O que xa sabiamos, vólveo a repetir Mª José Vázquez Caride con claridade meridiana hoxe: os problemas do PXOM non son consecuencia dunha determinada correlación de forzas no Concello, ou de intereses partidistas coxunturais vencellados ao período eleitoral. Son de legalidade e de seguridade xurídica... por máis que os do BNG local sigan intoxicando querendo facer ver que existe outra posibilidade distinta á de facer as modificacións indicadas por Política Territorial, Medio Ambiente (para cando o informe preceptivo sobre a "excepcionalidade"?) e -por máis que se siga a ocultar- no informe da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
E se esas modificacións fanse finalmente -cousa que dubidamos pois significan un cambio substancial no conxunto dun documento tecnicamente moi deficiente- non queda máis cá unha alternativa para pechar a armazón xurídica do novo Plan: unha nova exposición pública. O demais sería enfrontar ao planeamento de Vigo cunha nova cascada de recursos con grandísimas posibilidades de prosperar... para comezar outra vez como no 93.
O PSdeG crea grupos de traballo sobre lingua, sanidade, clima e economía,
"emerxencias" de Galicia
-
O PSdeG iniciará un proceso de apertura a toda a militancia para que se
some a uns grupos de traballo sobre varias "emerxencias" que, segundo
observa o par...
1 comentario:
"non queda máis cá unha alternativa para pechar a armazón xurídica do novo Plan: unha nova exposición pública."
Pois á vista dos acontecimentos, semella que: vai ser que non.
saúdos!
Publicar un comentario