IX ÉPOCA

6.11.10

Os chiringuitos

No manual "A actividade política en 1000 palabras" di que un grupo que desexe influir na política e acadar posicións de poder debe impulsar plataformas, asociacións e actividades que conecten coa sociedade civil. No caso de ter xa unha cota de poder ben sexa territorial ou institucional deberá dotarse de organismos que abrangan tódolos aspectos da vida social .

O caso de Corina Porro e a Fundación Puerto de Vigo é de dificil clasificación. No seu inicio, no mes de abril, semellaba que a Presidenta preparábase para unha longa estadía no seu cómodo cargo renunciando a encabezar a lista municipal. Un organismo cun abano de obxectivos tan amplio (investigación relacionada coa universidade e as empresas, elaboración de estudios , promoción turística e obra social) permitiríalle consolidar a súa figura de alcaldesa do Porto e manter a secesión do seu territorio.
Transcurridos varios meses sen que a Fundación dera sinais de vida e despois de ter sido proclamada candidata, Corina Porro aparece no seu papel de de benefactora social presentando actos solidarios. Por suposto que o feito en sí non é nin moito menos censurable pero, o caso é que o fai como presidenta da Fundación. O seu "chiringuito", por fin, parece decantarse por ser unha plataforma electoral máis.
É criticable a contradicción de facer o que antes denunciaron ela e o seu partido pero é inadmisible que a Fundación sirva de cobertura legal para a finanaciación dunha campaña electoral. Os patronos e socios protectores pagarán actividades de doble uso e darán contas nos seus consellos de administración, pero no caso da Autoridade Portuaria eso supón emprego de cartos públicos. Debería o organismo Portos do Estado ou a Xunta de Galicia esixir a dimisión da candidata para "limpar" a campaña electoral?

1 comentario:

Roque Soto dixo...

Fago miñas as palabras do poeta León Felipe:

Quen le dez séculos na Historia e non a pecha
ao ver as mesmas cousas sempre con distinta data?
Os mesmos homes, as mesmas guerras,
os mesmos tiranos, as mesmas cadeas,
os mesmos farsantes
e os mesmos, os mesmos poetas!
Que pena,
que sexa así todo sempre, sempre do mesmo xeito!


Noraboa por o blog.

Unha aperta.