Unha das sorpresas coas que posiblemente se atopará o novo goberno vigués do PSOE, nas áreas gobernadas polo seu ex-socio no mandato recén finalizado -o BNG de Santi Domínguez-, serán, os calotes. Segundo se comenta insistentemente nos corredores da Casa Con-historial, hai algúns centos de miles de euros gastados sen que exista expediente que sustente o gasto e, posiblemente, sen que existan, nin tan sequera, fondos no orzamento para pagar aos ilusos proveedores que confiaron no "che debo" dos Santis.
Nada raro, se analizamos a práctica contractual dos edís do BNG no Concello de Vigo, afeccionados a "tirar para diante" no gasto, sen preocupárense dos sempre rigorosos procesos de contratación. Nada pasaba mentres gobernaban: encargábase a obra ou o servizo, sen ningún procedemento de contratación e de concorrencia, e, tempo despois, no orzamento do ano seguinte, armábase un inaceptable "recoñecemento extraxudicial de crédito", que a duras penas se aprobaba no Pleno da Corporación, e aquí paz e despois gloria. Así ocorreu cos fastos da Universiada, por exemplo, nos que un video por importe de 180.000 euros foi encargado a unha empresa "amiga" (Cícere, filial de Anónimo Publicidad", empresa que se encargou da campaña en 2007 do BNG-Santi Domínguez e que se beneficiou en preto de 2 millóns de euros en contratos variados --maiormente irregulares-- feitos polas áreas-BNG) sen respectar a legalidade obrigada pola Lei, e pagado, mediante recoñecemento, ao ano seguinte do encargo.
Tal como pintan as cousas, haberá dúas posibilidades para o goberno de Abel Caballero: ou deixa aos proveedores sen cobrar (xa o fixo con calotes infumables na alcaldía de Corina Porro), ou vai ter un bo argumento para ter caladiños aos do BNG... Tamén existe a posibilidade de enviar os feitos á fiscalía, pero sería unha actuación inédita que dubidamos ousen facer.
Aínda que, quen sabe, igoal, cando aflore o problemón, Santi Domínguez bótalle a culpa aos funcionarios, iluso el.
A AP-9, o negocio sen fin: Galicia paga por usala e podería volver pagar
miles de millóns para recuperala
-
As familias soportan peaxes cada vez máis caras, o Estado financia as
bonificacións, a Xunta advirte dunha factura próxima aos 4.000 millóns e
rescatar a...

