IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta vigoblog. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vigoblog. Amosar todas as publicacións

24.11.19

Andamos máis por Twitter, pero ¡voltaremos!


Nestes últimos tempos andamos máis por Twitter.
¡Pero voltaremos ao Blog!

6.12.15

Vigoblog en Facebook e Twitter

Levamos tempo con pouca actividade no Blog. Foi un esforzo de moitos anos tentando levar un pensamento crítico e diverso aos nosos lectores. Polas nosas páxinas, dende que iniciamos esta aventura hai xa máis de 10 anos, debullamos a actualidade viguesa dende un posicionamento nunca cómodo para os que manexan conforme aos seus esrictos intereses particulares esta cidade.

Pero, dende aquela ata hoxe, novas formas de comunicación en rede teñen xurdido con forza mentras mantiñamos o Blog. Este post é para dicir aos nosos lectores que continuamos esporadicamente por aquí, pero que tentaremos estar cunha presenza maior en Facebook e Twitter. Alí esperámosvos tamén.

Vigoblog en Facebook
Vigoblog en Twitter

A nosa máis recente entrada en Facebook é sobre a anulación do Plan Xeral de Vigo:

Isto deciamos en 2006 en Vigoblog sobre a obriga da Avaliación ambiental estratéxica. Aquel post do 2 de agosto de 2006 titulabámolo "O PXOM non se aprobará nesta lexislatura. Ou tal vez nunca":

Pero non só é cuestión de formalidades relacionadas co tempo de tramitación. O Estudio de sostibilidade que recolle o PXOM aprobado provisionalmente (por certo o que se expuso ao público foi case por completo modificado para enviarllo á Xunta de Galicia) non abondará para servir de base ao Estudio de Impacto Ambiental. Graves problemas van ter agora os defensores desta chapuza de Plan, pois o procedemento de E.I.A. obriga, ademais de a elaborar outra documentación importante, a facer unha comparativa rigorosa, clara, expresa e xustificada entre as calificacións do terreo no Plan anterior e no novo, cuestión que no documento do PXOM aprobado provisionalmente "sorprendentemente" non aparece.
Cantarán por soleares, e se situarán sobre o mapa claramente, agora sí, as recalificacións urbanísticas. Porase así de manifesto, se é o caso, se existiron transacións "casuais" de terreos feitas con anterioridade a que o Plan os recalificase e se multiplicase o seu valor económico por moitos díxitos.
¿Que pasará agora cando todo o peixe estaba xa vendido?. Menudo lío para Chema, Corina e Toba.

Parece que, visto en perspectiva, os tres zafaron, e lle tocou a Caballero e a Caride apandar coas consecuencias. Ningún dos dous son inocentes: pese á oposición inicial á barbaridade do documento aprobado polo BNG-PP -especialmente por parte do socialista Mauricio Ruiz, do equipo de Ventura Pérez- o actual alcalde e a actual concelleira de Urbanismo (daquela Conselleira de Politica territorial) preferiron seguir adiante con aquel insostible Plan, en lugar de reformalo en profundidade.
Fixérono, ademais, da pior maneira: tratando torticeiramente de evitar o sometemento á avaliacion ambiental estratéxica do Plan. Unha avaliación que, de seguro, sería imposible de realizar sen modificar a fondo cuestións básicas dese Planeamento: as infladas estimacions de crecemento demográfico (Vigo, a estas alturas, se seguimos a prospectiva do Plan de Consultora Galega, tería a estas alturas case 400.000 habitantes); a operación especulativa de Beiramar a costa de facer unha zona industrial nas abas dun monte, o tremendo impacto da famosa Ronda; a xustificación dos informes negativos dos técnicos municipais ("demoledores" en palabras de Toba, sempre disposto a ningunealos), a legalización vía Plan xeral de instalacions ilegais como eran as tristemente famosas 5Jotas en Candeán...

O desproporcinado cinismo dos protagonistas desta desfeita onte e hoxe, amparados na desmemoria desta cidade, produce rubor.

Esperemos que esta situacion se transforme nunha oportunidade de elaborar un planeamento de calidade, non desarrollista, non especulativo e respectuoso cos valores culturais, economicos e ambientais da nosa maltratada cidade.

10.5.10

V enham mais cinco

Cinco anos: eppur si muove

Do ponto de vista simbólico, sintetiza a teimosia das provas científicas contra a censura da fé, a quintessência da rebelião científica contra as convenções de autoridade. Desde a Inquisição condenou Galileu à morte se não se retratasse que a Terra girava em torno do Sol, mas o inverso, alguns escritores atuais apresentam tipo que após esse julgamento, Galileo seguiu pensando: Eppur si muove.

Da Wikipédia

9.5.10

Cinco


Cinco anos... e parece que levamos media vida!
Cinco é un número máxico. Lembro aquelas cancións da infancia: cinco esquinitas tiene mi cama...
ou cinco lobitos tiene la loba..
Tempos...
Los cinco magnifícos
cabalgando polas pantallas ou o cinco, aquel tranvía con destino a Bouzas e porén á praia de Alcabre.
Cinco e mezzo, extraordinaria película de Fellini, vista no cine-clube con nocturnidade ou Los cinco aquela literatura xuvenil importada que tan ben nos facía na longa noite.
Cinco tamén eran os dianteiros do futbolín, arriscada aposta polo futbol(in) de ataque e, como esquecer, os cinco primeiros venres de mes!!!
Pero non é o cousa de poñerse morriñento, sobre todo porque a memoria canta.
O cinco segue a ser hoxe un número máxico. Cinco son os estudios feitos sobre o metro lixeiro de Vigo e cinco son as veces que o lobby portavoceado pola Voz de Galicia tivo que tragar as imposicións do Banco de España.
Cinco son os "ces" que definen a Vigo: o Cristo, o Celta, a Citroën, a Corrupción, a Corina, O Caballero, o teniente de alCalde, a Casa de play it again, Roque,...
Cinco son os partidos do bipartito que nos goberna: o Bloque, O Psoe, A autoridade portuaria, a Zona franca e Caixanova.
Cinco son os modelos de semáforo entre os que podo elexir no territorio da alcaldía e cinco mil e pico euros son os que debe costar ese semáforo verbeneiro da Porta do Sol , é dicir, territorio da tenencia.
Cinco son os minutos que debería durar a seguinte campaña electoral en Vigo e cinco son os dias laborables para un número cada día máis reducido de cidadáns.
En definitiva, cinco por cinco, vintecinco, son os anos que esperamos cumplir neste recuncho de palabras, imaxes e bo rollo feitos por cinco colegas e colegos a quen felicito hoxe de corazón.

8.5.10

¡¡¡este lunes estamos de cumple!!!


Cinco añitos ¡Dios! Y yo aún sin saber qué ponerme; o quitarme (las dragas, ni de coña, colega Andión, pues vete tú a saber qué aparece cuando te des quitado esa media del melón).

31.12.09

Feliz ano!


24.10.09

Antes de y después de (siempre igual)


(Si escribo... ¡me quedo sin nada! Otro día os lo cuento. Gracias.)

10.12.08

Con mil...


Foi coincidencia, pero VIGOBLOG acada hoxe as 1.000 entradas publicadas, que permitiron casi 177.000 visitas. E hoxe celébrase o 60 cumpleanos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, formulamos o seguinte Decálogo de dereitos e obrigas:

1.-Todos temos dereito a que nonos vendan motos, impresas, ouvidas ou vistas na TV ou no PC.
2.-Todos temos dereito a vender as nosas propias motos.
3.-Todos temos dereito a non mercar motos.
4.-Todos temos dereito a esixir.
5.-Todos temos dereito a que as nosas esixencias sexan atendidas.
6.-Todos temos dereito a discrepar.
7.-Todos temos dereito a concordar.
8.-Todos temos dereito a disfrutar de algo.
9.-Todos temos dereito a queixarnos.
10.-Todos temos dereito a ter dereitos.

Estes dereitos correspóndense, naturalmente, con outras tantas obrigas:

1.-Todos temos obriga de fixarnos na moto que nos queren vender.
2.-Todos temos obriga de que funcione a moto que vendamos.
3.-Todos temos obriga de empregar axeitadamente o aforrado ao non mercar a moto.
4.-Todos temos obriga de non pasarnos esixindo.
5.-Todos temos obriga de formular razoablemente as nosas esixencias.
6.-Todos temos obriga de discurrir.
7.-Todos temos obriga de intentar entender.
8.-Todos temos obriga de coidar do que disfrutamos.
9.-Todos temos obriga de non queixarnos de vicio.
10.-Todos temos obriga de obrigarnos.

Para quen exerceron o seu derecho a mercar esta moto: ¡¡Mil primaveras máis!!
Ou o que sexa.