IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Relatos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Relatos. Amosar todas as publicacións

13.8.10

Relato de verán (IV)

Aquil home estaba ao día. Na súa casa todo funcionaba seguindo as regras de austeridade, eficencia e defensa do interese xeral. Para fomentar o emprego decidiu subcontratar unha coidadora para os nenos; a limpeza sempre estivo en mans dunha contratada por horas; a súas contas levábaas un asesor fiscal que enchía puntualmente a declaración de facenda; a súa axencía de viaxes organizaba o veraneo e de cando en vez contrataba a un xoven veciño que limpaba o seu ordenador.
A súa sorpresa foi grande cando o sabado pola noite atopou no seu dormitorio a unha persoa descoñecida.
- Bois noites. O meu nome é Encarna e pertenzo a Axencia Pleasure de servizos sexuais. Dispón vostede de 45 minutos. Os minutos adicionais según tarifa express. Se vostede gaña menos de 3,5 o o salario mínimo ten dereito a unha subvención da Consellería de Benestar. Aqui ten o contrato asinado pola súa esposa que, por certo, dixo que non a espere para almorzar.

P.S. E se contratáramos a un presidente da Xunta externo?

6.8.10

Relatos de verán (III)

Mesa de pedra en Samil. Neveras de plástico, mantel de cadros, pratos de plástico con restos de arroz con polo. Elas recollen. Eles falan.
...e a finca que che deixou o finado do teu sogro en Sárdoma?
- pois vai obrar o meu fillo. Unha casa caralluda de baixo, piso e faiado
- pero ó Milucho non o botaran de Citroën?
- Si, home si, acábaselle o paro a semán que ven.
- E ten cartos para facer a casa?
- Que vai ter!! Pero vaille meter un centro comercial no baixo.
- Ai, carallo! Asi si.

3.8.10

Relatos de verán (II)

Banco no Parque de Castrelos. Un home cunha gorra ("Worldsurfer") fala con outro de sombreiro de palla.
...entón ti onde estás empadronado: na alcaldía ou na tenensia?