“Estamos ante una doble crisis de gestión de la ciudad. Una está relacionada con el urbanismo y la economía y se manifiesta en una situación socialmente intolerable que es el precio de la vivienda. Y hay una segunda crisis más cultural y estratégica que consiste en que todo el sistema basado en la hegemonía de los planes generales no funciona” Son declaracións de Salvador Fraga, presidente do Colexio Oficial de Arquitectos que veñen coincidir co que afirmaba Vicente Guallart nun artigo que comentamos aquí. Confirman ambos os dous que estamos utilizando uns instrumentos de planeamento, e, por tanto, de definición do noso futuro, que non responden xa á realidade. Que podemos agardar entón senon máis desaxustes e inseguridades?
As novas normas preparadas pola Xunta parte, en palabras de Fraga, de constatar que “El fallo de los planes generales es que todo lo piensan, todo lo prevén y tienen unas enormes dificultades incluso de ser aprobados porque se cargan de una trascendencia innecesaria” para entrar “en una etapa posterior a donde el plan general lo decidía todo y se superponen otras actuaciones a través de planes sectoriales y programas supramunicipales. La consellería podrá ejecutar planeamientos y expropiar sin necesidad de que esté previsto en un plan.”
Enténdese que a autonomía municipal de planeamento colisiona coa súa incapacidade económica para desenvolver infraestructuras básicas. O que non queda tan claro é se as novas normas son un recurso ad hoc para poder implementar políticas que atopan nas forzas políticas locais forte oposición.
Vexamos outro exemplo. A Consellería de Industria anuncia unha nova Lei de Comercio na que asume máis competencias para a autorización de centros e grandes locais comerciais. Parece ser que tratan de loitar contra a modelo de centro periférico dominante, tentando diminuir o impacto nos pequenos comerciantes tradicionais, promocionando a normalización lingüistica e, como non, creando un novo corpo de inspectores que velen polo cumplimento da súa política.
Celebraremos desde logo que a Sra. Caride, se e quen de facelo, arranxe as falcatruadas do PXOM e tamén que o Sr. Blanco limite o número de centros comerciais que os seus colegas de partido autorizaron e alentaron mesmo con problemas legais. O que de seguro lamentaremos é a perda da autonomía municipal e, polo tanto, a continuación dun vello e perigoso razoamento que ven xustificar o centralismo pola irresponsabilidade dos gobernantes locais ou pola desviación das políticas correctas. Políticas que hoxe son unhas pero que mañán poden ser as contrarias. Parece necesario repensar os niveis e os tempos de decisión, mesmo habería que poñer en cuestión a estructuración xerarquica actual e pensar en formas de decisión articuladas donde o centralismo fora substituido polas relacións en rede que soportaran os servicios públicos esenciais. Trataríase de fixar aqueles temas que han de ser compartidos pola cidade, pola área, pola rexión e introducir mecanismos de decisión axeitados. Habería , desde logo, que delimitar a responsabilidade dos políticos obrigandolles a dar contas dos seus erros e ilegalidades. Pero as vellas receitas centralizadoras seguen tendo un cheiro a despotismo que ainda que veña ilustrado non fai outra cousa que enmerdellar a democracia.
Sobre mayorales e os seus mozos
-
A cousa pode ser así: aos amos do cortijo gústanlles os boureos. Os “medios
de servidume intelectual”, medios de comunicación fanse chamar, retrasmiten
o b...