IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións

22.8.14

Decoración de medianeiras e prioridades urbanas

O Concello de Vigo vén de anunciar o inicio dun programa de decoración de medianerias mediante actuacións artísticas. O programa, suxerido pola asociación Outro Vigo é Posible e recollido con entusiasmo polo goberno municipal, vén sendo a reedición dunha vella iniciativa municipal dos anos 80 do século pasado, encabezada polo daquela concelleiro de cultura do PSOE Francisco Santomé.
Daquel programa executáronse catro ou cinco medianeiras, facéndose posteriormente algunhas poucas máis de xeito esporádico.
Tras aquela ocorrencia oitenteira de curto percorrido, no novo século o Concello de Vigo convocou (pax 16 do BOP) durante varios anos axudas económicas á rehabilitación de fachadas e cubertas de edificios de interese histórico ou destacados na paisaxe urbana. Un programa que, posteriormente se retomou coa creación do Consorcio do Casco Vello con axudas circunscritas ao ámbito deste barrio histórico e do PEPRI de Bouzas.
Axudas que, pensamos, hai anos que non se convocan fóra dos ámbitos do Casco Vello e Bouzas.

Non nos parece mal a iniciativa de decorar as medianeiras sempre e cando se actúe con criterios artísticos contrastados e se executen coa calidade debida. Pero non é o que Vigo necesita urxentemente en canto á mellora da imaxe urbana e crémos que, coa escasez de medios actuais, hai prioridades neste sentido e estas son as da mellora da estética e seguridade das fachadas e cubertas dos edificios de interese histórico ou ambiental.
O fomento da rehabilitación mediante axudas económicas aos propietarios para a rehabilitación de cubertas é imprescindible para garantir a  pervivencia do vello caserío vigués, ao ser un elemento crítico para lograr a conservación dos edificios e a súa futura rehabilitación integral.
O coidado e rehabilitación das fachadas, mediante a súa limpeza, restauración ou renovación de carpinterías exteriores, o pintado de paramentos, é unha operación economicamente asumible e que ten un inorme impacto sobre a apreciación dos edificios e a imaxe urbana.

Por outra parte, as actuacións de rehabilitación destes elementos da edificación, supoñen unha aportación importante nas actuais circunstancias para o sostemento do sector da construcción que ve neste tipo de obra unha posibilidade de combatir a grave crise que padece.

Son virtualidades que non ten un programa de decoración de medianeiras que, á hora de gastar os escasos recursos públicos e privados, debería estar nun segundo plano nas prioridades do goberno municipal. Infelizmente en Vigo prima, dende hai moitos anos, un concepto decorativista da cidade, moi presente nas actuacións nos espazos públicos (nos que sobrancea o gusto obsesivo pola maceta) Concepto puramente circunstancial e que non contribúe á mellora permanente e sostible do espazo e imaxe urbana.

Sensibilidade fronte a sensiblería. Arquitectura fronte a artificiosidade. Decoración ou rehabilitación?

11.9.13

ARQUITECTURAS COLECTIVAS en Alg-a Lab

hoy comienza, y hasta el día 14, en Valladares algo realmente interesante: ARQUITECTURAS COLECTIVAS. Los de Alg-a Laboratório nos convocan a todxs los que tengamos interés en ello con la siguiente proclama:

Carta aberta a colectivos

Entendemos o encontro anual da rede Arquitecturas Colectivas como unha oportunidade para tirar proveito das dinámicas e loitas dun numeroso grupo de persoas moi activas no eido da construción colaborativa do entorno, é por isto que pretendemos abrir o máximo posible o foco de atención das xornadas, co fin de potenciar a súa utilidade social.Atendendo ás capacidades e necesidades das persoas que participan ou poderian participar da rede, así como á necesidade de dar respostas á coxuntura socio­económica actual (cunha evidente necesidade de cambio de paradigma) plantexamos que o obxetivo do encontro xire ao redor da investigación e proposta de mecanismos para a emancipación vital (profesional, económica…) perseguindo a vida digna e respetuosa coa terra e as persoas...

Nuestras felicitaciones. ¡Éxitos!


22.3.13

Casco Vello, cascotes... la ría ¡preciosa!

Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense... tienen sus respectivas zonas viejas, sus centros, bastante bien conservados. ¿Qué le ocurre al de esta ciudad y sus aledaños? Una se da una vuelta por el Berbés, calle Real, Herrería, Progreso, incluso en Príncipe... y no da crédito ante tanto inmueble destechado, roto, apuntalado con hierros... deberían obligar a los viandantes a utilizar casco. Bueno, van ancheando las aceras para que podamos caminar, sin casco, seguros, por la parte más separada de los destechados y apuntalados edificios, menos mal.

Dijo el poeta «Esta cidade ben merece un bombardeo», yo creo que ya lo sufrió; desde finales de la década de los 70 del siglo pasado, la ciudad viene sufriendo un bombardeo diario de desidia por parte de todas las autoridades, que lo fueron, desde entonces hasta hoy mismo. Eso sí, la ría ¡preciosa! contaminadilla, pero ¡preciosa! a pesar de ese puertecillo de yates al pie de la Guía que gracias a sus diques ha fastidiado la renovación de las aguas de la ensenada de San Simón.

17.4.12

Sen palabras

Grazas, CFM por ese extraodinario traballo.

28.2.12

ETEA: estamos xa en campaña?

Como saben a ETEA destaca por ter sido empregada en reiteradas ocasións como reclamo propagandístico por todos cantos partidos toaron poder nesta terra nosa. Ao parecer volve tocar sacar o santo á rúa para reclamar votos e o desaparecido Feijoo ven de aprobar o enésimo plan sectorial  dos terreos da antiga ETEA.
Unha vez máis a gran imaxinación dos gobernantes do PP ponse de manifesto con descubrimento da promoción de vivendas como medio de financiación. Están abonados a dogmas  que repiten unha e outra vez mentras que os cidadáns vemos como os cartos púbicos -os nosos cartos- deben acudir unha e outra vez a salvar a iniciativa privada( ou sexa a que privatiza os beneficios) Sucede nos asteleiros, nas caixas,no auditorio,  nos parkings e sucederá na ETEA se isto resulta algo máis que unha manobra electoral. Por de pronto terán como excusa a presencia de Caballero que -co infatigable e ben pagado  traballo de La Voz-
sempre pode aparecer como Abel I, o obstaculizador.
Pola nosa parte, no ano 2005 xa pedíamos que sacaran as súas suxas mans  e, máis adiante no 2006 escribiamos:
"Quen coñece a ETEA sabe que o pior que se podería facer con este espacio sería rachar co seu carácter unitario, con edificios perfectamente conectados e conectables entre si, cun espacio axardinado de gran calidade, perfectamente compatible co uso restrinxido e aberto que Teis e Vigo necesitan e potencialmente -a pouco que se faga un esforzo de xestión e deseño- unible á gran zona verde da Guía por un lado e, á súa zona litoral, por outro." 

12.3.11

A nada que nos despistemos...

...este panorama será posible ¡y mucho más! Después de sucesivos mandatos de Corina Porro y Abel Caballero, con la ayuda éste de Santiago Domínguez. Hacia 2027 la ciudad olívica presentará el perfil que, poco más o menos, ofrece esta fotografía disparada al futuro vigués. (Sí, para entonces, lo que hoy conocemos como monte O Castro, habrá sido trasladado unos kilómetros más hacia el sur ¡!).

26.11.10

¿Por que se funde Marqués de Valladares?

E por que se funde Carral e se fundirá Velázquez Moreno e a Praza de Compostela... As obras de "humanización" de Corina Porro, con toda a súa decoración de caro granito rosa venezolano e do traballo case esclavista de mociños portugueses, son pura decoración, pura epiderme. Así o denunciou Vigoblog, entre outros, nun post do 19.7.2005 que, baixo o título "Obras na Alameda, cloaca máxima" denunciaba a estafa dunhas obras de urbanización que deixaban sen tocar os sumidorios de pedra decimonónicos que quedaban por debaixo dos mal colocados lastros da superficie.
Para cando os responsables políticos e técnicos municipais -que os hai e que seguen a dirixir impunemente obras de urbanización no Concello de Vigo-  pagarán co seu patrimonio e co seu posto de traballo este latrocinio?

3.6.10

As obras da Pinacoteca incumpren o planeamento urbanístico do Casco Vello


Por se non abondase co pelotazo inmobiliario -aínda non explicado- do pagamento polo Concello dun desorbitado sobreprezo pola Casa de Arias Taboada no Casco Vello vigués, as obras xa realizadas sobre as edificacións -derribo total agás unha pequena parte das fachadas- son unha auténtica salvaxada que incumpre descaradamente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI).
Para un particular, a execución destas obras ilegais suporía unha orde de paralización inmediata e a apertura dun expediente de disciplina urbanística; pero Santi Domínguez (BNG) e a Xerencia de Urbanismo (PSOE) teñen patente de corso para actuar saltándose a legalidade (por certo, coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia mirando para outro lado). As obras de derribo -practicamente total- xa executadas son incompatibles co grao de protección estructural que figura na ficha correspondente a esta edificación e están expresamente prohibidas na normativa do PEPRI.
A operación taxidérmica sobre a práctica totalidade da couzada, representa o desprezo máis absoluto polo patrimonio histórico catalogado, ao facer desaparecer tódolos elementos estructurais (muros de carga, cuberta, corpo acristalado sobre a cuberta -que a ficha do PEPRI indica que debe ser recuperado-) e rachar coa estructura do caserío propia desta parte do barrio histórico... A demolición total das casas anexas ao Pazo para reconstruir unha nova fachada que nada ten que ver coas preexistentes está tamén expresamente prohibida polo planeamento.

Do valor histórico (¿non era un pazo?) que, segundo Eudosio Álvarez (BNG, concelleiro non electo de Patrimonio histórico e, en teoría, responsable da súa protección), xustificaba o pagamento do sobreprezo, só queda un esquelético muro apeado, na pior tradición viguesa de fachadismo. Total nada, un solarcito cun escudo que nos costou case 2 millóns pagados á inmobiliaria dun ex(?)-socio dun dos asesores de cousas varias, contratado por Santi Domínguez con cargo ao presuposto municipal. Un edificio cuxo valor de expropiación era en 2007, segundo se recolle na documentación do PEPRI, de 196.000 euros.

Nin que dicir ten tamén que o proxecto final non recupera, como era esixible nunha boa práctica de rehabilitación arquitectónica, a tipoloxía orixinal da edificación pacega. Non hai máis que ver as infografías do novo proxecto para decatarse de que, por poñer só un exemplo, a cuberta proxectada no volume correspondente ao pazo orixinal carece do aleiro que, sen dúbida, tiña a edificación orixinal e que se perdeu no curso da súa historia. Se cadra ao arquitecto redactor non lle deu tempo, como era a súa obriga, nin de ver os alzados do PEPRI, nin de estudar as tipoloxías edificatorias das casas tradicionais de Galicia en xeral, e do casco vello en particular, e optou por facer morrer a cuberta a rentes da fachada, obviando tamén a evidencia arquitectónica que nesta indica a preexistencia dun, por outra parte lóxico, aleiro.

Do suposto proxecto museolóxico e da política de equipamentos culturais que subxaz nesta barbaridade da construcción dunha Pinacoteca, falaremos noutro momento. Lembremos nada máis que a ocorrencia de montar outro equipamento cultural máis nunha área ateigada deles, costa, só de inicio, a frioleira de 2+3 millóns de euros. Aos que haberá que sumar os insostibles gastos de xestión e mantemento que deberán aturar cada ano as saqueadas arcas municipais.

11.5.10

No hacer nada, con urgencia

Tenemos cinco añitos y ya hemos padecido tres alcaldes. Aprovechando la oportunidad de la autofelicitación que nos hemos dado, yo propongo que invitemos a Jaime Lerner a que nos explique por qué considera que "la ciudad no es un problema; la ciudad es una solución":

“En mi primera legislatura como alcalde de Curitiba, una de las primeras decisiones que tuve que tomar fue cuando recibí una solicitud de una asociación de vecinos que pedían algo muy extraño: que el Ayuntamiento no hiciera nada en aquella vecindad. Le indiqué al concejal de obras que verificara la situación. Descubrimos que la petición, a pesar de ser insólita, tenía un origen lógico. El ayuntamiento estaba realizando obras en la zona y la preocupación de los vecinos era que las máquinas acabaran cubriendo un pequeño manantial. Mi despacho fue lacónico pero decisivo: No hacer nada, con urgencia (Jaime Lerner).

Jaime Lerner fue alcalde de Curitiba, una ciudad de casi 1.800.000 habitantes en Brasil. Algo de lo que se puede hacer con una ciudad, sin romperse mucho la cabeza, nos lo dice Lerner. Si tienes (que ya sé que lo tienes) un rato, échale un vistazo al vídeo (pincha donde dice "view subtítles" y escoge spanish):


Qué, ¿estamos?

7.3.10

Torre tímida


Pero es que ¿no damos pasado de las 14 plantitas? Ya va siendo hora que la ciudad tenga su torre de al menos unas 70 u 80 plantas firmada por un/a arquitecto/a de referencia.
¡Señor! Qué arquitectura más paleta tenemos.

6.3.10

Reconversión sostenible


Un espléndido edificio industrial sin utilizar, situado en Jacinto Benavente esquina a la calle Severo Ochoa. ¿No se podría adquirir y con una reforma somera convertirlo en viviendas de alquiler? Con pocos duros...

19.1.10

Alfageme: así se fabrica un pelotazo

Vigoenredados.com nolo conta con pelos e sinais. Os medios de comunicación repiten só versións oficiais.


19.12.09

Incompetencia urbanística

A incompetencia no deseño urbano. Unha das máis singulares perspectivas urbanas, a visión do Sireno co fondo do edificio Simeón dende a rúa Carral, mutilada por unha ridícula parada de bus.
A quen se lle ocorre poñer así unha das paradas del transporte urbano máis significativas? como é posible que eliminasen a gran marquesina da praza da Princesa para situar esta parada no pior lugar posible e o menos axeitado para que o seu uso produza sinerxias positivas para a rexeneración do Casco Vello?
A reforma da Porta do Sol, un proxecto sobre o corazón histórico da cidade, ten que ser o resultado dun traballo de reflexión complexo e de calidade. Ao final, os resultados son os previsibles dun proxecto elaborado nun mes por unha enxeñería e executado en tempo récord baixo a dirección dos capataces de obra.
Se cadra, a execución do encontro da Porta do Sol con Carral sexa o máis ilustrativo dun deseño e execución baseado na improvisación e a mala práctica constructiva. A solución das complicadísimas escaleiras e da rampa aportouna... o albanel de garda. E, a verdade, solucionoulle un problema irresoluble aos sesudos enxeñeiros de combate "autores" do proxecto (?).
Pero, nunha cidade como a nosa, unha reflexión así éche moito pedir.

19.11.09

As obras do Casco Vello incumpren o PEPRI

Trabuca as súas críticas o PP sobre as obras do Casco Vello. O problema non é se desaparecen pedras ou non, ou se o granito o cór é gris alba en lugar do tradicional rústico (que si o é, pero só é achacable á zafiedade e falta de profesionalidade dos redactores dos proxectos). O grave e irregular é que se teñen saltado por completo o que dispón, no que respecta ás actuacións en espazo público, o PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello). Un planeamento aprobado definitivamente no ano 2006 despois de varios anos de tramitación, redactado por encargo do goberno municipal presidido por Pérez Castrillo a Consultora Galega, empresa con grandes afinidades co BNG (Daniel Pino, o seu director pasou a ser o Director xeral do IGVS co bipartito) e que xestiona tamén a Oficina de Rehabilitación municipal.
O desprezo pola normativa, polas prioridades e directrices marcadas polo PEPRI para o espazo público do barrio histórico é escandaloso. O PEPRI define, cun alto grao de concreción plasmado en planos xerais e específicos para cada zona, as actuacións que deben executarse bos seguinte oito anos e a estimación do custo de execución. Non embargantes, o bi-gobenro BNG, reinventa o PEPRI ao seu antoxo, con proxectos elaborados en dous meses, pasando olimpicamente do que estaba obrigado a cumprir e, para máis inri, executando con nulo criterio arquitectónico, dirección técnica inaxeitada e mala realización final.
Para mostra do que dicimos e xa dixemos, algúns exemplos nas obras que se están a executar no barrio histórico de Vigo con cargo ao millonario Fondo Estatal de Invesrsión Local:

- Execútanse obras non previstas no plan de de actuacións no Espazo Público do PEPRI (isto é, que o equipo redactor consideraba non necesarias a medio prazo) como : Praza da Princesa, Rúa San Bernardo e Xoanelo, A Pedra, Rúa Ferrería, Rúa Ballesta, rúa Poboadores (tramo dende o Paseo de Alfonso ata rúa San Francisco), Rúa Joaquín Yáñez, Paseo de Alfonso (cunha actuación que nada ten que ver coa comedida proposta no PEPRI)... son espazos que non precisaban ningunha actuación por estaren en boas condicións e, a maioría deles, recentemente rehabilitados.
- Non embargantes, non se actúa sobre espazos considerados prioritarios no PEPRI: Rúas Sta. Marta e Llorente, Miradoiro de Poboadores, Rúas Falperra e Cahamuíña, Rúa e Xardins de Celso emilio Ferreiro, Travesías entre a Praza do Rei e Rúa Santiago, Contorno non urbanizado do Convento de San Francisco, Praza do Rei e Contorno...
- Altéranse, pavimentos que o PEPRI considera protexidos: desaparición da chapacuña de Ferrería, dos lastros de Poboadores e de Abeleira Menéndez... substituíndoos por lousas de granito regulares. Ignóranse así os "criterios regularizadores" recollidos no Proxecto de normalización de elementos do espazo urbano do Casco Vello", tal e como se indica na páxina 79 da normativa urbanística do PEPRI.
- Desprézanse as indicacións referidas ao deseño de pavimentos, tanto no referido á colocación dos rexistros (tapas) -absolutamente caótica- como na execución das rúas peonís ao non diferenciar as zonas de maior resgardo para os peóns co trazado do pavimento, producindo un continuo formal en toda a calzada que vén morrer directamente nas fachadas da edificación;
- Altéranse gravemente espazos catalogados, como a praza da Princesa, desprezando as valoracións contidas na ficha de protección do PEPRI, que literalmente di: "O proxecto de Franco Rabuñal, Pintos Santiago e Toucedo Rodríguez (inscrito no programa Urban), constitúe unha das máis acertadas actuacións recentes. A devandita intervención unificou e ordenou a disposición do mobiliario urbano, así como propuxo a renovación do enlousado de granito e a plantación de arborado de desenvovemento vertical arrodeando a fonte. É salientable o uso do báculo tipo lanterna, o banco empregado (cun bo sistema de fixación) ou o deseño da marquesiña, xa que constitúen reeleboracións de elementos hoxe tradicionais nunha lingoaxe contemporánea que permiten unha inserción harmoniosa sen provocar confusión na lectura histórica do conxunto e das intervencións realizadas. Para finalizar sinalar o esforzo realizado na ocultación das tapas de reistro baixo o enlousado de perpiaño".
Compárese isto coa actuación que se executa nesta zona con cargo ao Plan E: eliminación da marquesiña, confusión entre calzada e beirarrúa, eliminación dos bancos existentes, cambio das luminarias lanterna por novos báculos de dubidoso gusto, recolocación das tapas de rexistro en superficie...

Estamos diante dun considerable fraude e malgasto de fondos públicos. ¿Que puido ocurrir para que as directrices, prioridades, planos, catálogos e normas aprobadas en 2006, elaboradas por un equipo especializado durante case cinco anos, tras os correspondentes e caros estudos técnicos e reflexións urbanísticas e socioeconómicos, se cambiasen por proxectos elaborados precipitadamente en menos de 2 meses para aproveitar os fondos estatais do Plan E?
¿Por que razón o bi-goberno BNG ignora, despreza e se salta as normas de obrigado cumprimento do PEPRI? ¿Por que levanta rúas e prazas recentemente rehabilitadas e que non constan en ningún dos programas de prioridades a oito anos previstos no PEPRI e, sen embargo, deixa de executar outras que o Plan considera necesarias?

Non sei se eles o saben: nós sí.

23.10.09

El Pelotazo I (Hay untamiento, ¿o es sin hache?)

Querida Raquel: me vas a perdonar que aproveche tu entrada anterior para ampliar el tema hacia otro ámbito, en el bien entendido que comparto lo que dices en tu post. Pero es que me lo estaba pidiendo el cuerpo.
Para empezar, digamos que el motor aparente de esta no menos aparente operación de maquillaje urbano huele a pelotazo que te cagas.
¿Dos millones de euros por la ruina esa? Se están pasando los pueblos de dos en dos estos chicos, además de acabar por darnos la razón en casi todo lo que les venimos diciendo. ¿Se acuerdan ustedes de aquello de que aquí lo que hace andar a los museos es que tengan bar?
Pues ahora van al siguiente escalón: las putas (con todo el respeto, faltaría más).
El conocido (no lo conocía ni dios) Pazo de Arias Taboada lleva decenios olvidado por quienes tienen la obligación de conservar nuestro patrimonio, sin que nadie se preocupara por exigir de su propietario un mantenimiento "en las debidas condiciones de seguridad y ornato", como dice la ordenanza que, tanto Caballero como Domínguez (y los que les precedieron), están obligados a cumplir y hacer cumplir. A su sombra creció el más genuino barrio de cualquier ciudad, que en todos los casos es conocido como "barrio chino" no sé por qué, en el que aún hoy el comercio carnal es casi lo único que late, mientras las buenas gentes se pegan un rodeo de órdago para no tener que cruzarlo.
Pues nuestra bienquerida Tenencia de Alcaldía ha enarbolado la tizona de la rehabilitación y comenzará por ahí el acoso a las putas de la Ferrería, si es que quiere que el entorno de la nueva Pinacoteca (que no sé yo si la cosa viene de lo de "pinar"; ya me entienden) resulte asumible para las buenas gentes.
La pregunta surge como por ensalmo: ¿Qué piensan hacer con las putas? Pues yo tengo la respuesta: las harán descender hasta donde ya se han venido instalando otras, en Beiramar. ¿Y qué habrá allí para cuando el proyecto esté listo para acoger pinturas? Pues la biblioteca, convenientemente comprada también por una pastizara (seguro) por el socio de gobierno de Santidomínguez, también con nuestros cuartos.
Pues ya tenemos cerrado el círculo. Donde habían pensado un museo, colocamos un bar; donde iba un centro comercial ponemos una biblioteca, y donde había putas se hace una pinacoteca y se manda a las peripatéticas a la biblioteca del Auditorio y, así, de paso, se instruyen un poco, además de guarecerse de las inclemencias del tiempo.
¡Qué hallazgo! A ver dónde hay una ciudad en la que sus habitantes puedan decir cosas como:
--Coño, Pepe, ¿a dónde vas?
--A tomarme una copa en el Museo de las Palabras, que tienen música de Jazz.
--Pues yo es que estoy un poco depre y he decidido irme de putas a la biblioteca.
--¿Pero no estaban donde la pinacoteca?
--Huy, eso era antes, cuando Abeleira Menéndez daba paso a la Herrería, que se ha ido desdibujando por culpa de los artistas que van a colgar sus obras en el rehabilitado Pazo de Arias Taboada.
Ahí es nada; ¿se imaginan el diálogo con el bibliotecario o la biblitecaria?
--Buenas, ¿tienen una rubia, rellenita y, a ser posible, extranjera?
--¿Para el local o para llevar?
--No, no; para llevar.
--Pues, déjeme ver; efectivamente, en la mesa 7 del sector 4-B tenemos una de procedencia balcánica, pero ha de darse prisa porque está muy solicitada y es el único ejemplar que nos queda. Ya sabe que ha de devolverla dentro de una hora...
--¿No tienen tiquets por medias horas? Es que yo sólo la quiero para un francés...
--Lo siento, pero no hacemos fracciones; como los aparcamientos, ya sabe...
--Pues bueno.
Mientras tanto, en una paradisiaca isla del Caribe, el propietario de la ruina llamada Pazo de Arias Taboada, cuenta los fajos de euracos que sacó por la operación más productiva de su vida ¡en pleno pinchazo de la burbuja urbanística!

EL PELOTAZO

Ahora, fuera de coñas, el verdadero intríngulis de la cuestión: el pelotazo.
Lo que Santidomínguez pretende comprar con nuestros dineros para hacer sitio a los cuadros que no sirven para el Marco, a tenor de la noticia aparecida últimamente, son tres viejos edificios que ocupan una superficie de 660,91 metros cuadrados con fachadas a las calles Abeleira Menéndez, Ferrería y Plaza de Calatrava. El estado de estos edificios, uno de ellos catalogado como de interés arquitectónico y urbanístico alto y de interés histórico medio, es poco menos que ruinoso, en completo abandono y totalmente deshabitados.
Por esos edificios, lastrados con las cautelas proteccionistas pertinentes, el bueno del Domínguez pretende pagarle a sus propietarios la nada despreciable cantidad de 1,8 millones de euros que, como demostraré, es el cuádruple de lo que, en una situación de mercado razonable, costarían esas parcelas (los inmuebles, lejos de representar un plus, suponen una onerosa carga para el propietario).
Según profesionales de esto de la construcción, sería ya una barbaridad pagar el metro cuadrado ahí a 600 euros, que multiplicados por los 660,91 metros que suman las tres parcelas, nos darían la no despreciable cantidad de 396.546 euros de vellón. No hay más que dividir 1.800.000 por la última cantidad y comprobaremos que Santidomínguez va a hacer feliz a alguien pagándole no menos de 4,5 veces el precio justo de su mercancía.
Podría argumentarse que la superficie comprada es el doble, ya que los edificios gozan de bajo y una planta, con lo que la superficie construida alcanza esos algo más de 1.300 metros cuadrados destinados a superficie para exposiciones. Aún así, se habría comprado el doble de superficie, lo que elevaría el total de nuestra cuenta a casi 800.000 euros, pero deja al descubierto poco más de un milloncejo de euros que no sé a dónde podrían ir a parar.
Las mismas fuentes profesionales me puntualizan que, en realidad, con 300 euros por metro cuadrado, teniendo en cuenta que hoy no hay quien venda un puñetero inmueble, el propietario vendedor podría darse con un canto en los dientes. O sea que, en una ajustada operación de compraventa, con la cuarta parte de lo que se va a gastar el Domínguez, se habría hecho lo mismo. Bueno, lo mismo, lo mismo, no; porque el Teniente habrá hecho un amigo para siempre, ¿no?
¡Qué¡ ¿Hay pelotazo a la vista o no?
Miren ustedes, señores empleados en administrarnos lo nuestro: pagar cuatro veces más por algo sólo puede explicarse admitiendo que hay corrupción. Y no me vengan con milongas, ni pretendan disfrazar el asunto, a toro pasado, que no va a colar ni con esto del Halloween.
Pónganse como se pongan: ¡aquí hay untamiento!

30.8.09

Carta sobre obras na Praza da Princesa

O secretario da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo, envíanos unha atenta carta ao noso correo electrónico, verbo da nosa entrada sobre as obras na Praza da Princesa (na que nos referíamos, a partir destas, ao conxunto das que se están a perpetrar no Casco Vello). Consideramos de interese publicar o seu texto e a nosa resposta:

Estimado amigo, o teu artigo sobre a pedra da praza da Pincesa pareceume alarmante en canto á exposición que alí facías, e, naturalmente, motivo de mobilización para impedir calquera desfeita irremediable.
Consultei a cuestión no departamento de patrimonio do concello e aseguráronme que non se ía poñer nova pedra, que o levantamento obedecía á necesidade de abrir unha canle para as novas canalizacións de servizos que van polo barrio histórico, e que despois se recolocaría de novo a mesma pedra.
Está mañá, pasando pola Porta do Sol, puiden comprobar que efectivamente están recolocando a pedra antiga da praza.
En moitas ocasións cométense atrocidades co noso patrimonio que hai que denunciar; outras é mellor consultar primeiro a cuestión para saber o que se vai facer e despois estar atentos.
Un saúdo
Xosé Couñago


A nosa resposta:

Estimado amigo: o noso artigo está perfectamente documentado. A recolocación do pavimento da praza da Princesa (do que non racharon no seu "sutil" levantamento) faise sen cumprir a propia normativa municipal incluida no PERI. As "novas canalizacións" (v.gr. "separación de pluviais, no rueiro do Casco Vello, por favor!) son unha coartada para gastar os extraordinarios fondos que do Plan E no Casco Vello, tocoulles no reparto ao bi-goberno-BNG. Xustifican así o levantamento de rúas que foran rehabilitadas recentemente e que, segundo os propios datos publicados na web do Concello de Vigo, contan coas canalizacións básicas necesarias. Moito me temo que chegamos tarde a defender o patrimonio que representaban os pavimentos do barrio (especialmente o relacionado coa sua tipoloxía constructiva, amenidade e diversidade) pois a tremenda unificación que se está a facer a base de granito gris alba de corte industrial, acaba para sempre (nunca vai haber unha oportunidade de financiación como esta) coa riqueza da fachada horizontal do Casco Vello. Choremos polas texturas, os matices, os pequenos detalles producidos polo paso do tempo nos granitos rústicos, polos apiconados singulares de San Bernardo, os adoquíns de Poboadores -baixada a- ou a chapacuña de Ferrería. Choremos polos enfaixados en pedra, polos pavimentos dourados, os encontros diversos, as lambidas do tempo sobre as pegadas. Deamos a benvida aos que sementas tapas na leira máis pequena e á tristeira monotonía e incultura dos que botan pedra polo chan co mesmo grao de reflexión do que sementa patacas.
Ten a seguridade de que seguiremos denunciando -sempre documentadamente, como o vimos facendo ata o de agora- as atrocidades (aínda que sexan tan perversas como as que denunciamos no Barrio histórico) que se fan contra o noso patrimonio. Sabemos da túa contribución en internet á salvagarda dese patrimonio: esperamos que esa contribución continúe tamén na túa actividade veciñal, libremente, sen ataduras partidarias. Esperamos, neste sentido, que, unha vez consultado convenientemente o incumprimento das normas municipais incluidas no PEPRI, animedes unha mobilización pola desfeita producida na perda de pavimentos e tipoloxías tradicionais que vos contamos.

Un cordial saúdo e grazas pola túa participación.

Vigoblog

9.8.09

¡¡Et voilà!!

Efectivamente: era ello. Lo habían adivinado.
¿No? Pero si estaba tirado.

Lejos de mí toda tentación de análisis arquitectónico, o de valoración artística, o de oportunidad emblemática. Pero es que no me lo puedo quitar de la cabeza. Cada vez que paso por delante tengo la impresión de haberme trasladado en el tiempo y en el espacio hasta donde les contaba ayer.


Yo diría que es como lo de los mandamientos, o la Santísima Trinidad: que aquellos tres se resumen en uno, o que es uno pero son tres, sin que cada uno de ellos sea el otro ni el uno sea la suma de los tres, ni nada de eso. Pero aquí veo yo graneros canadienses, graneros tipo midwest USA y el moderno granero holandés, con sus asimétricas ventanas y todo...
Tampoco me haré eco de esas malicias que surcan la ciudad con cada acontecimiento y que, en el caso que nos ocupa, han decidido bautizar el edificio como el "Kuttrenheim", porque no me parece muy oportuno, después de las hiperbólicas alabanzas de quienes se juntaron para la inauguración de la plaza de El Pueblo Gallego en aquella "mítica zona" (Caballero dixit), aunque tenga su coña.
Sin embargo, si me atreveré con alguna de las ocurrencias de nuestro nunca bien ponderado Caballero, quien, tras advertir que la zona se convertirá en un "espacio referencial de Vigo", no se ha cortado un pelo para (también dixit) calificar el edificio como "exquisito". Y esto me trae a la memoria un diálogo de la película "El Presidente", del francés Henri Verneuil:

Una oronda señora, bien enjaezada, se consideró obligada a decir algo sobre una ópera de Wagner a la que acaba de asistir en el palco del presidente de la República (representado por el actor Jean Gabin).

--¡Delicioso!-- osó balbucir la enjoyada "parvenue" al cabo de la representación.
--Señora --le espetó el Presidente--; Wagner puede ser considerado inescuchable o sublime, según los gustos; delicioso, ¡nunca!

Según dicen en su página web, los granjeros ocuparán el moderno y "exquisito" edificio estilo "midwest" ya mismo: el lunes.

¡¡Et voilà!!

8.8.09

¿Dónde estamos?

Éste es un típico granero de una típica granja canadiense....


...Este otro, sin embargo, es un no menos típico granero de una no menos típica granja del Medio Oeste norteamericano.


...¿Y éste...? ¡Qué me dicen de éste! Es moderno, recién plantado, supongo, y con decidida vocación de rememorar el viejo estilo. Es un actual granero holandés.

De los dos primeros hemos visto cientos en las películas del oeste. Eran esos que siempre acababan siendo incendiados por los malos para forzar a los granjeros a marcharse de aquellos pastos que pretendían exclusivos para sus vacas. Servían también para que el villano de turno tratase de montárselo con la granjera, hasta que llegaba el chico de la peli y se liaban a mamporros entre los animales de la granja, lo que daba para una secuencia más larga que un simple tiroteo.

Y, del tercero, qué quieren que les diga. Creo que ha resultado de un híbrido de los otros dos, con alusiones materiales a una posmodernidad que ya ha quedado demodé, pero que como granero parece tener utilidad todavía en Holanda.

¿No les recuerdan nada?
¿No se les viene a la cabeza ningún edificio de reciente inauguración, en Vigo?

Seguro que ya saben por donde van los tiros, pero la respuesta la dejaremos para después de la publicidad. O sea, más adelante, que estamos en verano, no hay muchas serpientes que llevarse al teclado y hay que llenar como sea.

Por si acaso, permanezcan atentos a la pantalla, que volvemos enseguida.

21.6.09

O Campo de Granada

O estudio previo de Moneo -non podía esperarse menos-, resposta con lóxica e bo facer á necesidade de restañar a ferida provocada pola brutal construcción da Casa do Concello. Non debemos esquecer que este edificio foi a única acción realizada do hixienienista e desarrollista "Plan Especial del Castillo de San Sebastián", afortunadamente morto, pero non enterrado, pois a súa "filosofía" contaminou durante décadas á mentalidade do vigués medio, que dende aquela considera, sen máis, que o que hai que facer co Casco Vello da cidade é "tiralo todo e facelo de novo".
Pois ben, con outra mentalidade máis culta, Moneo fai os deberes e demostra non só unha grande sensibilidade, senon tamén un bo coñecemento da evolución urbana da cidade. A súa proposta pretende recuperar no posible a topografía desta zona identitaria, nas abas do Castro, orixe primeiro do que hoxe é Vigo. E faino con "tranquilidade" e sen as alharacas do seu cliente, como é propio dun arquitecto ao que non lle fai falta deixar "pegadas" fantasmas, senon dar servizo público co seu saber.
Estou cos que opinan que un dos poucos peros ao estudio, é que non se plantee a recuperación integral da Panificadora, posiblemente un condicionante que o seu cliente puxo como irrenunciable, ao existir un impresentable e especulador convenio, iniciado xa en tempos daquel concelleiro de urbanismo do PSOE chamado Francisco Santomé. Para min tamén adoece de situarse nunha escala insuficiente, pois a planificacion debera estenderse, polo menos, á Falperra e Barrio do Cura, completando así un ámbito urbano e topográfico coherente.

Non son quen de rematar este breve comentario sobre a proposta de Moneo, sen lembrar que o tremendo e cutre aspecto da chamada Praza do Rei dos nosos días, é obra directa doutra concelleira do PSOE e recén (por fin!) afastada da area política dende o seu último destino como presidenta do parlamento de Galicia: Dolores Villarino. Da súa responsabilidade é o bodrio de praza, o aparcamento e o edificio da Xerencia. Bueno, dela e dun arquitecto municipal casualmente vencellado ao seu partido.
Tamén lembrar que para este espazo propuxo tamén Marta Gutiérrez, arquitecta e concelleira do PP en tempos de Manuel Pérez, un concurso de ideas que foi olimpicamente desprezado pola corporación daquela.
A reacción de Iznogood Figueroa, repetindo o discursiño demagóxico de ignorante, unha peza máis para gardar no arquivo deste señor, para cando finalmente alguén o poña no sitio que lle corresponde.