8.1.15
Concello de Vigo: máis cheques sociais?
A crise na nosa cidade vén acompañada das consecuencias, no que respecta á prestación de servizos á poboación, da grave irresponsabilidade dos sucesivos gobernos municipais que malgastaron os recursos públicos en obras de cara a galería, en alimentar ás empresas de sempre na concesión dos grandes servizos públicos (xestionados subordinando os intereses xerais aos do puro e duro aumento de beneficios privados) [resulta sorprendente a nula resposta social á ampliación en cinco anos da concesión do servizo de abastecemento e saneamento de augas a FCC, a cambio de millonarias obras de "humanización" disfrazadas de obras hidráulicas].
Nestes anos tanto os servizos sociais coma os culturais e educativos, que representan unha clara retribución indirecta aos sectores máis desfavorecidos da poboación, non foron debidamente atendidos, gastando gran parte dos recursos en actos de cara á galería que carecen de virtualidade para xerar un tecido público de apoio perdurable e sostible: desmesurados actos culturais dun día, os fastos da Volvo Ocean Race, da Universiada, subvencións ao Celta, pseudopromoción turística, becas de inglés (sen as debidas coreccións en función da renda), equipamentos innecesarios (Pinacoteca, Centro de Fotografía) [mentres os escasísimos museos da cidade quedan definitivamente afundidos], fraude do Auditorio, etc etc. Sempre acompañados de millonarios gastos en contratacións de servizos a empresas de publicidade "amigas" e subvencións máis ou menos encubertas a "mercenarios" medios de comunicación locais (Faro de Vigo, Televigo, Localia) a cambio de fidelidade ao que paga.
O adormecemento da poboación, traballada dende tempos de Portanet (con Manoel Soto como alumno destacado) coa cantinela do viguismo, estaba asegurada. Amplificado dende eses medios de comunicación e cunha oposición só á espera de poder facer o mesmo e con nula capacidade de análise e proposta, o plato estaba servido. Os de sempre seguían zugando o diñeiro da antiga producción industrial que ían á vez afundindo, mentras a calor da especulación urbanística contentaba aos sectores da promoción inmobiliaria e alimentaba aos parásitos que servían aos seus intereses no Concello (a historia do último PXOM é sumamente significativa da alianza de feito dos distintos partidos que ocuparon o poder municipal cos especuladores).
Todo rodeado -especialmente coa actuación de Abel Caballero- dunha demagóxica política de suposto non endebedamento que agocha realmente a incapacidade de realizar un gasto socialmente productivo.
Este escenario de deserto nos servizos básicos e esgotamento das arcas municipais, de ausencia de calquera planificación estratéxica e dunha participación cidadá distinta á do caciqueo local, é o que agora nos atopamos.
Centrar a resposta a este estado de cousas no aumento do cheque social é un erro, dende o meu punto de vista, que non debemos cometer. Non parece de recibo que apoiemos que se dean exiguos e transitorios cheques para aluguer de vivenda e permitamos que o Concello venda os 40 pisos de Rosalía de Castro dos que é propietario, para financiar os terros para a Cidade da Xustiza que en xustiza tiñan que ser financiados pola administración autonómica con cargo á débeda histórica que ten con esta cidade.
Non parece lóxico que deamos cheques individuais para alimentación (para hoxe, fame para mañá), cando os comedores escolares públicos se deixan esmorecer e se confía a súa xestión a ao voluntarismo dunha meritoria federación de pais e nais, en lugar de acometer (con moitos menos cartos dos que constan uns quilómetros de humanizacions ou de fastos varios) unha planificación que inclúa a construccion de novos comedores, a dignificación das instalacións dos actuais e a profesionalización da súa xestión.
Non ten unha maior sostibilidade crear e dotar servizos bibliotecarios (nunha concepción ampla deste equipamento como de apoio á elevacion do nivel cultural da poboacion e dxs estudantes) que dar cheques individuais para libros?.
Non pode, non debe, ser a función social do Concello establecerse como unha entidade caritativa pública, senon a de retribuir á poboación máis necesitada con servizos que lles permitan afrontar a crise de forma comunitaria e digna, cun medio ambiente saudable, coa creación e potenciación de lugares de encontro que favorezan a autoorganización e a solidariedade, con servizos sociais de acompañamento e asesoramento ben dotados e eficaces, coa creación de prazas de calidade de gardería pública, cun transporte público barato e eficiente (en lugar de seguir mantendo a vergonzosa concesión blindada de Vitrasa), con edificios escolares que permitan unha experiencia vital e educativa digna, compensatorios das necesidades das familias con menos recursos...
Non, creo sinceiramente que non se trata de aumentar os fondos para os cheques sociais, que non supoñen máis cá un transitorio e ridículo pan (pouco) para hoxe e fame para mañá (adubiados da vergonza que supón o sometemento público a unha burocracia humillante -con fotos e entrevistas a beneficiarios incluidas-). Un proceso que non só acabará cos pobres servizos sociais existentes, abafados polo procedemento de avaliación e concesión das axudas, senon tamén coa lexitimación da protesta, afogada no debate de se se empregan máis ou menos millóns no reparto e na debilidade de non ter alternativas dunha maior complexidade e sostibilidade.
Neste contexto penso que cómpre variar a estratexia, partindo dun honesto diagnóstico do mapa de servizos que ten o Concello de Vigo, de detectar e denunciar -con tolerancia cero- o malgasto dos recursos públicos (ese é o valor simbólico da loita de Coia nestes días).
Sen irmos máis lonxe, agora mesmo, sen que se albisque a máis mínima oposición ou análise, vanse adxudicar 300 millóns de euros na ampliación da ponte de Rande e outros tantos no desdobramento do corredor do Morrazo? Dúas obras que non acometen ningún problema real da poboación nin arranxan os verdadeiros problemas de mobilidade e accesibilidade ao Morrazo. Ningún problema que non se puidese solucionar coa axeitada planificación do tráfico de ria: ese transporte, rápido, limpo e sostible abandoado dende hai décadas a favor dos intereses das grandes constructoras, dos xestores que adxudican as obras e da industria do automóbil. 600 millóns (que serán moitos máis ao remate do proceso) que ben poden financiar un auténtico plan de servizos públicos permanentes.
Son só unhas reflexións para fomentar un debate que considero imprescindible para que se rache co calexón sen saída da reivindicación de máis malas parcheadoras axudas individuais. Nesa loita gañarán os de sempre, substituíndo con caridade, mais ou menos xenerosa, un auténtico servizo público.
Aclaración: as axudas individuais para casos de emerxencia son necesarias, pero penso que deben ser outras administracions as que as financien e outras medidas políticas as que as que debemos reivindicar (a Renda Básica Universal, nomeadamente)
20.8.13
con su sillita su chimenea y su bambú
tiene la calle Jacinto Benavente su jardincito también; justo detrás del gran, y casi siempre silencioso, Auditorium Mar de Vigo.
Esta imagen, y tantas que podrían tomarse, tan sólo para completar las que ofrece el Concello en los túmulos funerarios/publicitarios con los que tropezamos al pasear por Príncipe
18.6.13
Por que non estaremos na Porta do Sol
Este texto podese atopar en versión para imprimir no seguinte lazo
18.8.12
Seguimos abriendo
... sí, seguimos abriendo Vigo al abismo; bueno, lo abre —digámoslo con pocas letras, pa ahorrá—, lo abre López Chaves y su p.m., asesorados por su p.p., eso sí, aprovechando el paseo multitudinario tras Cristo y santo Roque, y que el personá está playeando.
Lo que hay (algas y algos).
2.1.12
Como los barcos, los años...
Los barcos, los turistas, los amores, los días, los años... vienen, y se van. Quedan, eso sí, de un año para otro, de una legislatura municipal para otra... un montón de viejos problemas ciudadanos por darles solución: el Casco Vello, la Panificadora, la gestión del Puerto, ¡Peinador! el Cine Fraga, la depuradora, el tranporte de ría... Pero, qué no habremos ya denunciado en estas páginas hasta la saciedad; y nada de nada. Lo de esta ciudad es de tal improvisación que hasta resulta cómico; sí, cómico. (Habrá nuevo gobierno municipal ante de seis meses; y todo seguirá tan mal.)
El viguismo, como motivación, sr. Caballero, es una enfermedad infantil.
10.5.11
O virrei Ianni

26.10.09
19.5.09
Auditorio - Casa Mar
Al acercarme a esta desfeita, me comentaba el guarda jurado «No se hace más que un sólo sótano porque no hay presupuesto».

No les quepa duda de que si el derribado edificio Casa Mar estuviese a orillas del Támesis, hoy, restaurado, sería la sede de un gran centro dinamizador de cultura, similar al Tate Modern. Creo que a César Portela habría que darle unas largas vacaciones.
La antigua Sala de Turbinas, hoy Tate Modern ¿tiene 'algo' más valioso que el demolido Casa Mar o Panificadora o Bandeira? ¿Dónde está la sensibilidad de esta ciudad y sus líderes? Con estas actuaciones no es de extrañar que florezca la mediocridad de una Coriña Porro, un Santi Domínguez o un Abel Caballero, por no citar a los alcaldes de los últimos cincuenta o cien años. Ciudad de aluvión ésta, arrasa cuanto de memoria ha tenido. ¡Todos a los centros comerciales, divirtámonos! Que piensen ellos. Restaurar es más sostenible que derribar/construir.
¡Cuánto despilfarro, cuánto!
14.5.09
9.10.07
En casi el Centro de Vigo



Muy al principio de la avenida Ramón Nieto pude tomar estas tres fotografías (la tercera me la comí/bebí). La primera: este jardín espléndido no es de incumbencia de la Concejalía del ramo ¡y adorna! de la segunda... "tengo tengo tengo tres ovejas tú no..." no son esculturas, pero adornan (mientras no las desaloje ulgún intrépido promotor/a); y la tercera ¿dónde crees que con el vino blanco (aceptable) dan de tapa un rapante y te cobran 80 céntimos? pues en el bar O Alto do Seixo. Sí, todo esto muy al principio de la avenida de Ramón Nieto.
No me digas que no queda casi en el centro centro ¿eh? (Hay mañanas sorprendentes, y más ciudad ciudad que el mismísimo centro).
5.9.07
Derecho a la vivienda

Es muy interesante leer esta noticia. Es interesante para la ciudadanía y también para nuestros políticos.
20.8.07
Agua, tierra y cañas

Ciudad descentrada, poliédrica, longitudinal, difusa, líquida... El debate actual, en el mundo, es ‘la ciudad’, qué modelo de ciudad construir.
El mito de la citta ideale acompañó, desde sus orígenes, a la historia de la humanidad.
La ciudad, objeto cultural por antonomasia. La tarea de la filosofía es salvar la polis. Las poblaciones nómadas: concepto de propiedad débil.
Ciudad y agricultura corresponden a una misma visión del mundo. Hoy el campo es altamente urbano.
Edenna, en sumerio, tiene dos lecturas: a) tierra plana, aplanada; y b) tierra preparada para ser construida. ¿El Edén sumerio es un lugar construido? La primera ciudad se concibió en tierra lacustre, en el delta del Éufrates y el Tigris. Agua, tierra, cañas.
La Biblia describe la ciudad como espacio proscrito: el mal está en la ciudad (Babilonia, Sodoma...); Caín es el primer constructor. Según Agustín de Hipona, Roma debía de ser proscrita, ya que Roma nacía como fruto de un crimen iniciático: Rómulo mata a Remo.
Nammu: (madre en sumerio) diosa madre que tiene como hijo a En-qui (una de las cuatro divinidades de los sumerios), dios de la arquitectura. En-qui vive en un palacio subterráneo.
En sumerio ab = agua; zu = sabiduria; ab-zu = pozo de sabiduria. Ab-zu ha dado lugar (a través del griego) a abismo: pozo sin fondo, abertura o falla en la tierra.
Gar (en sumerio) = pan (fruto obtenido de irrigar la tierra). Construir, edificar, en sumerio: delimitar, irrigar, emplazar.
En acadio kunnu = caña (materia prima de los edificios); nace en las marismas. Cañaveral: tejido urbanizado, irrigado. Banû = albañil (construir). Gis apin = arado. La ciudad es el territorio arado. Arar: hacer ciudad. En Sumeria la ciudad de los muertos, activada por el trabajo del arquitecto, irrigada, se convierte en la ciudad de los vivos. Ciudad: lugar donde recibir a los otros.
El papa Alejandro VII (s. XVII) siente pasión por la arquitectura; incluso cuida los espacios más pequeños; incluye en la ciudad la ‘avenida arbolada’. Transforma la Roma barroca en la Roma espectacular para “impresionar a los visitantes de alto nivel”; la Roma alejadrina era bella para los visitantes, no para sus habitantes. Conviene no olvidar la ciudad nocturna antes del industrialismo.
La ciudad es una anomalía del poblamiento. Continuidad y verticalidad del caserío. Civitas: comunidad política.
Horizontes metropolitanos. La ciudad desterritorializada se resiste a ser dibujada. Tensión entre espacio y lugar. El concepto de proximidad pierde relevancia. La sustitución del aquí por el ahora. No se da un tipo de ciudad, se impone. Fue Balzac quien señaló que la vida está en los márgenes. La contaminación además de atmosférica o geológica también es psicológica.
La velocidad es un medio provocado por el automóvil; el poder es inseparable de la riqueza. Sociedad de carreras; economía de la velocidad (sociedades fluidas, líquidas). En el pasado la nobleza era una clase de velocidad al igual que la caballería. ¡El campesino tenía vacas! La primera democracia (la griega) era una democracia del trirreme (el navío más rápido de la época). La cibernética (del griego kubernana: dirigir) trata procesos de mando y comunicación entre los hombres y las máquinas.
No hay ganancia sin pérdida. Cuando se inventa un objeto técnico, el ascensor, por ejemplo, se pierde la escalera, cuando se inventan las líneas aéreas trasatlánticas se pierde el paquebote... cuando se inaugura el AVE ¡se pierde el paisaje!
La filosofía ha nacido en la ciudad. La ciudad de Dios de Agustín de Hipona, es, en cierto modo, un libro de urbanismo. No hay política sin ciudad; la ciudad es la mayor forma política de la historia. La ciudad como lugar de los trayectos, lugar de la proximidad de los hombres, de la organización de los contactos.
Toda la historia ha sido una urbanización del espacio real. Son conocidos los dramas que esto genera en los suburbios. La cuestión del prójimo y del alejado es la cuestión de la ciudad. Si nos empeñamos en preferir al que está lejos en detrimento del que está cerca destruiremos la ciudad, el derecho a la ciudadanía. La cuestión de la telepresencia deslocaliza la posición, la situación del cuerpo. Todo el problema de la realidad virtual es negar el aquí en beneficio del ahora. La ciudad ha sido un espacio en el que poder reunirse. La ciudad real es el cuerpo social. Se tiende a la desintegración de la comunidad de los presentes en beneficio de la de los ausentes: ausentes abonados a internet; es un fenómeno de disolución política de la especie humana. No podemos perder indefinidamente la relación con la corporeidad física. Reencontrar el contacto es la tarea de la ciudad a construir. La solución para no perder la ciudad pasa por reorganizar el lugar de la vida en común. Una de las primeras libertades es la libertad de movimiento. Contaminación de la dimensión real por la velocidad. La cara oculta de la riqueza y acumulación, es decir, la capitalización, es la aceleración. Se necesita ya una política de la velocidad.
Existen dos leyes en el urbanismo: una es la persistencia del sitio; una ciudad no se reconstruye jamás afuera; la segunda es que cuanto más se extiende el lugar de habitación, más se deshace la unidad de población. Existe una ritmología de la vida pública. Las nuevas tecnologías evitan el desplazamiento creando cuerpos minusválidos. La arquitectura es el elemento estructural de relación con los demás.
Las pequeñas ciudades se desertizan después de los campos. La globalización de lo urbano. El centro ya no es el centro de la ciudad; algunas ciudades se convierten en el centro del mundo (Singapur podría responder a esta imagen). El suburbio y el centro-ciudad son sustituidos por ciudades-suburbio. Cuando se dice “ya no hay frontera”, quiere decir que se ha enmascarado la nueva frontera; ésta está más ligada al empleo del tiempo que al empleo del espacio. La calidad del paisaje está ligada a la arquitectura que habitamos. No hay paisaje sin espectador. En el paisaje rural hay más paisaje que acontecimiento; en el paisaje urbano hay más acontecimiento que paisaje. Peregrinos de lo posible debemos aprender a ser invitados los unos de los otros en la tierra. La ciudad no cesa de atraer; lleva en sí misma el crecimiento (todas perdieron las murallas hace tiempo). La ciudad es camino: civitas peregrina. La nave es la casa del ateniense. Habitamos el medio (comunicación). La vida imaginada como un río (agua que corre hacia el mar). La arquitectura como metamorfosis; es una realidad fatal que la arquitectura tenga una forma fija, a la vez que resulta incluso cruel para las imágenes, que van cambiando incesantemente. La gente está creando dentro de sí misma el espacio urbano, escogiendo los lugares y uniéndolos.
A lo largo del s. XX el cambio ha sido cualitativo y de incalculables consecuencias: de 1500 millones, a su principio, hemos pasado a 6.000 millones de personas a finales del mismo; de esta población en 1900 sólo el 10% vivía en las ciudades, en 2000 más del 50%.
La ciudad es nueva, no da tiempo a pensarla. Primero llegan las personas ¡a millares! y siempre con urgencia se urbanizan incesantemente los márgenes. El ahora empuja el aquí transformándolo violentamente. La ciudad se vuelve líquida: las soluciones producen mareo. Los equilibrios son vertiginosos. Una verdadera democratización de la educación —que alcance a todos por igual— es el único vehículo ligero no contaminante (en su acepción negativa) para transitar, evitando el naufragio, la época.
En la ciudad antigua al recién llegado se le preguntaba, no "¿de qué país eres?", sino “¿de qué ciudad vienes?”.
Irrigar el cañaveral, la tarea prioritaria. En la modernidad todo es líquido, inconsistente. Manu Chao: “Soy rata de ciudad; para mí la naturaleza es la urbe”.
Vivo en esta ciudad. Ciudad marítima. Pido poder mojar los pies en el mar que la baña en los días de calor, y para ello no es necesario impedir su crecimiento; otra cosa es qué modelo de crecimiento. En las dos últimas décadas han surgido más de 50 ciudades nuevas con más de cinco millones de habitantes cada una (asomarse a la China actual) ¿qué posibles modelos aplicar?
(La mayor parte de este texto son frases-piedra encontradas/buscadas con las que traté de construir un mínimo cobijo a un pensar en tránsito; son tantas las citas... un ramillete de flores silvestres para adornar estos últimos días de verano en mi ciudad; me responsabilizo del ramo, no de las flores, de éstas simplemente disfruto, en todo caso las elijo).
14.8.07
Área Metropolitana de Vigo
La presión que ejerce la población de una gran ciudad sobre los ayuntamientos limítrofes está sobradamente estudiada, también se conoce la fuerza de contención que los pequeños ayuntamientos limítrofes imponen a la gran ciudad. Dar soluciones a estos legítimos intereses de unos y otros sería pues la razón de la constitución de lo que damos en llamar área metropolitana.
El caso del Área Metropolitana de Vigo no parece que deba incluir a la ciudad de Pontevedra por varias razones: el ayuntamiento de Pontevedra no es limítrofe; la población de Vigo y Pontevedra ciudad sumadas representan el 39,5% del total de la provincia, si a esta cantidad le añadimos la población de los ayuntamientos limítrofes que conformarían el Área Metropolitana Vigo-Pontevedra estaríamos, en población, muy próximos a la totalidad y sin embargo en extensión territorial muy por debajo de esos índices. El desequilibrio sería muy importante por un lado, y por otro las competencias de esta gran área casi serían las de la Diputación Provincial.
Siendo estos los datos parece más equilibrado que el área metropolitana a configurar entorno a la ciudad de Vigo contemple aquellos ayuntamientos limítrofes que soportan y expresan conjuntamente las necesidades de sus habitantes.
La apuesta no es en función de depender-incluir a la ciudad de Pontevedra ya que de hacerlo entraríamos en conflicto de intereses con la propia actividad de la Diputación además de desequilibrar la gestión del conjunto de ayuntamientos de la provincia. Más operativo y eficaz sí resultará crear el Área Metropolitana de Vigo en función de los ayuntamientos que la rodean con el fin de planificar/gestionar los propios crecimientos de manera equitativa.
Tal vez la ciudad de Pontevedra deba hacer lo propio con sus ayuntamientos colindantes.
Otra cosa sería que clausurásemos la Diputación provincial y la Nueva Área Metropolitana coincidiese con el ámbito territorial de la actual provincia; y si así fuese casi que daríamos por clausurada también el área rural ¿no?
Evidentemente conjugar la presencia de la capital de provincia frente a una ciudad de menos rango político pero mayor número de población y otros índices como el económico, industrial... es tarea compleja.
17.7.07
Equilibrista no Eixo Atlántico
La potenciación de los transportes, como el AVE, y el impulso al Puerto y Peinador son, a su juicio, indispensables en este plazo para una zona que "se juega todo un proceso de desarrollo económico", indicó Xoán Vázquez Mao, secretario general de la organización. (Faro de Vigo)
9.7.07
A MARCA
Santi Domínguez empeza o seu bi-goberno polo principal: ir pensando en como gastar moito diñero en publicidade. E véñenlle que nin pintado as propostas da gurulandia sobre o de construir a marca Vigo, a nai de tódalas Marcas. Se a isto lle engadimos que en 2009 se cumprirá o bicentenario da chamada Reconquista (¡pobres de nós os afrancesados: seguimos correndo perigo!) e que quere promover a candidatura de Vigo para a Universiada 2013, teremos xa o escenario case completo para os nosos desvelos futuros. Claro que, de tódolos xeitos, quen máis vai celebrar esta nova cadea de eventos mundiais é a empresa Anónimo Publicidad. Esta axencia foi a encargada da megacampaña de Oliveira para a alcaldía de Vigo, na que, segundo comentan as malas linguas habituais, tivo que facer un exceso de gasto (aínda que algúns malpensados afirman que de iso nada, que o que fixo foi un investimento). Anónimo ten tamén no seu currículo que a alcaldía batera algúns récords en gastos de publicidade institucional mediante procedementos irregulares durante o mandato como alcalde de Lois Pérez Castrillo (lémbranse?) e ser a axencia de referencia da Dirección de Deportes Santi-aguesa.
Auguramos –¡e miren que acertamos xa veces!- que todo isto vai superar o choio da saída viguesa da Volvo Ocean Race. Non nos parece extraño que, como afirma hoxe La Voz, o BNG permaneza prudentemente calado diante das probadas denuncias que dende o goberno de Abel Caballero se están facendo sobre derroche, despilfarro e malgasto do presuposto municipal por parte de C. Porro, con beneficiarios como Mapi Egea ou Martínez Herrera (nada novo para Vigoblog, que o leva denunciando dende hai tempo). E iso que aínda non sacaron para fóra o do convenio secreto da Porro con ING para a Volvo. Pero non convén lembrar vellos rollos xa superados como o de Finca do Conde.
Esperemos que trunfe a razón (aínda que con isto de tanto ensalzar a Reconquista, moito tememos non) e se empece dunha vez a pensar responsablemente que o que lle fai falta a esta maltratada cidade, sen máis dilación, son menos fantasmadas e máis xestión seria e rigorosa do realmente importante: saneamento integral da ría, control da contaminación, planeamento metropolitano, cultura e educación para todos, rede de museos de verdade, bibliotecas, transporte público de calidade, sanidade, bos servizos sociais, desenvolvemento sostible, protección do patrimonio e da naturaleza, rexeneración urbana. En definitiva e como xa dixemos máis dunha vez: poñer os recursos e potencialidades propias ao servizo da calidade de vida e dun desenvolvemento que teña por finalidade a igoaldade e o benestar, a integración social e a conservación racional do legado natural e cultural.
ACTUALIZACIÓN 9 xuñoXa sabemos canto quere Santi gastarse anualmente en "representación" (todo sexa pola Marca): 800.000 euros nun organismo inexistente e sen contido propio, a maiores dos presupostos das súas concellerías... e subirse o soldo, de paso. Publícao hoxe o Faro.
21.6.07
Gurús
Da man de La Voz, chégannos hoxe as xa rancias propostas dos gurús coa parafernalia tan manida e pouco comprendida da necesidade de "situar Vigo no mapa". Terror deberiamos sentir diante destas frases da gurulandia sen asegurarnos que sexan entendidas no alegre contexto vigués. En seguida pensarán algúns en grandes fastos ou grandes obras monumentais e todos deberemos, outra vez, botar a man aos nosos petos para asegurar as nosas carteiras.A cidade debe facerse visible no mundo a partir dos seus propios recursos, das súas oportunidades e fortalezas e non apoiándose en próteses inventadas nun momento de excitación (chámese VOR, Universiada, Menhir de Nouvel ou stands de Turismo en Moscú).
Neste sentido, cóntannos que onte mesmo, nunha conferencia na nosa cidade, o arquitecto e urbanista brasileiro de prestixio mundial, Paulo Mendes da Rocha, para a nosa fortuna encargado do Proxecto de Plan xeral urbanístico da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI), propoñía que ese gran referente, esa marca, fose unha grande Universidade dos tempos da globalización, unha gran institución científica, técnica e humanística con proxección de futuro e con capacidade para traspasar, partindo del, o ámbito local e nacional. Un gran espacio construído a partir dos centros existentes e da materialización do proxecto científico e tecnolóxico e do interesantísimo proxecto urbanístico e arquitectónico que onte expuso na sede da Fundación Caixa Galicia.
Non poido estar máis dacordo con esa suxerencia e coa súa oportunidade. Efectivamente, ¿por que ese gran referente non é a xeración, materialización, "exportación" e "localización" do Coñecemento a partir das nosas propias forzas e potencialidades, dándolles un sentido estratéxico?. ¿Por que non a Universidade de Vigo, a súa Cidade Tecnolóxica e unha auténtica Cidade do Mar punteira en Europa, sen lastres especulativos nin centros comerciais?, ¿por que non convertir o que é hoxe un proxecto estratéxico para a Universidade de Vigo -directamente vinculado ao sector productivo vigués- nunha marca, nun proxecto estratéxico para a cidade e a súa área metropolitana?
Centrémonos nas nosas propias forzas e recursos, dándolles unha auténtica e merecida dimensión europea. Esta, penso, é a única maneira de lograr unha marca diferencial real que non se confunda cos fogos artificiais tipo Volvo, que comezan e acaban en ningures e en nada contribúen ao desenvolvemento real da cidade. E, ao tempo, construamos tamén o contrapunto e complemento desa acción de vangarda tecnolóxica, científica e arquitectónica, poñendo en valor a propia cidade histórica, dende as premisas da cultura urbana contemporánea e non da mentalidade conservadora e vilega que insistentemente se empeñan algúns en demostrar quentándonos a cabeza coa teima de Allariz.
Nin Jean Nouvel nin Universiadas: impulsemos, identifiquemos e situemos nun contexto estratéxico -atraendo, cuns grandes proxectos xa iniciados, os investimentos e recursos económicos externos- por unha parte, ese gran espacio para a ciencia e a tecnoloxía da Universidade de Vigo, unido ao gran proxecto arquitectónico xa en marcha nas Lagoas e, por outra, unha auténtica referencia mundial en investigación e desenvolvemento sobre o Mar na ETEA, barrio de Teis e do mundo.
A oportunidade está servida, só falta que, ademais, a vistamos como corresponde cos tempos do marketing metropolitano serio que as circunstancias do sistema mundial de cidades esixen, queridos gurús.
Actualización
Por certo, seguimos recomendando a lectura do documento que sobre a Cidade do Mar nas instalacións da antiga ETEA redactou a asociación Outrovigoéposible. Pódese descargar aquí.
10.4.07
A tiros en Navia
Isto é Vigo: cans abandoados á súa sorte e ao que lles queda dos seus instintos, na urbanización "modelica" de Vivenda e do Concello; a policía local -técnicos na materia- liándose a tiros co animal moribundo, como se fosen jonvaine no medio do deserto; o candidato xogando a ser político de baixo vó... síntomas.FOTO: paudenavia.net
26.3.06
(M)area Metropolitana
Estamos nun país de traca, nunha cidade de traca e -xa postos- nunha "comarca" de coña. Despois de 20 anos de Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os Concellos que a forman non lograron "mancomunar" nin unha soa competencia, nin un só Servizo. Se exceptuamos a xestión de programas e fondos europeos para o emprego, directamente vencellados a un módulo técnico de desenvolvemento (UPD) e a un servicio de asesoramento a emprendedores (SAE), algúns proxectos de Escola-taller, catro estudios e unha revistiña, o saldo de tantos anos de traballo en común está máis relacionado con algunhas históricas paparotas dos alcaldes, cá cunha expresa e clara vontade de prestar servizos e xestionar unha administración en común.Resulta canto menos un insulto que se cite como referencia da vontade dos Concellos Mancomunados a chamada Declaración de Soutomaior (¿xantarían ben aquel día os nosos famentos munícipes?) que tiña como contido básico (o resto eran palabras, só palabras) o que denominaba Plano de acción 1999-2003, con VII grandes medidas que se ían cumprir nesa lexislatura. Pois ben, algo lles debeu pasar, pois, de todas elas, soamente foron quen de cumprir unha: precisamente a VII, a de perdirlle cartiños a Europa. Eses cartiños son, por outra banda, o único contido económico dese xerme de Área Metropolitana que din nestes días que é a Mancomunidade e a súa pomposa (e seguramente no seu día golosa) Declaración de Soutomaior: o seu orzamento propio é máis cativo có máis cativo do de calquera comisión de festas dunha das parroquias do máis cativo dos Concellos mancomunados.
Por isto soa a, como mínimo, cachondeo, os rasgados de vestiduras, as declaracións solemnes, as sesudas análises dos columnistas habituais, as novas declaracións unánimes dos alcaldes de tódolos signos e partidos (¿habería xantar polo medio esta vez?). Por isto, se somos serios, estudiamos os antecedentes e analizamos as circunstancias da administración local neste o noso país, cos seus cativos intereses locais, o seu caciqueo e corrupción, decatarémonos de que, se cadra, para avanzar realmente nunha auténtica, necesaria e racional administración supramunicipal de ámbito Metropolitano, non estaría de máis comezar por adestrar ós alcaldes, funcionarios e concelleiros de por aquí, con algúns Consorcios de servizos básicos, que representen unha material vontade de ter unha administración moderna e eficaz, na escala territorial que os tempos e a importancia de Vigo demandan.
Se lémos sen manipular os datos reais sobre a vontade metropolitana dos concellos da Mancomunidade, decatarémonos, sen dúbida, de que estes están nese órgano supramunicipal nada máis que por se acaso e sen ningunha intención de avanzar máis. ¿Como se entendería senón, dende esa firme e cabreada vontade metropolitana, que os planeamentos urbanísticos xerais (PXOM) en redacción neste momento nestes Concellos, se faga con total e absoluta independencia e descoñecemento uns dous outros, cando non en flagrante contradicción?; ¿como se entendería senon que o único órgano político da Mancomunidade non se reúna (se exceptuamos a última fuenteovejunada) dende hai meses nin tan sequera -o que xa é realmente preocupante- para un xantar para lembrar os vellos e felices tempos de Soutomaior?.
O demais son -como diría o noso sempre admirado profesor Toba- milongas e, como diríamos nós, rodas de muíño demasiado grandes para o noso aparello dixestivo.
Nota: algunha páxina das citadas da web da Mancomunidade, non corren con Mozilla Firefox, si con I-Explorer.
17.7.05
Vigo05: euros al viento
A imaxe da esquerda costoulle a vostede máis de 360.000 euros. A regata de grandes trimaráns, programada dentro dos actos de Galicia2005 que argalla a Fundación Deporte Galego da Xunta co entusiasmo finxido dun comparsa Concello de Vigo, desembarcou na ría, ante a indiferencia da poboación e gran despregue de espectáculo. Non hai más que ver na foto o espigón do RC Náutico para comprobar que se contan cos dedos dunha man os espectadores. Dariamos por ben investidos estes cartos se despois deste evento algo quedase na cidade. Pero este negocio é só de Royal Productions, das tripulacións, patrocinadores estranxeiros e adláteres, xerosamente subvencionados pola Xunta de Galicia para que trouxeran aquí o seu espectáculo pseudodeportivo. Claro que con menos deses cartos teriamos, por exemplo, unha magnífica escola de deportes náuticos para achegar ós nosos cativos ó mundo do mar e educalos no seu respecto. Pero iso deixa pouco diñeiro, xa se sabe.Hoxe domingo coincidían a unha escasa milla de distancia, a regata de trimaráns-circo e a Bandeira Corte Inglés de Traineras. Viva imaxe do paradoxo: para ver a primeira había 15 persoas no peirao de trasatlánticos e uns cantos iates na ría. Para a segunda, unhas mil persoas colgaban os seus corpos do espigón do Náutico mentres un helicóptero da TVG peneiraba durante máis de dúas horas sobre Montero Ríos enxordecéndonos. Eses motores e unha desafortunada megafonía impedíronos escoitar o son das pás sobre o mar e os berros do timonel marcando o ritmo do suor, pois é sabido que o realmente importante é a imaxe que acompaña ó anuncio, non a realidade. Pero non hai queixa.
Regata de Trimaráns e de Traineras marcan a diferencia entre o timo-negociete e o racional uso dos recursos, entre un falso circo-marketing e o deporte-espectáculo.
¿Parecéronlles moito os 240.000 euros para o espectáculo privado dos veleiros?. Nos se alteren, o próximo programado neste negocio puramente mediático da Volvo Ocean Race é unha proba de motonáutica (como se sabe de gran tradición en Galicia) que nos costará 300.000 euros. Infelizmente, non teremos o atractivo que daquela tiñan estas probas, cando Stefano Casiragui xogaba coa morte para tristeza de Princesas soñadas. Teremos que conformarnos cuns minutos de cheiro a gasolina, máis ruido e certa escordadura de pescozo.
Claro que isto é un suma e segue. En Vigo todo comezou co masivo espectáculo de carrociñas por Montero Ríos montado hai uns meses por Reixa-Caixanova, tamén pagado pola Xunta e seguido por non máis de 200 persoas e que nos costou outros 300.000 euros e unha invalorable vergonza allea.
Suma e segue de case 850.000 euros no tempo que tarda unha motora de competición en pasar por diante dos nosos pasmados e confiados ollos de contribuíntes.
As inormes velas dos trimaráns tiñan hoxe o color do diñeiro, ese que tanto suor de animoso remeiro nos costa gañar cada día para engordar ós que din que nos gobernan.
16.7.05
ETEA: sacade as vosas suxas mans
terreos (e dos mares) da ETEA, a maioría dos cidadáns, incluidos os rectores da Zona Franca, apostarían por amplos espacios verdes, o aproveitamento do que xa hai, e unha praia despexada. Sen embargo, a proposta oficial consiste nunha intervención dura, con edificación abundante e a privatización doutra gran parcela de mar.
¿De donde ven esta furia edificatoria? A razón haberá que buscala na orixe. Cando o Sr. Egerique fixo a compra o Ministerio de Defensa, algunhas voces (Pérez Mariño, por exemplo) opuxeronse co poderoso argumento de que a cidade non tiña por qué pagar terreos que foran cedidos noutro momento. A lóxica da economía fai que agora Zona Franca trate de recuperar e rendabilizar o invertido. E o malo é que non aparece outro modelo que non sexa á privatización do espacio, do mar e da paisaxe.
Habería que reflexionar polo miudo sobre o papel que ven desenvolvendo esa “terceira alcaldia” chamada Zona Franca que adornada co cartel de organismo público, non se distingue moito dunha entidade de negocios máis. Compra e promove edificacións, xestiona aparcamentos, proporciona dietas xenerosas ós membros do seu consello rector e “presta cartos” ó Concello para financiar as publicitarias obras de VIG05. Todo elo baixo supervisión dun Concello que semella ir a remolque.
Que abran as portas da Etea, que nos deixen bañar na piscina, que cuiden os xardíns e que recuperen a praia. Estariamos felices.

