Tiña que chegar. Víase vir. Levabamos moito tempo aturándonos pero o do outro día.... Esta claro que a ela non lle gusta nada o que facemos. Como tódolas famosas foi, convocou unha rolda de prensa e veña!, a largar!. Hai que ver como nos puxo, mi ma!
Asi que o mellor será deixalo. Nos por un lado e ela por outro. Como nos paises civilizados. Vai sendo hora de deixar de pagar a pensión coa que mantemos a todo o persoal de mantemento que ten contratado. Que o paguen os usuarios se queren pero non se trata dun servicio público. E basta xa de facerlle reverencias; respecto si, home claro, como a calquera, pero ir en procesión con ela... iso acabouse. E non o digo só por min, que hai tempo que non vou; a partir de agora non van ir nin alcaldes, nin concelleiros, nen deputados. E que me dicen dos contratos eses que alguén firmou con ela antes de haber eleccións? Pero ¿como poden seguir valendo? Hai que rompelos dunha vez, por moito que se cabree o seu xefe ¿acaso admitiría vostede ter un tutor ós 40 anos? Home, por favor!
Ela que siga co seus programas de radio botando por esa boquiña, alá os que lle fagan caso, tampouco é cousa de poñerse en plan Chavez e sacarlle o xoguete. Pero nada de ter entrada libre e horario nas escolas. Menudo escándalo!, pero se ata é quen de decir que os científicos do lado minten, manda truco!, pero quen foi falar! se leva unha chea de anos metendo a pata!. E o do condón? Que me dín? Iso xa é criminal!.
E xa postos, cando queira montar unha manifestación ou unha procesión que pague ós figurantes. Nos non pagamos un exercito para que perdan o tempo paseando imáxenes.
Estoume quentando e arredios que non lle perdoo nen o IBI dos locais que ten por tódolos lados. Acabáraonse os tratos de favor. Tododios pola mesma medida. Que quere abrir outro local, pois nada de reservar un solar, que alquilen un garaxe como fan outras.

Non me van crer, pero o que dixo o outro día non me cabreou tanto como o das luciñas de Santiago (o de Vigo oh!, Dominguez!) Estamos como estamos e vai e lle monta unha iluminación de manda caraio que teño que pagar eu! Para iluminar un noxento tatuaxe lexionario que fixeron no muro cando a guerra. Menuda coña!
Acabouse. Solemnemente proclamo a separación da igrexa católica e do estado. E con tal motivo anuncio que nestes posts só se utilizará como escudo oficial o que figura ó lado. E non me vir con mais hostias, eh?