IX ÉPOCA

22.4.06

Ría de Vigo: contaminación con responsables

Parece que algo se move na denuncia sobre os vertidos ilegais de augas contaminadas á Ría de Vigo. La Voz de Galicia informa hoxe que catorce colectivos (confradías de pescadores e plataformas veciñais, entre outros) realizaron onte un percorrido pola ría para denunciar os puntos negros da súa contaminación, acompañados polo deputado de Los Verdes Francisco Garrido.

O día elixido para o percorrido non puido ser máis oportuno, pois contaron coa alianza -non podía ser menos- da madre natureza que os obsequiou onte con chuvascos intensos que provocaron novamente un brutal vertido de augas residuais polos "aliviadeiros" do litoral. Onte podíase ver por enésima vez (e con especial intensidade) as inormes manchas leitosas de augas contaminadas, no litoral dende Bouzas á Guía (casualmente o que os científicos afirman que ten maior contaminación por metais pesados), acompañadas a flote cos habituais residuos sólidos (as resistentes miles de compresas e restos de condóns...) que rodeaban ao trasatlántico atracado na Estación Marítima.

Como ben indicou onte en Vigo Ricardo Prego, do Instituto de Investigacións Mariñas, "son moito máis perigosas as pequenas entradas de contaminantes ao medio, día a día, que unha gran catástrofe". O noso Concello, responsable da rede de saneamento, cada día, chova ou non, verte á ría augas residuais sen controlar nin depurar, pese a estar legalmente obrigado a cumprir as normativas europeas, españolas e locais sobre vertidos. Estamos ante un caso reiterado de incumprimento que ten xa, como consecuencia administrativa máis evidente, a multa da Comisión Europea de 20 millóns de euros. Dende Vigoblog crémos que estamos diante dunha grave irresponsabilidade que debería investigarse penalmente, pois estase xogando, impunemente coa nosa saúde.

Vigoblog continúa e continuará denunciando e informando dobre estes feitos presuntamente delictivos que, lonxe de ser incidentes desgraciados, teñen responsables con nomes e apelidos, por máis que continúen obviando o problema e enganando sobre as solucións.
Os indicios sobre graves irregularidades na xestión do saneamento en Vigo son máis que suficientes. Crémos que se debe esixir a creación dunha Comisión de investigación que determine os feitos e as responsabilidades e dea conta, se fose preciso, ao ministerio fiscal... aínda que moito nos tememos que tal investigación poñería de manifesto a responsabilidade política, canto menos, de tódolos partidos presentes na Corporación municipal viguesa.
¿Será por iso polo que ninguén move máis ficha que a evasiva esixencia dunha nova depuradora -co seu brutal custo económico, ecolóxico e social- cuxa necesidade nunca foi minimamente demostrada?.
¿Terán que ser Los Verdes dende Madrid os que finalmente denuncien?

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Esplendida celebración do dia da Terra! ¿Que tal se Dª Corina Porro firma outra vez a carta de Aalborgh ou o protocolo de Kioto? Pouca vergonza!

Tiago Louro dixo...

Verdes, verdes organizados, hainos en Madrid e noutros lados. Aquí, organizados, son verdiazulóns, e teñen máis patróns que o planeta terra e o sentido común.
E así nos vai, que vivimos nun ecosistema privilexiado e non paramos de maltratalo!

Anónimo dixo...

CONTAMINAR, RECHEAR, PRIVATIZAR, BOTAR DO MAR A 9.900 MARIÑEIROS DA RÍA, 1.124 MARISCADORES, 2.373 ACUICULTORES E 2.109 TRABALLADORES EN TERRA..
DISO SABEN BASTANTE ESTES SEÑORES:

PRESIDENTE- ABEL CABALLERO ALVAREZ

DIRECTOR- LUIS LARA RUBIDO

SECRETARIO- JOSE RAMÓN COSTAS



VOCALES MUNICIPAIS

Concello de Vigo- Corina Porro

Concello de Redondela- Xaime Rei

Concello de Moaña- Julio Martínez



REPRESENTANTES DA XUNTA

Javier Riera- Director Xeral de PSA CITROEN

Angel Rivas- Directivo HORMIGONES VIGO

Julio F. Gayoso- Director Xeral de CAIXANOVA

Alfonso Paz Andrade- Directivo de PESCANOVA

Miguel Angel Lopez Sieiro- Secretario Xeral de Pesca

Luis Espada Recarey- Valedor do Cidadán

Aurelio Romero Serrano- Director Xeral de Presidencia

Vicente Irisarri- Presidente de Portos de Galicia

Manuel Vidal- Enxeñeiro



REPRESENTANTES DO ESTADO

F. Lopez Peña- ZONA FRANCA + 3 vocais

OUTROS SECTORES

Consignatarios de Pontevedra- 1 vocal

Confederación de Empresarios- 2 vocais

Cámara de Comercio- 2 vocais

Sindicatos (UGT)- 1 vocal

Anónimo dixo...

Pois tendes toda a razón, porque o vertido polos aliviadeiros prodúcese en zona de competencia directa da Autoridade Portuaria de Vigo que permiten este atentado ecolóxico sen dicir esta boca é miña e sen denunciar ao Concello, principal responsable da rede de sumidoiros. ¿Cal é a política ambiental da Autoridade Portuaria?: recheos, ocupacións masivas da lámina de auga por psudo portos deportivos, nulo control dos vertidos das empresas alí instaladas... mentras que a Abel Caballero lávaselle a cara cun circuíto de bicicletas nun recheo -o do Berbés- ocupado por un murallón de industrias que podían estar noutra parte.
Lara... ese sempre aboia: é un enxeñeiro da vella usanza, insoportable e posiblemente un dos soportes "técnicos" de tódalas burradas que se levan feito no litoral xestionado polo Porto de Vigo.

Sei que están perfectamente informados da orixe e causas deste vertido. Nada fixeron para presionar ao Concello para ampliar os pozos de tormenta e facer a rede separativa nas obras de Colón e contorno da Alameda, nas que Corina, en lugar de preocuparse deste grave problema, deixou toda a rede de saneamento como estaba (con taxeas de hai un século) para gastarse os cartiños na decoración exterior.
Menuda tropa!!

Anónimo dixo...

Que se dejen de áreas metropolitanas, asociaciones vecinales, tiestos con floripondios y demás. Que arreglen lo importante aunque piensen que como no se ve no les dará votos. Es su responsabilidad el evitar que nuestra ría se convierta en una cloaca. No se puede llevar una ciudad solamente pensando en las elecciones como ocurre en Vigo. necesitamos gente con otras miras y otra preparación. les vienen grande el puesto.
Ojalá tengamos como próximo alcalde a Abel caballero. Me parece más serio y con mayor entidad. A ver si pone un poco de orden en este concello que tenemos lleno de asuntos turbias..

Anónimo dixo...

ceando arreglaron las calles de Vigo ya se dijo en activa y pasiva que dejaban todo el alcantarillado podrido por debajo...Ahora tendremos que invertir de nuevo para arreglarlo. Tendrían que pagarlo ellos por incompetentes

Anónimo dixo...

Eso si que es una urgencia para la ciudad y no los aparcamientos y los floripondios. tenemos unos políticos impresentables

Anónimo dixo...

Y ahora resulta que nos estaban engañando, a nosotros y a la comunidad europea, con el asunto de la calidad de nuestras playas.Todos sabemos que la ría es una auténtica porquería y que si no se cambia ya la política de depuración de las aguas residuales pronto no se podrán utilizar las playas ni comer mariscos, etc..

Anónimo dixo...

Son unos irresponsables y aún encima mentirosos. Que empiecen a solucionar los problemas reales de la ciudad y que se dejen de macanas....Solo preocupa el plan Xeral que permitirá seguir dando pelotazos a sus amiguetes los promotores....y que la depuración de las aguas residuales, el alcantarillado, el transporte público, las zonas verdes se creen solos ya que no dan votos.
Increible que el Bloque esté en el medio de todo eso...

Anónimo dixo...

Da gusto ver lo bien que va el Puerto de Vigo. ¿Qué hacía Pedrosa? ¿calqueira vale para calqueira cousa?
Abel caballero sería un buen y razonable alcalde para la ciudad. Si se presenta tiene mi voto y el de muchos que conozco.
dejémonos de barbis y de especuladores y que entre un político en el concello de esta ciudad que ponga orden en la Plaza del Rey...