IX ÉPOCA

18.4.06

Aboa, fillo e neta, tres vigueses da era romana

18 de abril, Día Internacional do Patrimonio

O poder de internet pemitíu que, nun tempo récord dende a súa aparición, se sometese a estudio e debate científico a ara funeraria romana atopada en escavacións arqueolóxicas na rúa Areal no mes de marzo pasado.

Un lector recoméndanos a lectura dun debate no foro da web Celtiberia.net, "Un ara extraordinaria en Areal-Vigo. Abuela, hijo y nieta, vigueses de la era romana", no que se recolle unha nova e interesante lectura da inscrición gravada nese importante resto arqueolóxico que se expón no vestíbulo principal do edificio central da Xunta de Galicia de Montero Ríos en Vigo.

Reproducimos a lectura final asinada pola profesora da UAM Alicia M. Canto, aínda que aconsellamos, polo seu interese e amenidade, visitar a páxina enlazada de celtiberia.net e lér todo o contido do foro sobre esta Ara romano-viguesa.

Alicia M. Canto é profesora titular de arqueoloxía da Universidade Autónoma de Madrid e especialista en epigrafía latina:

D • M • S •
POS • IVLI
A • OVI • FI
LIO • IVLIO
FAVSTO • A
ANOR • XXXIII
ET • DVRBE
DIE • NEP
TI • SVE • CA
RISSIME
IS • MEIS

Desenrolo:
D(iis) M(anibus) s(acrum) / pos(uit) (hanc aram) Iuli/a, Ovi (o Quti, uxor), fi/lio Iulio / Fausto {a} / an(n)or(um) XXXIII, et (Iuliae) Durbe/di(a)e nep/ti su(a)e. Ca/rissim{e}/is meis.

Consagrado aos Deuses Manes. Xulia, esposa de Ovio (ou Qutio), dedicou (esta ara) a seu fillo Xulio Fausto, de 33 anos de idade, e á súa neta (Xulia) Durbedia. (Monumento dedicado) aos meus (seres) queridísimos.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Y sí esta piedra labrada fuese llevada allí para se 'guardada' tiempo ha?

Anónimo dixo...

Allí también había restos de construcciones de esa época como ocurre por toda aquella zona.

Anónimo dixo...

¿Y montarán de nuevo allí el edificio racionalista que desmontaron tras numerar sus piedras? Fué un camelo como el que hicieron cuando numeraron las piedras del hoy tan añorado edificio que destrozaron cuando construyeron la central del BBVA en Colón- García barbón?
Por cierto, imaginan que eso se consentiría en Bilbao? A buenas horas, vinieron aquí en plan arrasar y menuda porquería de edificio montaron. Deberían gastar parte de sus ganancias en lavarle la cara a esa cosa tan fea que hicieron