IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Corina Porro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Corina Porro. Amosar todas as publicacións

26.6.14

O auditorio Mar de Vigo, 9 anos despois

Era outubro de 2005: Vigoblog facía a súa primeira entrada sobre as primeiros pasos do que logo se chamará Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo. Logo fixemos moitas máis: analizamos o proxecto, propuxemos alternativas, describimos e denunciamos o escuro proceso de concesión e os incumprimentos sistemáticos das condicións recollidas nos pregos, laiámonos da cativa programación... moitas liñas escritas e sentimos, de verdade, que o tempo nos dese a razón en todo o comentado. A realidade, de feito, superou con creces as nosas piores previsións e hoxe, a mole de Beiramar é un custosísimo morto no medio da nada.

Unha nada aínda maior, pois nestes nove anos, ao abeiro da crise económica, da tremenda xestión do empresariado vigués e das destructivas medidas contidas para a zona no PXOM, vimos desaparecer primeiro o edificio de Casa Mar -primeira víctima do despropósito-, despois Cordelerías, Frigoríficos del Berbés, Pescanova, Frigodis... inormes edificios industriales, na súa maior parte de interese patrimonial, hoxe patrimonio das ratas.

Hoxe, o edificio de César Portela, que debía ser público e é completamente privado no seu uso e xestión, é unha concesión deficitaria á UTE SACYR-Caixanova (?- Gupo Puentes. Unha concesión que costou moitos millóns de euros aos vigueses na merca e compensacións á propiedade (finalmente aos sindicatos), no proceso de concesión, ao incumprírense os termos do prego de condicións repetidamente, e mesmo antonte, ao aportar novamente o Concello 5 millóns de euros de compensación e ampliar a xa esmorecente concesión. Unha concesión que o Concello de Vigo se verá na obriga de volver a equilibrar con aportacións millonarias, tendo en conta que todas as previsións de explotación da parte comercial son un absoluto fracaso e que a actividade do Auditorio-Pazo de Congresos é ridícula. Todos, agás a parte privada -blindada polo contrato de concesión- saimos e sairemos perdendo.

Un Auditorio e Pazo de Congresos que supón e suporá unha carga que nos vai semellar eterna aos cidadáns sen que, a cambio, podamos disfrutar dos seus servizos e das súas actividades (o Concello, por toda compensación, ten dereito ao uso gratuito do Auditorio 30 días ao ano). Por non extendernos máis, remitímonos tamén á lectura das clarificadoras entradas que sobre este tema publica no seu blog o ex-alcalde de Vigo Carlos Príncipe, coñecedor de primeira man de todo o proceso e que decidíu non ter pelos na lingoa ao falar e declarar sobre este tema.

Agora o alcalde pretende realugar os espazos privados instalando alí, con pagamento con cargo ao presuposto municipal correspondente ao prezo do mercado, claro, equipamentos e actividades públicas. Pagaremos por enésima vez polo mesmo, nunha operación que consideramos, polo menos, irregular.

Hoxe, coma se pasasemos casualmente por alí, voltamos a visitar a web do Auditorio. Para convencernos de que, a pesar de todo, polo menos, unha programación de interese e un uso congresual podería compensar o noso desacougo. Pois non: entre xuño e outubro de 2014, oito espectáculos, na súa maior parte de moi discutible calidade cultural, e ningún congreso.
O que comezou con Bob Esponja, continúa na mesma liña, con tendencia descendente. Aínda lembramos as primeiras discusións sobre as grandes óperas que virían e sobre se se poderían realizar sen foxo nin cuncha acústica!

Difícil solución ten este inorme embrollo no que nos meteron Corina Porro e Abel Caballero. As oportunidades de facer un equipamento público de calidade, situado nun contorno razoable e que servise como elemento impulsor da cultura e o turismo en Vigo, perdéronse o mesmo día no que os que estaban obrigados á defensa do público, puxeron por diante dos intereses xerais, os intereses privados de Caixanova e SACYR. Unha vergonzosa  e ruinosa operación (para o pobo de Vigo, non para eles) que requeríu dunha hábil imaxinación contable de oportunos informes externos e de coxunturais firmones internos.

Que pecado cometeriamos os vigueses para merecer isto!... se cadra, o noso maior pecado foi a indiferencia e un esgotado viguismo que como unha cortina de fume para agochar interes particulares amparados na suposta defensa inmanente dun Vigo que non existe, leva décadas prexudicando gravemente á nosa cidade, e que hoxe volve a ter, como renovado adalid á procura de votos inxenuos, a Abel Caballero.

Deus nos colla confesados...


26.11.13

Corina Porro e os excluídos (a propósito da súa asistencia á homenaxe a Antón Bouzas)

Diversos colectivos e compañeiros de traballo tributáronlle unha sentida homenaxe, con motivo da súa xubilación como funcionario municipal, a Antón Bouzas. Antón é un vello e activo loitador en favor dos máis desfavorecidos, tanto no exercizo do seu labor profesional como terapeuta ocupacional no Centro de Drogodependencias municipal (CEDRO), como dende a súa acción nos colectivos sociais que como Sereos do Casco Vello ou o Imán, deben moito a esta exemplar persoa.

Dinme que Antón non desaproveitou a oportunidade para denunciar, de novo, a ignominiosa retirada, por parte do goberno municipal de Abel Caballero, do local de Sereos na rúa Elduayen, no que se daba "calor e café" e se intercambiaban xeringuillas vellas por novas, ás persoas en situación de exclusión social. Unha acción municipal realizada torticeiramente, con mentiras, sen piedade, para contentar aos comerciantes da zona, obsesionados por eliminar da praza da Princesa e do centro urbano -como se iso fose posible con só pechar os ollos á realidade- a "mala imaxe" dos senteito. Meses antes, tamén Santiago Domínguez (BNG) era sensible ás demandas cos comerciantes e propoñía botalos a base de ordenanzas municipais.

Cóntanme que Corina Porro asistíu a esa homenaxe e, ademais, interviu dende o público, micro en man, para exaltar o labor de Antón (e de paso poñerse flores a ela mesma, ¡faltaría máis!). Segundo escoitaba ao meu interlocutor relatarme tal cousa, e os inxenuos aplausos que remataron a súa intervención, remexíanseme as vísceras ao asaltalas a miña memoria: Corina Porro foi a primeira que tentou eliminar (con medios máis sutiles, como corresponde ao seu oportunismo) da praza da Princesa aos senteito. Era o ano 2004 e, seguindo as súas instruccións como alcaldesa, e as mesmas presións dos comerciantes da zona, ordeaba a retirada de tódolos bancos da praza (bancos que estaban completamente novos) para disuadir aos pobres e marxinados de durmir e sentarse neles. Moitos meses máis tarde, ante a presión dos colectivos veciñais e sociais, repúxoos, iso si, con trampas para evitar poder deitarse neles.

Fotograma de Viridiana, de Luis Buñuel
Seguía así a súa práctica de eliminar molestias no Centro, empezada e continuada nas obras de "humanización" do ensanche, nas que colocou centos de caros maceteiros e alcorques (un costume que comezou en Manoel Soto e Agustín Arca e que ten o seu más fervoroso continuador en Abel Caballero) de granito venezolano, pero nin un só mísero banco.

Escribía eu, en 2008, este comentario a unha entrada de Vigoblog, ao fío da emisión do programa Callejeros adicado ao noso Casco Vello:

Un día C. Porro retirou os bancos da praza da Princesa, mentíu descaradamente dicindo que era para reparalos (estaban novos). Non foi quen de dicir que o facía para evitar que se sentaran neles mendigos, pobres, ionquis, vellos, tolos. Agora non hai bancos en todo o centro, nese centro de flores e granito vermello construído á súa imaxe e semellanza: lindo por fóra, cheo de merda por dentro. Para que non se senten os vellos, nin as putas, nin os ionquis, nin os borrachos, nin os tolos, nin os vellos... nin para que os vellos paseen. Para non danar a vista dos catro cachorros da burguesía sobrevenida que aínda viven na milla de ouro. Nesa milla de ouro na que, dentro de poucos días, e por obra e gracia de C.Porro e Caballero, terán imposible vivir asediados pola guerra civil montada para perforar o mundo e enchelo de lucrativos parkings dos novos ricos de Tranvías. Eses sí que son baixos fondos. 
(...) 

 Aos excluídos gústanlle os centros das cidades. Ese estrano paradoxo polo que aman a liberdade á vez cá miseria, failles ter querencia polos espazos peonís, as bancadas de madeira, os currunchos nos que cheire á vez a koes e a cultura. Os yonkis, por razóns de economía espacial, están preto dos lugares de distribución. (...)
Os marxinados, as putas, os yonkis, os alcohólicos, os inmigrantes sen recursos, fanse cargo do seu espazo, son libertos dos lugares que o Mercado lles deixa temporalmente para que cumpran coa santa misión de expulsar do barrio as veleidades conservacionistas dos catro idealistas de sempre.
Que a merda acompañe para sempre aos necios que encobren a súa responsabilidade e ignorancia con estúpidas declaracións sobre as bellezas ocultas da praza da Constitución e o carácter xenerador dos pinchos de mexillón. 


Corina Porro non merecía estar quel día no acto que aunque adicado a Antón Bouzas, o estaba realmente ao Grupo Imán, aos Sereos do Casco Vello, aos excluídos, aos pobres, os ionquis, as putas, os alcohólicos e demais danos colaterais do capitalismo, que vagan pola conciencia fría e impune de persoas sen escrúpulos como Corina Porro.

27.8.13

por fin lo ha entendido


Ya sabíamos que el sr. López Chaves, presidente de la Autoridad Portuaria, nos va a devolver un trocito de mar, de ése con el que ha arramplado la sardinocarcia viguesa. El sitio parece que va a ser delante de lo que la inefable Corina Porro comenzó a construir PORTOCULTURA.

Sueños de verano. (No es 28 de diciembre, pero como sí.)

21.2.12

Los agujeros cibernéticos de Corina Porro


Carnavalada de la fundadora de la Fundación Puerto de Vigo doña Corina Porro.

1.7.11

En Vigo... como en Guantánamo

Mucho jardín, mucho banco, muchos agujeros —¿para fuente multimedia?—, pero el caso es que si quieres disfrutar del ocaso... ¿Lo arreglará López Chaves?

Guantanaaameeeeeraaaaa... (Cuando me jubile parto, rauda, para Villafranca del Bierzo).

24.3.11

Porro Pérez

Me dice un pajarito que Corina Porro instalará al frente de la Autoridad Portuaria, en la silla que ahora ella deja vacante para aspirar a la de la alcaldía, a su fiel seguidor Manuel Pérez, sí, el ex alcalde. De confirmarse... todo seguirá igual: patetismo a raudales.

16.3.11

Vigo Madrid: cruz y cara



En Madrid con los viejos edificios —Matadero—, saneándolos, los convierten en centros culturales. En vigo los derribamos —Casa Mar—, incluso con nocturnidad. Nos sobra tanto dinero que...

Derribaremos la Panificadora, o se caerá de puro abandono.

Señoras y señores candidat@s a la alcaldía olívica ¿qué planes tienen para la Panificadora?

15.3.11

CoriKuato


Corina Porro encargou a Ramón Conde -na magna obra de "Abrir Vigo a la dársena"- unha homenaxe ao Kuato de "Desafío Total"; é o que teñen as obras reaccionarias: sempre se lles atopa algún parecido.

14.3.11

¿Cuántos?



A la Presidenta de la Autoridad Portuaria de Vigo

Señora Corina Porro ¿cuántos metros de perfil marítimo tenemos, la ciudadanía, de libre disfrute entre Bouzas y A Guía? Ésta es la realidad de su continuo cerrar, y privatizar, Vigo al mar. Éstas son también las imágenes que debería usted, señora Porro, incluir en la publicidad de su gestión.

10.3.11

As Pontes - Vigo - Leixoes





As Pontes crea un lago en las fosas de su antigua mina a cielo abierto. Vigo va eliminando porciones considerables de su ría, e incluso elimina accesos directos a la misma bajo la dirección y diseño personal de su Autoridad Portuaria: Corina Porro. Es sorprendente que para la dirección del puerto de la ciudad se haya nombrado a una persona con dotes de decoradora y ninguna de gestora. Leixoes, mientras tanto, avanza en su potencial portuario.

Miiiiiiirando al maaaaar, soñéeeeeeeee...

3.3.11

Cerrando accesos históricos al mar


Corina Porro, presidenta de la Autoridad Portuaria de Vigo, modifica el perfil histórico de los muelles más notables de nuestra ciudad. Las distintas soluciones que aplica a este cierre de accesos al mar tiene no poco de aberración.

Esas escalinatas al mar también forman parte del patrimonio histórico de Vigo.

23.1.11

Basta xa de ocorrencias

É difícil atopar palabras para calificar a actuación da Sra. Porro: infantilismo? incapacidade? irresponsabilidade? E por suposto non se trata só dunha persoa senón tamen do partido e da Xunta que a mantén á fronte dunha institución importante cun presuposto notable que está empeñada en malgastar.
Xa sabemos que o seu obxectivo principal é tomar a alcaldía para rematar o proceso de ocupación que o PP ten deseñado e, por tanto, a súa actividad e os recursos do porto se dirixen exclusivamente á promoción da súa candidatura. Sen embargo o único que ven demostrando é a ausencia total dunha visión coherente do que deben facer as institucións da cidade.
Hai uns meses atopou un xoguete en forma de fonte cibernética e logo na nave de redeiros se lle ocorriu facer sete restaurantes . A idea non lle gustou ós hosteleiros da zona e botouse atrás. Despois de ter apoyado un Múseo da batalla de Rande e cando tódolos múseos da cidade esmorecen por falta de contidos e de apoio , unha nova ocorrencia serve para encher periódicos: un múseo do Porto . Pero que sentido de cidade ten esta señora? Non sería lóxico que fose o Múseo de Mar quen se fixera carga dos fondos históricos ou que fose a Autoridade Portuaría quen coproducira unha exposición no múiseo?
Pois non, ela ten que facer o seu múseo para non ser menos que Príncipe ca súa Casa das Palabras ou Dominguez co seu montaxe da Ferrería. Por que non lle damos un videoxogo e que se quede xogando na casa?

10.1.11

Corina Porro ten razón

A dios lo que es de dios, y al César lo que es del César; ten razón Corina Porro cando afirma, na súa aparición estelar no Faro de Vigo do día 8: "A Caballero le agradezco que haya cogido muchos de mis proyectos para las calles, aunque son una mala copia". Para mostra, un botón: C.Porro iniciou a moda do xardín xaponés nas rúas da cidade con aquela magna obra no inicio de Carral (aireada procazmente días antes da súa posta de largo por Vigoblog o 28.02.2006 -foto enriba-).
Caballero copia agora a mesma estreitez mental, a doméstica horterada, a mentalidade de bonsai capado da súa antecesora, e deléitanos cun delicado xardín oriental en Dr. Cadaval, facéndolle as beiras aos arboriños de Santi na Porta do Sol.
Ou sexa, demostrado: a estupidez é unha das cousas máis copiables.
Pois iso, para todos vostedes, queridos lectores de VB, en primicia, aínda se inaugurar... tachán! o xardín oriental do noso almirante... ¡toma Corina! copia corrixida e aumentada:


¿Que pecado cometimos?

26.12.10

C. Porro nos tiene unas sorpresas navideñas


¿Será ésta la única manera de pasear por la zona portuaria sin que se nos abran las carnes ante tanto despilfarro y falta de estética?

Ay, yo solicito que ¡por favor! no se rompa el cordel, no se le quite el chuvasquero (¿al elefante?), ni se retiren las vallas que lo rodean.

La CPorro lo mismo te pone una tirita, que ordena el tráfico, que atraca barcos, que pone esculturas, que ilumina fuentes cibernéticas, que... que la parió.

19.12.10

Finca do Conde volve á palestra

Unha vez máis o caso Finca do Conde -no que están implicados por acción os concelleiros do PP e por omisión os do BNG do Concello de Vigo que gobernaban ou estaban no Consello da Xerencia de Urbanismo antes e cando se concederon ilegalmente as licencias neste ámbito urbanístico- volve á actualidade, sen que ninguén presente no xulgado, para a súa investigación, os múltiples indicios de actuacións conscientemente ilegais que poden supoñer, para os petos dos vigueses, millonarias indemnizacións das que serían beneficiarios, aínda por riba, os propios inductores do pelotazo.
Desde Vigoblog, que leva cinco anos denunciando, con todo tipo de datos, as irregularidades e documentando as sospeitas de financiamento ilegal, seguimos reclamando, en defensa dos intereses públicos, xustiza.
E seguiremos querendo coñecer, tamén, pola súa posible íntima relación coa concesión das licencias, o contido do convenio de financiamento da Volvo Ocean Race, asinado por ING Real Estate e Corina Porro, polo cal a promotora do Centro Comercial Finca do Conde aportou 1,5 millóns de euros, dos que case a metade foron a parar á caixa de dúas empresas de publicidade vinculadas coa xefa de Gabinete na alcaldía de Corina Porro -Abano e Significantia-, tal e como informou Vigoblog.
Animamos aos nosos lectores a participar nos comentarios á noticia sobre Finca do Conde publicada hoxe no Faro de Vigo.

¿Quen cuspe máis alto?

O almirante Caballero?
C. Porro?
O tenente Domínguez?





26.11.10

¿Por que se funde Marqués de Valladares?

E por que se funde Carral e se fundirá Velázquez Moreno e a Praza de Compostela... As obras de "humanización" de Corina Porro, con toda a súa decoración de caro granito rosa venezolano e do traballo case esclavista de mociños portugueses, son pura decoración, pura epiderme. Así o denunciou Vigoblog, entre outros, nun post do 19.7.2005 que, baixo o título "Obras na Alameda, cloaca máxima" denunciaba a estafa dunhas obras de urbanización que deixaban sen tocar os sumidorios de pedra decimonónicos que quedaban por debaixo dos mal colocados lastros da superficie.
Para cando os responsables políticos e técnicos municipais -que os hai e que seguen a dirixir impunemente obras de urbanización no Concello de Vigo-  pagarán co seu patrimonio e co seu posto de traballo este latrocinio?

7.11.10

Dios los cría

Ahí los tenéis. Dios los cría y ellos se juntan. Quien todavía preside el chiringuito ese llamado Diputación Provincial, una "celebrity" conocida como Rafael Louzán, se ha sumado al club de los gazapistas (todos ellos del PP) y le ha dicho a "El País" que le están lanzando "una farsa de mentiras".
No nos habiamos repuesto aún de lo de "la pinacoteca de Picasso" y la equívoca procedencia geográfica del pintor (¿o era músico?, que no lo sé muy bien, pero creo que sí), persistente aún en nuestra memoria lo del "Desván de los Monjes" y acordándonos también de aquella "esquizofrénica de las flores" que sigue dando la vara por Vigo desde Vilaboa, el ínclito baranda del chiringuito provincial nos viene ahora con que lo están acribillando con "una farsa de mentiras".
¿Será posible? Se me viene a la memoria lo de "poner los puntos sobre las Cíes" (que incluso llegó a tomar la forma "poner los puntos sobre las islas").
A pesar de ir sacando pecho a la que salta, a pesar de la apariencia despejada de la frente, algunos, cuando hablan, "cantan".
Debe ser cierto eso de que "de lo que se come se cría".

6.11.10

Os chiringuitos

No manual "A actividade política en 1000 palabras" di que un grupo que desexe influir na política e acadar posicións de poder debe impulsar plataformas, asociacións e actividades que conecten coa sociedade civil. No caso de ter xa unha cota de poder ben sexa territorial ou institucional deberá dotarse de organismos que abrangan tódolos aspectos da vida social .

O caso de Corina Porro e a Fundación Puerto de Vigo é de dificil clasificación. No seu inicio, no mes de abril, semellaba que a Presidenta preparábase para unha longa estadía no seu cómodo cargo renunciando a encabezar a lista municipal. Un organismo cun abano de obxectivos tan amplio (investigación relacionada coa universidade e as empresas, elaboración de estudios , promoción turística e obra social) permitiríalle consolidar a súa figura de alcaldesa do Porto e manter a secesión do seu territorio.
Transcurridos varios meses sen que a Fundación dera sinais de vida e despois de ter sido proclamada candidata, Corina Porro aparece no seu papel de de benefactora social presentando actos solidarios. Por suposto que o feito en sí non é nin moito menos censurable pero, o caso é que o fai como presidenta da Fundación. O seu "chiringuito", por fin, parece decantarse por ser unha plataforma electoral máis.
É criticable a contradicción de facer o que antes denunciaron ela e o seu partido pero é inadmisible que a Fundación sirva de cobertura legal para a finanaciación dunha campaña electoral. Os patronos e socios protectores pagarán actividades de doble uso e darán contas nos seus consellos de administración, pero no caso da Autoridade Portuaria eso supón emprego de cartos públicos. Debería o organismo Portos do Estado ou a Xunta de Galicia esixir a dimisión da candidata para "limpar" a campaña electoral?

24.10.10

Corina Porro: sabemos quen es

Corina Porro celebra hoxe en romería a súa "proclamación" como candidata do PP á alcaldía de Vigo para as vindeiras eleccións municipais de maio. Queremos acompañar este día reproducindo íntegro un post publicado en VigoBlog o 25.04.2010, para lembrar que Perly é unha

CANDIDATA CON ANTECEDENTES

Parece que os do PP decidiron tentar á sorte e -no típico acto de exaltación dos que aspiran a té-la sorte de volver a sacar tallada da exhausta tarta municipal- propoñen a Corina Porro como pre-candidata á alcaldía de Vigo. Para facer esta -créanme- arriscada aposta esperaron o tempo que crén suficiente para que se dilúan na memoria algunhas actuacións altamente sospeitosas, protagonizadas durante o seu mandato e que, en tempos revoltos de Gürtel, non son boas de lembrar, non vaia ser.

Unha vez liberada desas cargas da memoria, voltará Corina á ortopedia facial e ao botox institucional, esta vez con amigas posiblemente menos útiles pero máis presentables en sociedade cá que foi fidel compañeira nos negocios da alcaldía, Pilar Egea. Para espantar meigallos, unha das primeira medidas tomadas xa hai tempo pola pre-candidata, foi afastar da súa vida pública e privada á antes inseparable Pilar Egea, que exerceu de hábil maquilladora e eficaz asesora de C.Porro dende o seu estratéxico posto de xefa do gabinete da alcaldesa, con soldo a cargo do erario municipal. Xa diciamos daquela en VB que esas non eran boas compañías e que non gustaban nada aos corazóns puritanos do PP.
Pero a Porro, daquela, e coa oposición das almas benpensantes do partido, decidíu enxugar a laranxa e sacarlle un proveitoso zume á relación, para, dende xa hai uns meses, colocar aquela roupa lavada ao clareo e facer desaparecer a Mapi do mapa.

En Vigoblog non só temos memoria, hai tamén un documentado arquivo de xa cinco anos de existencia, ben enlazado coas hemerotecas locais, que pon en evidencia como a nosa pre-candidata ten antecedentes: tonteou coa corrupción e non foi aínda quen de defenderse das graves acusacións sobre a súa implicación no caso Finca do Conde; favoreceu económicamente, con cargo ao diñeiro público, ás empresas de publicidade vinculadas coa súa xefa de gabinete, ou dirixíu a execución chapuceira das obras de "humanización" do centro da cidade, por poñer só algúns exemplos.

O pelotazo de Finca do Conde podería formar parte dos manuais sobre corrupción urbanística. Unha historia documentada de descarado favorecemento dunha promotora inmobiliaria internacional -ING Real Estate-, mediante acordos municipais destinados a soslaiar a legalidade, obviando a sabiendas decisións xudiciais sucesivas que prohibían a construcción dun Centro Comercial. E isto co único ánimo de posibilitar unha moi lucrativa operación privada finalmente, como non podía ser doutro xeito, declarada ilegal. No caso Finca do Conde pringou por acción o goberno de C.Porro con Chema Figueroa á cabeza da operación e o socio de Pilar Egea no papel estelar de "proveedor de oportunidades" Pedro Costas Gil; pringou por omisión o BNG que posibilitou, cunha estratéxica abstención na Xerencia de urbanismo, a concesión da licencia aos holandeses. Con Finca do Conde non só se enriqueceron á nosa costa algúns, senon que foi tamén a causa real do acoso e derribo de Ventura Pérez Mariño, demasiado incómodo para os intereses privados doutros.

Os gastos en publicidade do goberno C.Porro é outro dos antecedentes a esquecer, como xa ten demostrado, entre outras cousas, VB. Uns antecedentes que, como xa comentamos e comentaremos, teñen os seus precedentes e a súa descarada continuidade na práctica irregular de gasto dos seus colegas do BNG e do PSOE.

A empresa amiga Canal Uno, do ex concelleiro do PP Juan Martínez Herrera, facturou no período 2005-2007, durante o manadto de Perly, a frioleira de 872.076 euros, boa parte deles a base de contratos menores sucesivos sen concorrencia nin publicidade. Tamén beneficiado foi daquela o Faro de Vigo, financiado directamente polo dúo Corina-Mapi coa non despreciable cantidade de 615.211 euros, traballados en boa parte, iso sí, a base de pitadas menores de 12.000 en 12.000 euros mensuais, o que ten o seu mérito.

Pero a figura estelar da corrupción publicitaria durante o goberno de C. Porro protagonizárona co seu consentimento as empresas vinculadas con Pilar Egea, a súa xefa de Gabinete, nomeadamente Ábano e Significantia, aparatos da invención de Mapi e de Pedro Costas Gil, que obtiveron altos rendementos da súa conexión coa alcaldesa. Ademais das facturacións directas coa alcaldía -con contratos menores por máis de 150.000 euros-, as dúas empresas relacionadas coa xefa de Gabinete tiveron o seu momento de gloria cando cobraron 677.625,60 euros, mire vostede por onde... de ING Real Estate!: foi o rendemento do convenio -cuxo texto aínda permanece en secreto- entre a alcaldesa e a multinacional holandesa dentro dos felices fastos municipais da Volvo Ocean Race viguesa.

Tamén cómpre esquecer que no millonario gasto en humanizar o centro da cidade, non incluíron cambiar as redes de saneamento que contan con máis de sesenta anos de antigüidade e que, aínda hoxe, grazas a tan útil actuación, seguen evacuando a merda da burguesía local por taxeas de pedra decimonónicas. Claro que había que aforrar para poder decorar a actuación co caro granito roxo altamira floreado que rodea os alcorques cheos de pedriñas que disfrutan os vigueses nas súas rúas máis céntricas. Claro que ninguén lle vai lembrar a C Porro que un inverno chuvioso como o que pasamos, acabou afundindo boa parte dos pavimentos das rúas humanizadas por ela como consecuencia de non ter construido un novo sistema de sumidoiros con deseño e capacidade abonda para os caudais xerados pola nova pavimentación. Tamén cómpre esquecer que se negou a executar os tanques de tormenta previstos no proxecto inicial de humanización en Colón que evitarían os vertidos constantes ao mar de augas residuais no espigón do náutico que tantas veces denunciamos dende aquí.

Non queremos rematar este breve resume, sen deixar constancia da conveniencia de que Corina Porro nos diga aos cidadáns a orixe e desenvolvemento dos seus bens e patrimonio. Temos unha curiosidade malsana por saber como e con que se puido construir o seu chalet de Vilaboa, como comprou o iate Platinum 32 de 10 metros de eslora adquirido nada máis deixar a alcaldía, ou como paga as xoias de ouro e o variado e caro vestiario que loce. Son curiosidades cidadáns sobre un cargo público que nada costa, seguro, satisfacer. Aos que a lembramos como normalita enfermeira, viríanos moi ben coñecer como se fai esa carreira económica tan exitosa.

Malos antecedentes en tempos revoltos. Antecedentes que se reforzan agora co pouco respecto pola legalidade da que fai gala Corina nos recheos e na súa actuación cosmética no Porto de Vigo, que lle van traer máis dun disgusto.

Eu de vostedes, señores e señoras do PP, pensaríaomo dúas veces: logo de proclamada non van ter remedio.

Máis documentación en Vigoblog seguindo as etiquetas desta entrada.