IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Aparcamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aparcamentos. Amosar todas as publicacións

25.10.09

En Vigo si hai metro

A extrema discreción con que a alcaldía de Vigo leva adiante proxectos de indudable trascendencia para a cidade leva a que algún medio do norte de Galicia aproveite a ocasión para ningunear a nosa cidade. Desta vez é o caso do metro. Na edición de hoxe do citado medio afirman que Vigo non ten proxecto para Metro. Bastaría repasar a hemeróteca para ver a cantidade de proxectos pagados e ben pagados que esta cidade ten arquivados. Vexan senón este que corresponde a época en que un tal Pérez Feijóo erá vicepresidente da Xunta.

Iste outro corresponde ós tempos de Porro e Touriño.

Por non sacar os de Cuiña (d.e.p.) e Príncipe ou os de Goicoechea Oriol, alias Talgo.
Pero desde que Abel Caballero está na alcadía estase a levar adiante a construcción do metro de Vigo no máximo secreto. As discretas negociacións con José Blanco auspiciadas pola concelleira virtual Carmela Silva foron claves neste proceso. O acordo con Fomento posibilita que a Miñoka e a Lebre, as tuneladoras que levan meses perdidas polas fonduras da cidade, estén perforando os túneles. Cando todos pensan que avanzan a razón de 20 ou 30 metros diarios, a realidade é que as tuneladoras teñen xa perforados varios quilómetros das liñas 1 e 2 do futuro suburbano vigués.
Por outro lado, seguindo coa política de recompra de concesións posta en práctica coa biblioteca no auditorio, a alcaldía está a punto de rematar a adquisición dos parkings vigueses. Despois da manobra de despiste escenificada coa fracasada venda de prazas de aparcamento, Vigoblog está en condicións de afirmar que o Concello adquirirá e reconvertirá a maioría dos aparcamentos en estacións de metro e intercambiadores. Esta redacción tivo acceso o informe de situación das obras onde se dan os detalles das duas primeiras liñas que se nada se torce serían inauguradas nos meses finais da lexislatura.
Esta información pode servirlle ós colegas do diario do norte para entender as enigmáticas palabras de Abel Caballero que citan na información:
«el día que se decida que Vigo tenga un metro, el alcalde lo hará saber».
Gracias, Alcalde.

24.5.09

Esquizofrénica cidade

Como non compremos coches, o motor da cidade vaise ao carallo.
Onde carallo vai esta cidade sen o seu motor?
Se compras coche, non será para utilizar nesta cidade, eh carallo?
Porque o carallo é onde aparcar nesta cidade o carallo do coche.
En que carallo quedamos?
A vida do coche na cidade: de parking-cravo a parking-cravo, e contamino porque me toca.
E só vendéndose máis coches ten futuro esta cidade?

Imos de carallo

12.5.09

Almacén gratis


La calle Pontevedra (entre García Barbón y Marqués de Valladares) convertida en almacén particular. ¿Cuánto ingresa el ayuntamiento por este telderete en la vía pública?

14.2.09

Adoquíns

Se paseas por Policarpo Sanz entre a Porta do Sol e o cruce de Colón, podes ver un interesante corte xeolóxico que mostra a historia recente da cidade, do corazón mesmo da cidade, unha especie de agasallo extra por parte da sufrida, esforzada e cáseque desinteresada concesionaria do “necesario” parking-urbanizador. Pasando por alto os anárquicos tubos e canles que parecen vir de ningunha parte cara ningures, chama poderosamente a atención a ordeada e pulcra ringleira de adoquíns que sirven de contundente base para as sucesivas capas de asfalto coas que, a modo de mala laca, se lle foi afeando o aspecto.

Unha vez que volvo a este século, a este ano, a este mes, a estes tempos que vivimos agora, non podo evitar pensar: “Como non tapen esto pronto, vexo neses adoquins moita munición de dioss para as lexións de parados que comezan a cercar á cidade”.

E que ninguén faga, porque non procede, o fácil xogo do “adoQUIN” porque el será todo o espartaco-reguetoon que esixa o guión, pero é bo rapás.

Glups

30.1.09

Morto ou matado?

De que morreu o máis que centenario e monumental cedro do líbano nos mal chamados xardíns de "Eijo Garay", prolongación dos da Alameda? A versión oficial fala dunha grave patoloxía (cal?) que o secou e que obrigou a talalo. O que non conta esa versión é que a morte foi sospeitosamente e extremadamente rápida, completamente inhabitual nunha árbore deste porte e características. O normal sería que fose dando sinais progresivas de enfermidade durante bastante tempo para ao seu remate, secarse a súa copa e morrer. Pero non foi así. A árbore secouse rapidisimamente, sen ningún síntoma previo, máis ben ao contrario, pois locía (pode verse na fotografía aérea de hai un par de anos que amosamos máis abaixo) un aspecto forte e saudable, sen que nada indicase que podía ocorrer o desastre. Morto e esnaquizado, o único funeral que terá será un absurdo reparto de cachos para o cativo lucimento de concelleiras. Vigo trata así ás testemuñas non armadas do século XIX.


Evidentemente nada máis lonxe do nós pensar que a morte da inorme e centenaria árbore poda ter que ver con que, xusto na beira do xardín, estea contratada a construcción dun dos aparcamentos soterrados de Corina agora xa plena e entusiasticamente herdados polo almirante Caballero (casualmente pendente de ser autorizada a súa definitiva ubicación por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, por ser zona de proteción patrimonial), nin con que seica os técnicos fixesen notar meses antes que as obras futuras de escavación poideran afectar ao sistema radicular das grandes árbores alí existentes. Cá!. Ten que haber outras explicación patolóxica. A ninguén lle entra na cachola que haxa animais que preventivamente actúen ao xeito de morto o can, acabouse a rábea: ¡non ouh! ese tipo de bestas humanas non existen. Os amos do negocio adoitan ser protectores da natureza e coidadosos amantes da botánica urbana. Véxase se non o caso das decanas laranxeiras e camelias de García Barbón e Policarpo Sanz, que morreron por esa estrana enfermidade chamada especulación que igoal se viste de subprime que de bote de herbicida.

3.9.08

Alcaldía de Vigo

9.6.08

Adeus laranxas, adeus camelias

Hai xa case cen anos, as crónicas de viaxeiros a esta cidade amosaban a súa solpresa pola belleza da ría e admiraban unha avenida chea de laranxeiras que evocaban paisaxes mediterráneas na finisterre atlántica. Eses anos poden ser os que teñan boa parte dos exemplares de laranxeiras e camelias que estes días arrincan impúdicas as máquinas que constrúen o absurdo e insostible aparcamento soterrado de García Barbón-Policarpo Sanz. Cen anos que serán de golpe borrados para seren substituídos polos horteras parterres e arboriñas en macetas que adornan a superficie do aparcamento de Urzaiz.
Trasládannas, aparentemente cun cepellón feito de mala conciencia, a algún cemiterio descoñecido onde, con moita sorte -se temos en conta a época do ano, idade e adaptación dos exemplares-, algunha logrará vivir. Se cadra, dentro dalgúns anos, alguén colocará, ao pé dalgunha que logre sobrevivir ao desterro, un carteliño de metacrilato no que se indique que esa vella árbore sombreaba, ab illo tempore, unha céntrica rúa de Vigo para admiración de foráneos e orgullo dos vigueses... dalgúns vigueses que consideramos que as cidades tamén se constrúen e medran con símbolos tan pequenos como unha laranxa amara que marca o paso das estacións e sinalará nos nosos corazóns para sempre o nome dos seus asasinos.
Á vista desta radical cirurxía das nosas lembranzas, resulta patético recordar a "polémica" que hai uns anos se producíu en Vigo cando por mor da rehabilitación da praza da Princesa, trasladáronse catro vellas camelias dende este lugar ata o xardín de Castrelos (onde creo que aínda viven un par delas nunha recoleta praciña preto da vella pista de tenis). Hoxe semella que a ninguén lle importa xa que se cepillen un par de centenares de antigas plantas que eran parte xa do noso patrimonio natural e cultural.
Sirva este post para despedirnos para sempre das vellas e amables árbores coas que Isabel, nun alarde de arriscada vontade gastronómica, preparaba, para as amistades, unha delicada marmelada de laranxa amara nacida nas beirarrúas dun Vigo que nos empeñabamos en facer vivible. Requiescat in pace.

19.2.08

Un cúmulo de desastres

Sí señores. Estamos en lo que se dice el aparcamiento del hospital Fátima. Cada uno aparca donde le viene en gana, eso sí, sin poder evitar estos precipicios.
¿De quién es la titularidad de este erial reconvertido en párquing asilvestrado?

10.2.08

Dende o peonil : imos ben...ben ..imos de cu


Dispois de que foran pouco a pouco reducindo o acceso peonil a determinadas areas do Porto de Vigo: non se pode entrar polo Berbes dende hai uns anos, non se pode acceder ó peirao de trasatlánticos dende hai uns meses... etc. etc. Pois agora resulta que para entrar e sair do parking do Centro Comercial A LAXE entras e saes por Cánovas directamente ó porto co coche para entrar no aparcamento situado detras do edificio. Sinxelamente: ¡ALUZINANTE!

5.2.08

Tiempo al tiempo

En el aparcamiento del sanatorio de Fátima...

3.10.07

O que non se entende

Xa o dixemos e repetimos neste blog. A decisión de construir novos aparcamentos no centro da cidade é radicalmente contradictoria coa pretensión de "calmar" o tráfico nesta zona e de potenciar o uso do transporte público. Os aparcamentos só teñen un efecto chamada para o uso do vehículo privado e teñen, ademais, como consecuencia, someter á poboación á tortura de obras interminables. Os previstos en Policarpo Sanz e Areal contan coa coartada fabricada a medida por C. Porro e Eloymar, de eliminar a totalidade das prazas de aparcamento en superficie de todo o centro, deixando sen posibilidade de aparcar preto da súa vivenda a residentes dunha zona que carece, pola antigüidade dos edificios, de garaxe propio. Esta operación disfrazada de necesidades de "humanización" (existen centos de prazas de aparcamentos nas beirarrúas reservadas exclusivamente para carga e descarga, que podían ser compartidas por residentes e non se permite) blinda o negocio (e suposto risco) do concesionario ao que se lle regala o subsolo para facer o seu agosto: teñen asegurada a venda (entre 38.000 e 33.000 euros por praza) das prazas que o prego de condicións reserva a residentes, co que financiarán moi axiña o investimento.
Enténdese menos cando está moi próximo o vencemento da concesión do aparcamento da Porta do Sol que debería ser rescatado para a súa xestión pública e dedicado a un imprescindible aparcamento para residentes do Casco Vello, necesario para completar os equipamentos que teñen que acompañar ao proceso de rehabilitación (por certo, o Consorcio vén de cumprir 2 anos sen que se vexa actuación ningunha, agás a publicitada de ter mercado só 30 casas -das centos en ruinas- para rehabilitar, poñer no mercado da vivenda e construir o Allariz vigués que amosar nas eleccións).
O proxecto de túnel para esta zona previsto nun convenio con Karpin para o Barrio do Cura paréceme unha auténtica barbaridade sen xustificación, e menos a´nda, se supón a destrucción do aparcamento xa existente da Porta do Sol.

Seguiremos neste Vigo incomprensible facendo declaracións sobre mobilidade sostible á vez que facemos obras incompatibles con eses obxectivos?. Se cadra, nada importa máis có gran negocio dos que se aproveitan duns gobernantes que regalan, ao mellor postor, o subsolo de todos.

14.6.07

O primeiro: revisar a adxudicación dos aparcamentos no Centro

Entre o descomunal "paquete" de novas concesións que o PP despachou antes de deixar o goberno municipal, salienta a adxudicación, hai menos de un mes, días antes das eleccións, de seis novos aparcamentos soterrados. Independentemente das sombras do procedemento utilizado e do proceso de adxudicación, hai que dicir que a construcción dos previstos no centro da cidade (concretamente en Areal e Policarpo Sanz) supón un atentado irreversible á sostibilidade en materia de mobilidade e contaminación atmosférica e é unha medida absolutamente contradictoria coa potenciación do transporte público e a diminución do tráfico particular na área central. É unha medida indefendible nas políticas de tráfico en todas as cidades civilizadas que levan anos apostando polos chamados aparcamentos disuasorios fóra das zonas con maior saturación de vehículos. Suporá, ademais, catro anos de novas insofribles obras nos ámbitos máis representativos da cidade. O do Areal sitúase, ademáis, nunha zona verde e impedirá fisicamente calquera proxecto de ampliación e de lóxica prolongación da Alameda cara a Teis, formando un imprescindible parque lineal paralelo ao porto.
O concelleiro Calviño e o grupo municipal do PSOE foi moi crítico con estas adxudicación, tanto na súa forma como no seu fondo. Agora no goberno, e cando aínda non pasou un mes dende a adxudicación, é responsabilidade do PSOE e BNG revisar o acordo de adxudicación e impedir -se se fai de inmediato, con mínimas repercusións económicas, en todo caso asumibles,para as arcas municipais- que se consume semellante barbaridade. É legal e economicamente posible e debe facerse para evitar males maiores e hipotecar un futuro razoable para esta maltratada cidade.

Todos sabemos ben a que respondeu a adxudicación a Eloymar-Tranvías, por un Manolo Pérez que se despedía, do aparcamento de Urzaiz (que puido parar Castrillo e nono fixo). Todos sabemos a que responde a macro adxudicación de aparcamentos cando se despedía C. Porro.
E sabemos que os supostos intereses xerais nos que se ampara a adxudicación (precedido por eliminar máis de 1.000 prazas de aparcamento en superficie, boa parte delas de residentes que carecen de aparcamento no seu edificio nesta zona histórica) é a coartada doutro tipo de intereses que viaxan normalmente na man.

O novo goberno local pode e debe parar isto. Esperamos que PSOE e BNG impidan agora que poden o que vehementemente criticaron dende a oposición e se posicionen, claramente, do lado das políticas de progreso en materia de mobilidade e sostibilidade, fronte ás políticas caciquís de buscar baixo as pedras oportunidades de dar concesións -blindadas- aos "amigos".

8.8.06

Concesións a tuttiPPlén

Agora que a febre concesionadoira típica de todas e cada unha das corporacións municipais viguesas ás que se lle remata o seu mandato (por que será, serááá) se materializará en nonseicantos parkings soterrados, mobiliario urbano, ORA, grúa e demais (fíxense vostedes que todas elas dependen administrativamente da concellaría de Coello, concelleiro do PP, non moi espabilado ata o de agora, na que se acaba de cesar hai un par de semanas ao seu máximo responsable técnico. Casualidades da vida: sería que facía informes inconvenientes??), é un bo momento para recoller un longo artigo aparecido no ano 2004 en FARO DE VIGO.

Extenso pero sumamente, para min, clarificador. Se tal, nun acto extremo, imprimir e levar á praia.


EL CONTRATO DE CONCESIÓN DE OBRA PÚBLICA Y OTROS ARTIFICIOS CONTABLES
RAÚL BOCANEGRA (*)

La construcción de obras públicas suele instrumentarse jurídicamente mediante el tradicional contrato administrativo de obra, cuya estructura obligacional, propia de un arrendamiento de obra o locatio operis, es tan sencilla como eficaz: la Administración encarga al adjudicatario (normalmente el empresario mejor postor) la construcción de la carretera, o de la obra de que se trate, a cambio de un precio cierto que se paga a medida que se va ejecutando la obra y cuyo importe ha sido previamente consignado en los presupuestos generales, a donde podría haber ido a parar tras haber recurrido al crédito, es decir, a la emisión de títulos de deuda pública de renta fija. Una técnica jurídico-pública tan llana como la descrita resuelve, sin duda alguna, mejor que ninguna otra fórmula de financiación privada o extrapresupuestaria los problemas que plantea la construcción de las obras públicas que, en el fondo, no consisten sino en allegar recursos para costearlas. Ninguno de estos otros expedientes consigue evitar, en efecto, por más vueltas que se le dé al asunto, que el coste (mucho mayor) de su ejecución recaiga finalmente siempre sobre los contribuyentes, sin que la interposición de un número mayor o menor de intermediarios o la utilización de las más diversas fórmulas de ingeniería financiera, que es a lo que, en definitiva, se reducen todas estas figuras, consiga otro efecto que el de retrasar los pagos y aumentar los costes de las obras, como cualquiera puede entender fácilmente. El llamado contrato de concesión de obra pública lo ejemplifica señaladamente, junto a otras modalidades de financiación privada, como el llamado método alemán, el uso público de sociedades privadas o el peaje en sombra. La concesión de obra pública, que teóricamente permite la ejecución sin coste de obras públicas que exceden de las posibilidades financieras del Estado mediante la movilización de capitales privados, fue la figura jurídica generalmente utilizada en España para la realización de las obras públicas del siglo XIX Ðy a ella se debe, por cierto, la inexistencia de una red ferroviaria nacional digna de ese nombre hasta fechas relativamente recientes, como estudió en su día Jordi Nadal. Rescatada en los primeros setenta para la construcción de las autopistas de peaje -con la consecuencia de convertir a las concesionarias españolas en auténticos gigantes empresariales y crear un problema social en Cataluña-, se abandona en los ochenta, siendo resucitada en los últimos años (adornada con el prestigio que siempre proporciona el uso de expresiones tan novedosas como viejo es su contenido: peaje en la sombra, titulización de activos, etc.) e incorporada con gran pompa y desenvoltura a nuestro Ordenamiento jurídico por la Ley del contrato de concesión de obra pública de 2003, impulsada, por cierto, por el Ministerio de Fomento, que irrumpe, así, estrepitosamente, en el ámbito de la legislación de contratos administrativos, tradicionalmente reservada al Ministerio de Hacienda. En el contrato de concesión de obra pública el empresario no recibe como contraprestación por la ejecución de la obra un tanto alzado (como ocurre en el contrato de obra tradicional), sino el derecho a percibir de los usuarios de la misma, durante un período de tiempo prefijado (transcurrido el cual la obra revierte, gratuitamente, a la Administración), un precio, un peaje, por su utilización, de tal modo que -y esto es esencial en la figura- la ejecución de la obra no habría de suponer coste alguno para el Estado. Ocurre, sin embargo, que la realidad es, y ha sido siempre, muy diferente. Por una parte, porque la obra realizada de este modo resulta necesariamente siempre mucho (muchísimo) más cara que si fuera construida directamente por el Estado a través del contrato de obra pública: los particulares pagan con el peaje el coste de la obra, el coste de su financiación a largo plazo (que puede llegar a setenta y cinco años), el coste de todos los riesgos financieros, políticos, tecnológicos y de todo tipo, propios de quien opera con plazos tan largos, al margen, por supuesto, del beneficio del empresario, sensiblemente superior a los tipos de interés de la deuda pública Ðque serían los que habría de pagar el Estado si acometiera por sí mismo la financiación de la obra- porque, en otro caso, nadie se embarcaría en tales aventuras. Por otro lado, si la obra de que se trata no tiene alternativa razonablemente viable (que es lo que ocurre en España en casi todos los casos: autopista del Huerna, túneles de Guadarrama, rondas de circunvalación de Barcelona, por ej.), el concepto de usuario viene a confundirse con el de contribuyente (todos acaban siendo usuarios directa o indirectamente, con repercusión del coste del peaje en las mercancías transportadas), convirtiéndose realmente el peaje en una suerte de impuesto, sólo que más ineficiente y opaco que los impuestos propiamente dichos. El peaje no alcanza nunca a financiar, por lo demás, las obras así realizadas, por lo que las concesionarias reciben toda clase de ayudas o subvenciones, de modo que es la Administración (y, por tanto el contribuyente) quien termina costeando una parte muy sustancial del importe de la obra que el contratista lleva a cabo con un sustancioso beneficio asegurado, sin riesgo real alguno, como la Ley expresamente garantiza. Allí donde más se ha recurrido a la concesión de obra, como en Francia, por ejemplo, las concesionarias han sido siempre empresas públicas, por la misma razón por la que el Estado francés se resiste a privatizar EdF: porque sabiendo que la producción de energía nuclear genera beneficios extraordinarios a cambio de riesgos para todos (del mismo modo que la construcción y explotación de autopistas produce beneficios extraordinarios a cambio de un coste que soportan los ciudadanos y el propio Estado), es mejor que esos beneficios reviertan en la colectividad y no en empresas particulares. No es casualidad, desde luego, que en 2003 siete de las diez primeras empresas del ranking mundial de gestión privada de infraestructuras, elaborado anualmente por la revista norteamericana Public Works Financing, sean concesionarias españolas, sólidamente alimentadas por las ayudas estatales, como no es tampoco puramente azaroso que Joaquín Costa se preguntara en 1911 si era necesario ofrecer también chocolate a los empresarios para interesarlos en las concesiones hidráulicas: casi cien años después les ha sido servido, en bandeja de plata, además del chocolate, el castizo complemento de los churros. Nada diferente sucede con el llamado sistema alemán o método alemán. Es una variante del contrato de obra en la que la Administración comienza a pagar el precio al final del contrato (no a medida que éste se ejecuta) y durante un plazo que puede alcanzar hasta diez años a partir de esa fecha, con lo que la Administración obtiene crédito sin necesidad de emitir deuda pública que, por tanto, no computa como déficit, en lo que consiste precisamente el sentido de la figura. Este enmascaramiento del déficit no comporta ventaja alguna, no siendo, en realidad, sino un simple artificio contable (al final, hay que pagar la obra mucho más cara) que presenta dos muy graves inconvenientes respecto al contrato de obra tradicional, incluso acompañado, en su caso, de la emisión de deuda pública. Al desorden y la falta de transparencia que introduce en las cuentas públicas, que ya no proporcionan una imagen fiel del estado de las finanzas (al contener compromisos más o menos ocultos), se añaden las condiciones financieras del préstamo incluido en estos contratos, que son siempre ostensiblemente peores que las que ofrece la deuda pública, en cuanto los Estados serios son deudores muy apreciados y, por ello, pueden obtener crédito en condiciones mucho más ventajosas que las que pueda ofrecerle el contratista, como saben bien los inversores, que cubren rápidamente las emisiones de deuda pese a su escasa remuneración. La constitución de sociedades privadas de capital público, que encargan y pagan las obras con sometimiento al Derecho privado, repercutiendo su coste sobre la Administración a largo plazo (mediante fórmulas similares al arrendamiento), incorpora otro modo de financiar obra pública mediante enredos contables. Esta fórmula es, probablemente, menos peligrosa que el método alemán porque no convierte al constructor en prestamista de la Administración pero conduce, del mismo modo que aquél, a una distorsión de las cuentas públicas, al aparcar el endeudamiento de la Administración en una sociedad que, aunque formalmente separada de ella, en realidad está avalada por la Administración, que es quien responde, en consecuencia, de sus deudas. Es el caso de RENFE (el Estado acaba de autorizar la liquidación de varios miles de millones de euros) o de AENA (con una deuda de parecida envergadura todavía no liquidada), aunque el ejemplo más conocido tal vez sea RTVE (que puede citarse aunque no tenga que ver con las obras públicas), cuya inmensa deuda no se imputa al Estado (de hecho esa deuda ha crecido porque el Gobierno decidió hace años dejar de abonarla anualmente, permitiendo la aparición de la actual bola de nieve), pero al final tendrá que ser pagada, de un modo u otro, por él.
La última de las engañosas fórmulas de financiación privada o extrapresupuestaria a que me refería más arriba es el llamado peaje en sombra (shadow toll), modalidad concesional muy poco utilizada hasta ahora entre nosotros (por ejemplo, para construir la M-45, en Madrid, e, incipientemente en Navarra y Baleares), en la que el peaje no lo pagan los usuarios, como es lo usual en la concesión, sino la propia Administración, a la que el concesionario gira periódicamente una factura en función de la mayor o menor utilización de la obra, con lo que el shadow toll no pasa de ser, por tanto, sino un simple (y caro) mecanismo de aplazamiento del pago de la obra. No parece dudoso que la imprescindible eliminación de las enormes carencias de infraestructuras que aún existen entre nosotros no puede abordarse con carácter general, más allá de obras aisladas y determinadas, a través de un llamamiento generalizado a la financiación privada, al margen del tradicional contrato de obra, porque el recurso al capital privado lo es siempre a cambio de precios tan elevados como poco transparentes y artificiosamente vestidos. Y, puestos a pedir dinero, mejor acudir derechamente al crédito que recurrir a prestamistas, tenderos que fíen o empresas amigas que acepten cobrar más tarde a cambio de cobrar más caro. Nadie puede elevarse del suelo tirándose de los pelos ni ningún Estado puede dejar de pagar las infraestructuras que necesite por mucha audacia contable que se ponga a su servicio: ya advertía sabiamente el gran Napoleón al conde Mollien, su ministro del ramo, que el imperio de la imaginación termina justamente allí donde comienzan las finanzas.

* Catedrático de Derecho Administrativo

25.6.06

Peonalización: efecto perverso

A planificación e xestión urbana é unha cuestión complexa. Por iso, cando as políticas urbanas parten de planteamentos simplistas, sectoriais e interesados, poden provocar efectos indesexados e graves a medio e longo prazo. É o caso das peonalizacións no centro de Vigo (iso que chaman ostentosamente humanizacións). Segundo a Voz de Galicia, o comercio está a desaparecer das rúas peonalizadas, e con el, a pouca vida urbana que quedaba no ensanche e entorno.
Que ocorre? A chamada humanización consiste en accións illadas de mellora do espacio peonil mediante a renovación e ampliación de beirrarúas e colocación dalgún mobiliario urbano. Nalgún caso -con C. Porro menos, que non é cousa de enterrar os cartos- aprovéitase para mellorar os servicios soterranizados, cunha antigüidade notoria no casco urbano. As obras teñen por obxectivo expreso a mellora da mobilidade peonil para favorecer o paseo e estancia das persoas. Sen embargo, o seu obxectivo oculto é "alimentar" ao negocio previsto de aparcamentos soterrados que proximamente adxudicará o goberno do PP no Areal e Policarpo Sanz, entre outros lugares. A voracidade supostamente "peonalizadora" inclúe a eliminación de miles de prazas de aparcamento en superficie (mesmo para residentes, en lugares nos que os edificios, pola súa antigüidade, carecen de aparcamento propio), a reserva de espacios exclusivamente para carga e descarga en horarios determinados e nos que está absoluta e perseguidamente prohibido tan siquera parar (o multamóbil está especializado en multas nestas zonas). Clientes seguros para os amiguetes que resulten concesionarios, a trepecentos anos, do espacio urbano público soterrado, tamén chamado parking subterráneo.
Pero a cidade é un organismo vivo e non perdoa as actuacións ao chou, sen planificación e sen obxectivo. A desaparición do pequeno comercio e do de proximidade é o paradoxo que se xera cando, a carón dunha desexable recuperación do espacio urbano para os peóns, o resto das políticas municipais non van nunha dirección planificada, complexa e integral.

Rehabilitación urbana e sostibilidade

O concepto de rehabilitación urbana e de sostibilidade é un concepto avanzado e comunmente admitido na Europa desenvolvida, que comprende un conxunto de accións integradas, coordenadas, cun obxectivo común, realizadas de xeito sistemático, con permanencia no tempo e seguimento contínuo para evitar efectos perversos e posibilitar sinerxias que xeren calidade urbana. Estas accións, en zonas con problemática de despoboamento residencial e decaimento económico (como é o caso do centro histórico de Vigo -en toda a súa amplitude do Casco Vello, antigo ensanche ata a Gran Vía-) deben abranguer non só melloras nas calzadas e beirarrúas, senon, sobre todo, deben estar integradas nun programa expreso e continuado de accións de promoción económica, de potenciación do uso residencial, dinamización cultural, potenciación do transporte público (xusto o contrario de facer aparcamentos soterrados que só serven para atraer máis vehículos ao centro) e urbanismo comercial. Deben ser coherentes co conxunto da planificación territorial, percurar a sostibilidade e o policentrismo.
Se á falta dunha política de rehabilitación urbana cun mínimo de seriedade, unimos a voracidade da promoción inmobiliaria (que traballa con prazos que non son os das necesidades do resto dos mortais) e a descarada aposta polas grandes superficies comerciais, mal vemos o futuro dos emprendedores empresarios do sector comercial na mal chamada "milla de ouro" e aledaños.
A política urbana en Vigo, xa o dixemos varias veces neste blog, é de puro decorativismo e de intereses económicos bastardos, non por non expresos menos evidentes. De seguir así, as consecuencias serán a medio prazo a continuidade do baleiro residencial e comercial, a terciarización, o encarecemento do espacio comercial á espera de tempos mellores, a degradación da edificación e mesmo a aparición de focos de exclusión social e okupación de edificios abandonados (xa se está a producir nos últimos anos de xeito descarado en zonas ata hai pouco non demasiado degradadas do Casco Vello).
Alguén se deberá tomar dunha vez por todas en serio Vigo: mentras teñamos unha corporación dun nivel tan profundamente perralleiro como a que temos, mal nos irán as cousas a tódolos cidadáns, aínda que aos nosos concelleiros e a o seu patrimonio probablemente lles vaia mellor.
Infelizmente no horizonte non se ve nada novo do que fiarse.
¿Reflexionarán os partidos para poñer nas súas listas electorais a persoas cuns mínimos de formación política e cultural?... e, de paso, que teñan a vida minimamente resolta para non ter que ir ao Concello a resolvela para sempre.

23.4.06

Parkings no centro: espacio público, negocios privados

Como non podía esperarse menos, un clásico xa en Vigo antes de rematar unha lexislatura: unha boa e milmillonaria concesión. O goberno do PP xa ten o seu proxecto millonario antes de irse (o do PXOM repártese doutra maneira): a construcción de 6 novos aparcamentos subterráneos, cun coste estimado de 77 millóns de euros. Non está nada mal o negociete... pensemos, din, que é gratis para as arcas públicas, pois se subhasta a construcción e explotación mediante un contrato de concesión de obra pública. Fíxense vostedes: só temos que aportar -regalar- o subsolo e, alehop!, vén a iniciativa privada e constrúenos uns marabillosos parkings cos que encher o centro de coches, ruído e contaminación, mentres uns poucos se embolsan uns cuantiosos beneficios por trepecentos anos de concesión do espacio público soterrado.

A barbaridade é inconmensurable. Non só polo trauma que supón someter a outro longo período de obras esta castigada cidade, senon, sobre todo, porque se trata dunha acción inxustificada e inxustificable dende o punto de vista da sostibilidade.
Por todos é sabido que a política de tráfico aceptada na Europa da sostibilidade, a da Carta de Aalborg -asinada por certo por dúas veces polo Concello-, é a da diminución -ou mesmo desaparición- do vehículo privado no espacio urbano, especialmente no centro das cidades coa potenciación do transporte colectivo e a recuperación do espacio para os peóns. É tecnicamente recoñecido dende hai moito tempo, que os aparcamentos soterrados no centro das cidades teñen un indubidable "efecto atracción" para o uso do vehículo particular. Por iso mesmo, as grandes cidades (claro, que Vigo, para estes novos ricos do PP, segue a ser unha aldea), plantéanse a construcción de aparcamentos disuasorios fóra dos centros, en zonas facilmente conectables co transporte público ou estacións intermodais. Disuádase así do uso do vehículo privado e, consecuentemente, redúcese a contaminación atmosférica e acústica.

Recentemente expresábao así a Euronews a Ministra eslovena de Medio ambiente e Ordenación Territorial, na reportaxe "Devolver a saúde ás cidades de Europa"(ver esta reportaxe en video): "Sen un plano integral é imposible dar solucións fiables aos problemas urbanos. Por exemplo, se o Concello decide apostar polo transporte colectivo e, no mesmo momento, os urbanistas deciden construir un aparcamento no centro, non conseguiremos reducir o tráfico nin as emisións contaminantes".

Así é o Concello de Corina: subscribe a Carta de Aalborgh, inicia (é un dicir) o proceso de Axenda 21 Local, éncheselles a boca co da potenciación do transporte público e.... van furar as principais vías da cidade para facer negocios -uns cantos, claro- á nosa costa. Conta ademais para esta barbaridade co apoio dunha oposición tan carente de criterio que xa cheira. Con esta equivocada e interesada medida, atráeranse miles de vehículos ao interior das zonas máis saturadas e contaminadas da cidade. ¿A isto se lle chama desenvolvemento sostible ou é simplesmentes un chanchullo?.

Débese evitar a barbaridade que quere cometer o goberno do PP coa aquiescencia dos grupos municipais do PSOE, BNG e PG. É preciso defender, cando aínda estamos a tempo, un desenvolvemento urbano sostible. Aos que seguen a facer substanciosos negocios privados co espacio público non lles interesa un desenvolvemento tal: aos cidadáns si.