante As Dornas non traerá, como lóxica consecuencia, a ampliación do areal nesta zona, pois o que se construirá polo goberno municipal de Abel Caballero na área que ocupaba o restaurante será máis do mesmo -ao mellor estilo dun dos maiores nemigos da praia de Samil, o que foi concelleiro tránsfuga por excelencia, Agustín Arca, xa falecido-: unha "zona verde", en lugar de máis praia. Con só asomarse á zona de demolición das Dornas, pódese doadamente comprobar o fácil que sería a recuperación da praia unindo esta zona coas incipientemente recuperadas dunas da praia do Cocho das Dornas: a poucos centímetros dos alicerces da derruida edificación, aprécianse varios metros de finísima area que só espera ver o aire para incorporarse á praia.
Samil, 1960 (arquitecturadevigo.com)

Por outra, e o que resulta máis grave aínda, polo de incoherente e irracional -por non dicir claramente, sospeitoso- é o concurso de nova concesión hostelera para o edificio do antigo Jonathan, que acaba de ser publicado no Boletín Oficial de Pontevedra e na web do Concello de Vigo.  Nada menos que, no contexto de planeamento que vimos de comentar, unha concesión a 30 anos!!, que hipoteca a calquera goberno municipal que decida executar os proxectos de rexeneración deseñados pola Dirección Xeral de Costas e polo propio PXOM e condena á praia a continuar o seu proceso de degradación.

O que valeu para derribar As Dornas, non vale agora, para o goberno de Abel Caballero, para derribar tamén o Jonathan. Por máis voltas que se lle queira dar, resulta imposible atopar argumentos racionais e de legalidade de fondo para este Concurso que, de ser executado, suporá hipotecar por un período de 30 anos (se nono come antes o mar) a posibilidade de eliminar o paseo e recuperar a praia. Eliminado o exercizo da razón que se deriva da defensa dos intereses xerais, aos que debe estar suxeita calquera actuación das administracións públicas, só queda pensar en que hai poderosos intereses privados que alimentan a decisión de Abel Caballero de renunciar, deste xeito, ao comprometido publicamente, aos mandatos do seu propio planeamento urbanístico e aos máis elementais principios de sostibilidade medioambiental.
Descoñecemos, e preferimos aínda non facer caso ás nosas sospeitas, quen alimenta a sorprendente decisión de executar semellante despropósito, máis alá dos concelleiros do grupo de goberno e de calquera vontade de servizo público.

Só nos queda facer un chamamento a parar esta barbarie; primeiro, aos partidos que, en teoría, exercen a oposición actualmente no Concello de Vigo (PP e BNG); pero, tamén, especialmente, a aqueles que aspiran lexitimamente a gobernar no futuro próximo esta cidade: AGE e Podemos e, naturalmente, as asociacións ecoloxistas, foros de opinión e habituais analistas sociais,  que, agás contadas excepcións, non teñen amosado, aínda, a súa opinión.

Queremos, dende aquí, facer un chamamento público á responsabilidade de todas aquelas persoas e entidades para que fagan pública a súa defensa da rexeneración da nosa praia e amosen a súa oposición firme contra o mantemento da concesión do Jonathan e a reurbanización da área deixada libre trala demolición do restaurante As Dornas.

Por parte dos partidos e movementos sociais, é hora non só de poñer en marcha accións reivindicativas e públicas de oposición, senon tamén, de iniciar, antes de que sexa demasiado tarde,  os recursos legais que paren o proceso de concesión e devolvan as cousas ao ámbito do racional e dos intereses xerais.

Non valerá lamentarse logo e chorar, neses exercizo necrófago infelizmente tan repetido polos vigueses, pola cidade que se perdeu.

Pola rexeneración integral da praia de Samil: ¡Demolición do edificio do Jonathan! ¡Gañemos espazo para a praia!¡Non á "humanización" da zona dunar! ¡Área das Dornas para praia e non para "xardín"!

Recolleita de sinaturas en Avaaz-org polo derribo do Jonathan e a rexeneración da praia de Samil

Referencia recomendada sobre Evolución histórica das actuacións en Samil con especial referencia ás previsións sobre a praia no PXOM vixente (arquitecturadevigo.com)

31.5.11

Resultado eleitoral en Vigo: o Caso Abel

Así son as cousas: a estratexia de Abel Caballero de centrar tódolos esforzos, non en gobernar conforme ás necesidades reais da cidade, senon nunha hábil estratexia de investir en función de puros e duros intereses eleitorais, deu resultado.
Se facemos unha conta rápida, e pensamos nos miles de metros de beirarrúa innecesaria e "humanización" decorativa realizada nos dous últimos anos, decatarémonos que cada concelleiro conquerido, costounos aos cidadáns 20 millóns de euros. A conta é doada: gastáronse ao redor de 200 millóns en (re)urbanización, oitenta procedentes do Plan-E e, o resto, de fondos propios e créditos; isto dividido por 10 concelleiros, saélles o resultado citado. Habería que preguntarse tamén cánto costaron os mil e pico votos necesarios para gobernar, investidos en convencer esa variable masa de votantes cambiantes, volubles á fascinación de "este fai moitas cousas", "que bonito quedou", "así se defende Vigo".
Caballero xogou, ademais, cunha vantaxe moi ben aproveitada: a debilidade do perfil dos seus opoñentes, Santiago Domínguez e Corina Porro. Para a poboación conta non só "o que se fai" senon quen o fai, a confianza que lle dea o "currículum" do candidato: Abel Caballero non só é profesor universitario e seica "fala inglés", senon que tamén foi ministro. No imaxinario popular (non no dos concienciados) isto funciona. Unha persoa "importante" (por máis que non agraciada pola simpatía) pode, mellor cós terceiras filas do PP e do BNG, defender os intereses de Vigo.
O viguismo desiedoloxizado, xa dende Portanet, por máis que absurdo e estéril, segue actuando con eficacia sobre a mente dos simbióticos habitantes desta cidade, nunha liña que se prolonga con Soto, Leri e Agustín Arca, deica Abel Caballero.
Visto así, a estratexia persoalista de Caballero, manifestada na significativa, e nada inocente,  substitución de "Concello de Vigo", por "Alcaldía de Vigo" (ou sexa, el mesmo), deu os resultados previstos polos seus inventores (aquí, a man dunha axencia de publicidade "amiga" experimentada como ECOVIGO, nótase). Por máis que tal estratexia poida tacharse, sen dúbida, de deshonesta, na medida en que antepuxo, sen límites, o interese eleitoralista aos da cidade, a cuestión é que, na perversa lóxica da política ao uso, funcionou á perfección. Sabendo que cuns poucos centos de votos, a alcaldía estaba asegurada, non se trata de facer política para todos, senon especialmente para os volubles ao discurso localista que, normalmente, forman unha porcentaxe útil dos "indecisos".
Douscentos millóns de euros colocados en accións productivas e de longo alcance serían, sen dúbida, unha necesidade ineludible para afrontar esta cidade os graves retos que teremos nesta crise estructural; sobre todo, porque nunca volverá a haber unha capacidade inversora semellante. Pero Abel Caballero preferíu priorizar os seus intereses particulares, aos xerais da cidade: nada raro no tipo de políticos que, xustamente, denúncianse nestes días dende o movemento dos "indignados". E convenceu aos votantes suficientes para volver a ser alcalde.
Cómpre dicir que a colocación dos intereses particulares sobre os xerais, orientou tamén, en maior ou menor medida, a actuación institucional do BNG e do PP en Vigo: pero os seus candidatos carecían da credibilidade suficiente para rendabilizar estes "investimentos" en imaxe (os xardíns de Corina no Porto, o sectarismo partidista da Deputación Provincial, as innecesarias "humanizacións" no territorio do bi-goberno de Santi, as supérfluas e caras pinacotecas e Universiadas varias). Mellor lles tería ido cunha política diferenciadora, non na imaxe ou na "visualización", como eles pensan, senon na elección dos destinatarios: Santiago Domínguez facendo unha política honesta e racional, que fose percibida polos potenciais votantes de esquerda como elixible (inútil, aínda, pretender, sen carisma e sen base social suficiente, cambiar a mentalidade do votante medio do PSOE_PP vigués), aínda que fose como voto "útil"; Corina Porro, intervindo na política real da cidade con propostas serias -non competindo en ocorrencias varias- e realizando unha xestión profesional no porto, que lle dese "puntos" entre os votantes de centro-dereita viguistas e da burguesía "ilustrada" viguesa, capaz de dinamizar votos indecisos.

Finalmente, dun xeito ou outro, é a poboación quen decide. Agora quédalle a Caballero cambiar de tecla: abandoar a política e o gasto electoralisa e populista, e aproveitar a grande oportunidade que lle deron os vigueses para comezar a respectar a esta cidade, e iniciar -e manter- as políticas urbanas sostibles que merece unha cidade do século XXI. Terá que facelo con moitos menos medios cós que contou ata o de agora: unha oportunidade única de racionalización do gasto -que non para recortar-, para afrontar unha xestión intelixente e digna que reconstrúa a esperanza de ter unha cidade da que nos poidamos sentir satisfeitos. Teño moitas dúbidas de que, co equipo de concelleiros que leva, de perfil, en xeral no mesmo nivel có de Santi e Corina, poida afrontar unha tarefa que vaia máis alá de máis do mesmo, pero, ¿quen sabe?, igoal é quen de darnos unha sorpresa. A renuncia do BNG a gobernar, axudará a Caballero a consolidarse se elixe un camiño razoable e xeneroso coa cidade.

O efecto colateral, claramente positivo, dos resultados eleitorais é que, por fin, Vigo desfarase de dúas rémoras: Santi Domínguez e Corina Porro, rematarán, desta volta, o seu triste e mediocre paso polos lugares de decisión desta cidade. Voltarán ao que naturalmente lles corresponde: Santi, con sorte, a dar clases de novo a un colexio privado, e Corina -privilexios da derechona- nalgún cómodo  destino que o partido se encargará de percurarlle nalgún dos moitos chiringos desta sociedade hiperadministrada. Claro que, isto se non se reedita o pacto PP-BNG para desbancar a Abel.

Nin BNG nin PP son quen de facer a análise máis doada de todas para explicar o seu fracaso: a  constatación da incompetencia das súas organizacións en Vigo e a ínfima calidade do seu programa e liderado. Quédalles agora saber articular, a estes grupos políticos, ao redor dun equipo moi distinto que deben percurar cada un no seu ámbito ideolóxico, unha oposición baseada na esixencia de transparencia e de planificación do Vigo do século XXI, e no apoio aos movementos sociais que honestamente loitan por unha sociedade mellor. Para este cesto, moito me temo que aos bimbios intelectuais cos que contan uns e outros, fáltalles cerebro e sóbralles sectarismo.

20.5.11

A maceta: non os votes

Se algo debemos recoñecer aos nosos políticos locais, agora candidatos, é a súa transparencia. Non, non nos referimos a esa cualidade da vida pública consistente en ofrecer á poboación, de xeito claro, toda a información existente concernente á súa actuación, senon a esa outra máis psicolóxica pola que o pensamento se manifesta, expresa ou simbólicamente, nas actuacións de cada un, deixando patente o alcance da súa intelixencia ou cultura.
O decorativismo urbano é a peza mestra dos tres candidatos maioritarios, e o seu símbolo, a maceta. Esa peza coa que nos imaxinamos como un verxel o noso estreito balcón, ou o minúsculo alféizar da ventá, forma parte xa indisoluble da práctica de deseño do espazo urbano vigués. Unha árbore é un elemento natural, de crecemento case libre nas súas raíces e ponlas. Cumpre unha función coñecida nas cidades, a pouco que se teña a máis mínima cultura: introduce un elemento orgánico poderoso na dureza inorgánica do asfalto e a pedra, achega ao peón afectiva e fisicamente ao ideal da natureza, produce sombra e reduce a temperatura provocada polos materiais cerámicos, pétreos ou asfálticos ds rúas, absorve o dañino CO2 e desprende osíxeno colaborando decisivamente na reducción da contaminación e colaborando na loita contra o efecto invernadeiro, xera espazos amables de relación e, en definitiva, mellora a calidade de vida; permite o fluxo da vida silvestre creando imprescindibles corredores naturais para a presencia da fauna na cidade. Posúe, ademais outra importante virtude, o seu custo é moi baixo comparado coa urbanización con mobiliario urbano de macetas e xardineiras, o seu rendemento é alto; aumenta o seu valor co tempo, carece practicamente de mantemento e a súa calidade urbana é maior, en xeral, canto máis copa ten, ao multiplicarse os seus efectos beneficiosos en todos os  ámbitos, sexan ambientais, sanitarios ou paisaxísticos.
Pero é aquí que C.Porro, Caballero e Domínguez, optaron, en maior ou menor medida, segundo as súas posibilidades, pola opción "bonsai": verde sí ma non troppo; un enraizamento mínimo que provoque un crecemento mínimo; flores e non follas; maquillaxe sí, pero non funcionalidade na calidade de vida. Botox fronte a enrugas, cirurxía estética para ocultar a auténtica realidade.

Son transparentes: carentes por completo dun desenvolvemento intelectual e cultural, síntense seguros na maceta:  raiceiras capadas, copa ao mesmo nivel cá súa estatura, apariencia para ocultar os defectos e a incapacidade política.
C. Porro (PP) encheu o centro de macetas con arboriñas e flores rodeadas de caro granito vermello venezolano que tapasen a realidade que baixo terra realmente importaba: as canalizacións de saneamento das rúas do centro son as mesmas que hai 60 ou máis anos; vellas taxeas por onde corre a merda dos inicios do século XX con tapas de ouro e ciclámenes. Xudre que acaba indefectiblemente na ría nos días de chuvia.
Caballero (PSOE) deu un paso máis: o seu odio polas árbores crecidas debe ser analizado case dende parámetros psicopatolóxicos. Seguindo a estela de C. Porro, exportou o decorativismo do centro a canta rúa atopou a tiro, e transformou en granito, xardineira, arboriño e maceta, 200 millóns de euros que non foron gastados en necesidades, obviamente, máis urxentes.
Domínguez (BNG) tíñao máis crú, pois só lle deixaron un pequeno territorio onde ensaiar o capado mundo do decorativismo urbano. O Casco Vello e o patrimonio cultural urbano da cidade histórica foi a súa víctima: arrasou con tódolos pavimentos tradicionais do barrio, coa única pretensión de que soubesemos que estaba aí; de gastar no seu escaso territorio o regalo millonario do Plan E.
Unha exposición montada nestes días na praza da Princesa, na que se amosan fotografías antes e despois dos pavimentos, ilustran a cativez: un antes de lousas, chapacuñas e lastros en perfecto estado; un despois de limpas lousas industrializadas cheas de tapas de rexistro... e claro, nin unha árbore: seguindo a estela, faltaría máis, as macetas (esta vez grandes, nun intento desesperado por aparentar o que non é) con arboriñas gabeando por Fermín Penzol.

Se cadra poderemos explicarnos a imposibilidade de que esta cidade medre: a poboación, décadas metida en macetas, non consigue nunca sobrepasar a mítica cifra dos 299.999 habitantes. Sen raiceiras e sen futuro urbano, a cidade négase a acoller máis veciños, que seguen a preferir esaa aldea onde as árbores son árbores e a calidade natural flúe.
Se cadra así, pensando en clave de maceta, poderemos explicarnos a ausencia de depuración, de puntos limpos, de bibliotecas, de centros de ensino dignos, de transporte sostible, dunha política ambiental ou de rexeneración urbana con raiceiras, dun urbanismo cun mínimo de racionalidade.

A maceta, máis alá das tristes intencións dos seus promotores e adalides, convírtese nunha dura metáfora dunha cidade sen raíces e sen futuro.
O domingo, saiamos fóra da maceta, medremos coma árbores libres: non os votes.

15.11.09

Bi-goberno en estado puro


Os departamentos municipais de Limpeza (PSOE) e Cultura (BNG), dispútanlle o espazo ao cartel de Lolatino na fachada do edificio catalogado Casa Mülder.

21.6.09

Raquel Díaz

Que pasa con Raquel Díaz, concelleira de Facenda e de Parques e Xardíns?. Leva desaparecida dende a crise dos chopos de Coia e, ao parecer, atópase de baixa. Moito me temo que sexa unha víctima máis da misoxinia e autoritarismo endiosado que impera no grupo municipal do PSOE. Penso sinceiramente que a profesora Díaz é unha boa persoa, íntegra, e profesional. Posiblemente obediente e non conflictiva. Se cadra por isto, como é de esperar nas cortes do Concello de Vigo, xa se manifestou a imposibilidade que ten un ser normal e sen forte resistencia, a subsistir sá en semellante merdé.
¡A saber que encerrona lle fixeron co asunto do polen e as árbores!. Moito me temo que a xenial idea tivo máis que ver con Caballero e co contorno de mediocridade e burramia do seu gabinete, cá con ela. De feito, o bi-alcalde xa deixara cair, unha semana antes da nova arboricida, un comentario neste sentido no programa de propaganda "Diálogos con el alcalde" en Televigo: a unha pregunta preparada dunha telespectadora sobre as molestias das "pelusas" dos pópulus, respostou, cunha afectada pose de preocupación, que "algo haberá que facer con este problema". Supoño que a Raquel Díaz a utilizarían para protagonizar a boutade e, finalmente, deixaríana soa aos pés dos cabalos.
O que estaría encantado coa mera posibilidade de que Raquel poidese deixar o Concello, é David Regades, o empresariño contratado eventualmente, xunto coa súa muller Ana Costas, no gabinete da alcaldía, que ocupou, nas listas eleitorais municipais, o posto número 10. Ou sexa, que el sería o directamente beneficiado dunha baixa no grupo do PSOE, pois pasaría ocupar o posto de concelleiro vacante, algo que necesita como xantar para poder saca-la cabeza e iniciar con paso firme a súa soñada carreira política.
En VB gústanos lanzar prediccións, animados por ter acertado outras veces. Crémos que Raquel Díaz non rematará a lexislatura, pois non soportará a presión. Desexamos que se recupere axiña e se rebele, como antes o fixo, por exemplo, José Manuel Iglesias con C.Porro ou Marta Gutiérrez con Manolo Pérez. Ou, a fin de contas, coa mesma dignidade que o fixeron, co propio Concello en xeral e obrigados polas circunstancias, a equipa casi ao completo de persoas libres e capacitadas que, do seu mesmo partido, lideraba Ventura Pérez Mariño.

5.5.09

Mamá, la Chus está fumando

Si es que son como niños. Mira que dejarse pillar fumando en medio de la ría y tirando la "pava" por la borda, tiene coña. Yo recuerdo haberlo hecho en más de una ocasión y, aunque no soy el responsable de velar por el medio ambiente, alguien me montó una bronca de no te menees. Ahora estoy con lo de desengancharme; no, de fumar, no: de tirar las colillas.
¿Quien va a regañar ahora a la concejala que lo mismo sube y baja montaaaañas, como Marco y Amedio, que se da una vuelta por el polo sur a pinrel y sola, para que nadie la vea, no como aquí que no le importa que la vean tirando "chicharras" ás ondas do mar de Vigo.
Pues yo mismo, sin ir más lejos. Le voy a meter una bronca de órdago. Pero bueno, que una deportista fume algún pitillito puede tener un pase; que lo haga la encargada de mantenernos lo del medio ambiente medio presentable, también podría pasar; pero que la concejala en quien pusimos nuestras esperanzas de regeneración de la contaminada ría se pase al enemigo y ayude al enmierde, eso sí que no hay por donde cogerlo.
Vamos a dejar a un lado preguntas como ¿seguro que te has hecho solita esos kilómetros australes en pos del polo?, o ¿por qué coño se te pierde siempre el teléfono móvil conectado al satélite en momentos claves para verificar si es cierto que estás donde dices que estás y de la forma en que estás?
Digo que vamos a dejar de lado preguntas como esas, por mucho que estén en el aire, porque las sospechas de fraude circulan por ahí como el polen primaveral. Aunque digo yo que no serán ciertas, porque para qué iba a querer ella engañarnos con eso, si ya nos engaña suficientemente con lo de que se ocupa del Medio Ambiente y esas cosas...
A ver, Chus: ¿qué se te perdió a tí en esto de la política? Que no es sólo que no sepas, es que les andas haciendo el juego a unos que ¡mamasiña!, probablemente por culpa de esa historia de la cuota de la igualdad, que me parece a mí un tanto desfasada, porque no es por ahí por donde hay que empezar para lograr una igualdad real entre hombres y mujeres.
Lo cierto es que lo de la cuota fifty/fifty tendría que resultar de que la igualdad de oportunidades se solventase en otros ámbitos (el laboral, por ejemplo; o el social) y ya en la representación política saldría de forma natural una paridad o disparidad que reflejen la sociedad.
Porque tú, debes saberlo querida Chus, estás ahí porque los del partido necesitaban atrezzo para la escena del diván; porque ya me dirás cómo podría resultar el monólogo de Don Juan sin una Doña Inés que llevarse al catre.
En fin, que te han cazado en las patatas haciendo mangas y capirotes con tus responsabilidades. Aunque creo yo que con lo de participar en la cuota de la igualdad numérica ya habrás podido quedar cumplidita, como para tener ahora que andar cuidándote de dar la imagen que algunos apampanados creíamos que debería corresponder a la responsable municipal de la política de Medio Ambiente.
Mientras tratamos de aclarar lo de las hazañas esas que dices y que, de momento, no encontramos certificadas por ninguna parte (alguien certificará esos hitos, digo yo), vamos a castigarte sin fumar dos meses, con la obligación añadida de recorrer las calles del centro de Vigo con un palo de esos con pincho en la punta, recogiendo colillas hasta que reúnas un par de kilitos por lo menos.
Y vamos a dejar pasar esa supuesta incompatibilidad entre el deporte y el tabaco, porque nos preocupa mucho más la que pueda existir entre tu propia persona y el sano ejercicio de la política. Aunque todo se puede deber, como me apuntaba hace un rato la Pinténs, a que lo de fumar formase parte del entrenamiento para subir sin oxígeno al Everest y, claro, ahora hasta te parecerá excesivo el que hay en la ría. Lo que no entiendo es qué programa de entrenamiento hiciste para lo de meterte a concejala. En todo caso, despide al personal trainer sin dilación.

3.5.09

De Doctor Carracido a "Superdelegada da Xunta"


Ese camiño faise costa abaixo.Os demais,non.Entre rubias anda o xogo.Isto promete...

18.10.08

Carlos Alberto


Pois semella ser certo.Non é un futbolista ,nin unha personaxe de culebrón venezolano,nin un cantante melódico...é o noso Carlos Alberto Gonzalez Principe que se presenta a secretario local do PSOE vigués....isto promete...

28.7.08

Imos ben...xa temos o neno colocado!!!


Exactamente o da direita da foto, David Regades, Xefe de gabinete do semialcalde Caballero xa o temos na executiva galega do PSdeG= PSOE. Xa o cantaba Toñito Reija en tempos... imos.... de cu.

15.7.08

Usted no sabe con quien está hablando, oiga! (2)

María Méndez deu o espectáculo en Príncipe. O seu ataque de nervios diante dun policía que cumpría co seu deber, foi tan sinceiro como descontrolado: desesperada ao constatar que a súa autoridade non é absoluta, senon que está perfectamente modulada pola legalidade e a racional distribución de atribucións e competencias na administración pública.
La Voz de Galica dá hoxe unha versión interesada e unilateral do que ocorreu en Príncipe, que moitos puideron ver en directo e que aquí en VB xa adiantamos o venres. Pesie ao que alí se recolle, outras fontes apuntan claramente aque a policía local, esta vez si, cumpríu co seu deber. A performance montada por Médicos do Mundo carecía de autorización para instalarse en Príncipe. E María Méndez non ten competencia ningunha para outorgala, por máis que fose coñecedora ou mesmo organizadora da mesma. Tal autorización ten un procedemento establecido, a través do departamento municipal de Seguridade, no que non se inclúe a posibilidade dun permiso verbal ou persoal dunha concelleira, por máis que berre na rúa e trate de impoñer o seu criterio coas típicas advertencias tipo "non sabe con quen está falando". Ao parecer, foron comerciantes do Príncipe os que deron o aviso á policía local, cando Médicos do Mundo representaban unha especie de reality para concienciar sobre a problemática da drogadición. E a Policía actuou perfectamente acorde co regulamento, que non inclúe entender que ocupa algún lugar na cadea de mando a primeira concelleira que, sen identificarse debidamente, ordee a berros que se retiren, que alí manda ela.
Pero se patético é o de María Méndez, patético é que outro concelleiro, este si con competencias na seguridade municipal, entenda que a forma de dirixirse á policía local é a través do teléfono móbil dunha compañeira de Corporación fóra de si. Semella descoñecer que el é o primeiro que debe respectar a cadea de mando e os medios establecidos para a comunicación regulamentaria. Se quería realmente dar unha orde á Policía e non só tranquilizar e quedar ben coa Méndez, unha soa chamada á xefatura houbera sido suficiente, regulamentaria e efectiva.
Nesta cadea de descoñecemento dun sistema baseado no respecto de todos ás normas e regras establecidas, a intervención do tenente Domínguez (o que faltaba) colocouse na mesma liña despendolada: esixíu a Xulio Calviño castigo inmediato e exemplar ao policía que ousara negarse a obedecer ordes de María Méndez. Nada menos que situou o incidente no máis alto lugar dunha crise do bigoberno, de non escarmentar debidamente ao protagonista involuntario da movida da Méndez.
Se as actuacións de Méndez e Domínguez poñen de manifesto a súa escasa vocación de servizo público e o seu descoñecemento do entramado normativo que dá sentido á acción de policía das administracións públicas, e a súa ignorancia verbo da prevalencia dos principios de legalidade e competencia entre distintos niveis da administración, pior case resulta a actitude do goberno municipal, prestándose a abrir un expediente disciplinario (aínda que só sexa no seu primeiro nivel de dilixencias previas), sabendo que actúa exclusivamente por presión irracional do seu socio de goberno, incapaz de comprender que o poder entregado polos cidadáns está modulado polo imperio da lei.

Incompetencia e autoritarismo mesturado cunha boa dose de chantaxe. Un espectáculo á vista de tódolos cidadáns que ateigabamos ese día a rúa do Príncipe. Un espectáculo que, os que a coñecen e a sofren, saben que non é unha reacción excepcional nesta personaxe.

29.5.08

Perdonen las molestias

Puede que esto no le interese a nadie; o puede que sí. En todo caso, es lo que he logrado sacar de un largo retiro espiritual junto con el topo-hobbit, el mismísimo Zorro, su turiferario Vulpy (él dice que su nombre es Vulpes Vulpes pero nosotros preferimos el cariñoso Vulpy) y el semiólogo Pereira, ya recuperado del soponcio que le proporcionamos cuando el Comité Central se negó a renovarle el contrato a tiempo parcial.
¿Sabían ustedes cuánto ganan los que trabajan incansablemente por nuestro bienestar? Unos lo hacen desde el Concello y otros desde lo que fue creado como Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo y que ahora conocemos como Caixanova.
Como todavía estoy con el jet lag del regreso del retiro espiritual, prefiero dejarlos solos con los números, encomendándome a todos Losantos (ostras, qué lapsus) para que la propuesta sea recibida por todos los que la lean y sean capaces de usar el sentidiño para los comentarios.
Al mismo tiempo, hago profesión pública de ignorar a todos esos que se han dado cita (sean uno o ciento) para colocarnos sus fantasmas familiares en cada comentario, mientras buscan, como La Chelito se buscaba "la pulga", personalidades ocultas tras comprensibles seudónimos.
En fin, que es lo que tiene esto de meterse a decir cosas en "la red", que no falta nunca quien pretenda cagarla diciendo chorradas por mucho que moleste (puede que no pretendan más), como le molestaba a la cupletista Chelito la pulga que se le había "colado" en el vestuario y que he encontrado, no sin esfuerzo, en una versión de Olga Ramos.

O sea, que aquí va lo prometido:


El cuadro que sigue se refiere sólo al complemento "de productividad" (sobre), salario aparte. O sea, que pueden comprobar cómo se las gastan en la que algunos han dado en llamar "Caixa no va" (el cuadro reproducido puede ampliarse haciendo "click" sobre él).


De lo que las cifras (fidedignas, dicen El Zorro y el hobbit, que se las han currado) les sugieran serán ustedes responsables, que a mi ya se me va la olla con los numeritos. Al loro con los "complementos" de la "Elite" y de "La Creme", que se reparten 2.200.000 eurillos de nada, recolectados de nuestros ahorrillos entre 12 "empleados" con sus nombres y apellidos.
Y, sin más por el momento, se despide de ustedes afectuosamente, uno que lo es.
Perdonen las molestias y permanezcan atentos a sus pantallas, que estamos trabajando para ustedes (eso dicen ellos).

25.6.07

Por fin, o pacto

O pacto

10.6.07

Bigo-berno en estado puro

4.6.07

"Atensión pelota al juego" ou "ollo ó piollo"

Ten o pior de Ventura (soberbia) e de Castrillo (parvura) tamén de Soto (tarantella) e de Corina (histriónica) e se me apuran ata do Corcuera pre-ministro. Polo tanto dada a variedade de "palos" artísticos que domina e dado o preponderante papel que lle reserva no governo local o noso Arcaballero "la faraona" imos bautizar sen permiso da redacción de VIGOBLOG a Carlos López Font como "caracol".

15.6.06

As responsabilidades do PSOE vigués

Afirma a nosa Constitución, aventando vellas doctrinas dictatoriais, que os partidos políticos son o instrumento esencial de participación na política. Ese recoñecemento, que leva aparellados dereitos exclusivos e apoio mesmo económico, implica unha responsabilidade diante dos cidadáns sexamos ou non afiliados. Por iso non está de máis que xulguemos a executoria das organizacións representativas na cidade a poder ser antes de que o fragor da batalla electoral nos prive da tranquilidade necesaria.
O PSOE vigués, por exemplo, ven dando mostras contínuas de incoherencia empezando por un grupo municipal donde a maioría dos seus membros, empezando pola portavoz Porteiro, están desaparecidos da política diaria. A exclusiva batalla arredor do PXOM dada por Mauricio Ruiz vese como un esforzo individual dun concelleiro que estudia o tema, prepara iniciativas e mesmo recorre a cidade explicándoas. Sen embargo, o seu (sic) grupo municipal e non digamos xa a organización local asiste muda ós ataques de que ven sendo obxecto.
No gran problema do saneamento vigués o PSOE local agáchase tras as institucións autonómicas e estatais e , nen sequera, tiveron o detalle de facer autocrítica das súas responsabilidades cando as tiveron, por moito que Villarino anunciase que tería moito que dicir.
Pesía que nos discursos congresuais sempre aparecen as boas intencións de abrir os partidos á sociedade e atender ós problemas dos cidadáns a sensación que temos é a dun grupo autista, adicado a recolocar persoeiros como Carlos Príncipe na primeira fila e empregándose con ardor nunha batalla interna sen repercusións na cidadanía. O curioso desta actitude irresponsable é que dan por descontado que os cidadáns van seguir apoiando ó partido ben sexa porque así amolarán á dereita ou ben porque o efecto ZP é unha tormenta tropical que todo o arrasa.
A preparación das eleccións locais é outro botón de mostra de como funciona: o presunto candidato é colocado nunha institución administrativa - a autoridade portuaria- para facer a súa precampaña e o partido non pinta nada. Si xa séi que todos fan o mesmo, aquel coa dirección xeral do deporte e esta coa alcaldia e o plan parroquial, pero iso, lonxe de disculpar, agrava a responsabilidade.
Por último, a dimisión de Miguel Barros coa posibilidade do seu transito á unha formación nacionalista, da unha idea da confusión ideolóxica que existe no partido ainda que poderíamos discutir a porcentaxe que da citada confusión corresponde ó partido e ó individuo.
Gustaríanos saber se o PSOE local (ou no comarcal ou galego, tanto ten) fai unha reflexión relacionando a falla de gobernabilidade do Concello de Vigo e a ausencia clamorosa dun proxecto minimamente estructurado para a cidade co seu lastimoso estado organizativo. E no caso que tal reflexión exista ¿que pensan facer?
E, mentras tanto, Gayoso e Riera e APROIN tan contentos facendo e desfacendo cidade sen problemas.

13.8.05

¿Moción de censura en el ayuntamiento?

El pasado viernes aparecía una entrevista al concejal Sr. Toba en el diario Faro de Vigo de la que podría deducirse una cierta satisfacción del BNG con la gestión, en la alcaldía de esta ciudad, del PP. Así me lo ha parecido.
Se supone que, independientemente de los resultados de una determinada gestión de la cosa pública, cada partido político tiene su 'manera particular' de cómo acometer dicha gestión; es decir, todo partido debe aspirar a gestionar, desde sus propias maneras, desde su filosofía, lo común.
Resulta chocante que los ciudadanos de esta ciudad habiendo votado mayoritariamente a partidos de la izquierda, la misma esté gobernada por el partido de la derecha.
¿Cuáles son las poderosas razones que impiden el diseño de un progama común para gestionar el ayuntamiento de Vigo entre el PSOE y BNG?
¿Por qué, o cambio de qué el Sr. Toba obtiene para sí un puesto en la dirección de Zona Franca con la ayuda del PP? De no existir ese apoyo el puesto sería para un candidato del PSOE. ¡...!
La oportunidad o no de una moción de censura, pienso, no está condicionada únicamente al grado de 'bondad' de dicha gestión; algo tiene que depender también de la elección democrática manifestada en las pasadas elecciones.
Los ciudadanos no elejimos alcalde; elejimos concejales; y lo lógico y legítimo, por tanto, es que entre los concejales más afines nombren el gobierno de la ciudad.
El ideario del BNG ¿de cuál está más próximo, del que define al PSOE o del que defiende el PP?
Visto el resultado de las últimas elecciones autonómicas, algo, al respecto de los apoyos recibidos en está ciudad por el PP, está por comunicar a los electores vigueses.