Parece que Vigo acabará posicionándose no mundo. Non cabe dúbida de que xa está situada no mapa... Claro que no de compradores compulsivos de canto evento multimillonario circula por aí á espera dun pringao que morda o anzó. Á vista do currículum vigués non é de estranar que os vendedores, os seus intermediarios locais e proveedores de oportunidades varios, teñan permanentemente na sua axenda á corporación viguesa, sempre disposta a pagar a taxa que sexa -que ronda sempre entre 300.000 e un millón de euros/evento- a costa dos contribuíntes. Só a cambio de "publicitar" Vigo e lograr unha porrada de millóns indirectos para a cidade pola previsible asistencia de -sempre- dun minimo de un millón de visitantes e a cobertura de tódolos medios de comunicación do mundo mundial.
Nos últimos anos fumos mercando, sexa C- Porro, o tenente Domínguez ou o almirante Caballero, eventos variados, vendidos polos Marios Ubiaga e similares proveedores de oportunidades que circulan por aí, independentemente da cór politica que goberne na cidade. Algúns dos productos mercados e que nos colocaron no mapa para sempre e polos que Vigo é hoxe máis rico cá antes de celebralos: Campionatos do mundo de powerboat (levamos dous, un con Corina e outro con Santi), campianato do mundo de catamaráns, (impresionante) saida da Volvo Ocean Race, megaexposición de Igor Mitoraj, Cowparade, Festival aéreo mellor do mundo, exposición "Torres de la Alhambra", Universiada -casi!, Tall Ships Atlantic Challenge. e agora nada máis e nada menos que a Red Bull air race. Esta última promete outra vez millóns de persoas desprazadas dende todo o mundo para gastarse os seus cartos na nosa cidade mentres ven pasar avionetas facendo slalom polo medio duns flotadores.
Claro que o que non contan é que xustamente o 12 e 13 de setembro tivo lugar en Oporto, a hora e media de Vigo esta "competición". Cantos vigueses ou galegos o sabían? cantos se desprazaron a Oporto para disfrutar deste evento mundial?. E se nono fixeron os vigueses e galegos que está a tiro de pedra, alguén cré que o se desprazaron a gastar tódolos seus aforros na cidade alguén que non fora de Oporto ou área metropolitana ou fora invitado expresamente pola organización?. Cantos se desprazaran á proba que terá lugar en outubro en Barcelona? Pode Vigo permitirse, como Oporto ou Barcelona, estes excesos?
Non quero nin pensar cantas bibliotecas, cantos albergues, cantas garderías infantís, cantos "puntos limpos" nin cantos quilómetros de tuberías de abastecemento e saneamento se poderían ter construído con todo ese diñeiro que pagamos directamente aos organizadores, e todo o diñeiro que pagamos indirectamente ás empresas amigas e demais intermediarios contratados -en xeral ilegalmente- para proxectar, publicitar e realizar supostos servizos imprescindibles para o éxito do evento?
Aínda que, de non sair o evento, sempre nos quedará dar pelotazos co eterno tema da reforma de Balaídos.
Depósitos de 100 euros, vacacións máis caras e 1.500 euros extra para un
camión: así afectaría un combustible a 2 euros por litro
-
Unha viaxe familiar de vacacións podería encarecerse preto de 80 euros,
mentres que un autónomo asumiría máis de 2.000 euros adicionais ao ano. Se
os car...















