IX ÉPOCA

21.6.07

Gurús

Da man de La Voz, chégannos hoxe as xa rancias propostas dos gurús coa parafernalia tan manida e pouco comprendida da necesidade de "situar Vigo no mapa". Terror deberiamos sentir diante destas frases da gurulandia sen asegurarnos que sexan entendidas no alegre contexto vigués. En seguida pensarán algúns en grandes fastos ou grandes obras monumentais e todos deberemos, outra vez, botar a man aos nosos petos para asegurar as nosas carteiras.
A cidade debe facerse visible no mundo a partir dos seus propios recursos, das súas oportunidades e fortalezas e non apoiándose en próteses inventadas nun momento de excitación (chámese VOR, Universiada, Menhir de Nouvel ou stands de Turismo en Moscú).

Neste sentido, cóntannos que onte mesmo, nunha conferencia na nosa cidade, o arquitecto e urbanista brasileiro de prestixio mundial, Paulo Mendes da Rocha, para a nosa fortuna encargado do Proxecto de Plan xeral urbanístico da Cidade Tecnolóxica da Universidade de Vigo (CITEXVI), propoñía que ese gran referente, esa marca, fose unha grande Universidade dos tempos da globalización, unha gran institución científica, técnica e humanística con proxección de futuro e con capacidade para traspasar, partindo del, o ámbito local e nacional. Un gran espacio construído a partir dos centros existentes e da materialización do proxecto científico e tecnolóxico e do interesantísimo proxecto urbanístico e arquitectónico que onte expuso na sede da Fundación Caixa Galicia.

Non poido estar máis dacordo con esa suxerencia e coa súa oportunidade. Efectivamente, ¿por que ese gran referente non é a xeración, materialización, "exportación" e "localización" do Coñecemento a partir das nosas propias forzas e potencialidades, dándolles un sentido estratéxico?. ¿Por que non a Universidade de Vigo, a súa Cidade Tecnolóxica e unha auténtica Cidade do Mar punteira en Europa, sen lastres especulativos nin centros comerciais?, ¿por que non convertir o que é hoxe un proxecto estratéxico para a Universidade de Vigo -directamente vinculado ao sector productivo vigués- nunha marca, nun proxecto estratéxico para a cidade e a súa área metropolitana?

Centrémonos nas nosas propias forzas e recursos, dándolles unha auténtica e merecida dimensión europea. Esta, penso, é a única maneira de lograr unha marca diferencial real que non se confunda cos fogos artificiais tipo Volvo, que comezan e acaban en ningures e en nada contribúen ao desenvolvemento real da cidade. E, ao tempo, construamos tamén o contrapunto e complemento desa acción de vangarda tecnolóxica, científica e arquitectónica, poñendo en valor a propia cidade histórica, dende as premisas da cultura urbana contemporánea e non da mentalidade conservadora e vilega que insistentemente se empeñan algúns en demostrar quentándonos a cabeza coa teima de Allariz.

Nin Jean Nouvel nin Universiadas: impulsemos, identifiquemos e situemos nun contexto estratéxico -atraendo, cuns grandes proxectos xa iniciados, os investimentos e recursos económicos externos- por unha parte, ese gran espacio para a ciencia e a tecnoloxía da Universidade de Vigo, unido ao gran proxecto arquitectónico xa en marcha nas Lagoas e, por outra, unha auténtica referencia mundial en investigación e desenvolvemento sobre o Mar na ETEA, barrio de Teis e do mundo.

A oportunidade está servida, só falta que, ademais, a vistamos como corresponde cos tempos do marketing metropolitano serio que as circunstancias do sistema mundial de cidades esixen, queridos gurús.

Actualización
Por certo, seguimos recomendando a lectura do documento que sobre a Cidade do Mar nas instalacións da antiga ETEA redactou a asociación Outrovigoéposible. Pódese descargar aquí.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Y la Cuidad del Mar de la etea no pondría ya a Vigo en el mapa y en un lugar de honor? ¿Qué le puede superar?

Mejor será invertir en los proyectos que ya tenemos no vaya a ser que nos perdamos por dar demasiadas vueltas....

Anónimo dixo...

Confio en que esos gurús lean el post... Que no le den más vueltas y ¡¡todos manos a la obra!!

Anónimo dixo...

Seguir creyendo en pajaritos preñados.......

Anónimo dixo...

¿Y un museo con tesoros de la ría?
Antes de que arramplen con todo los piratas modernos con sus artilugios sofisticados mejor los sacamos nosotros y los disfrutamos...
Se podría utilizar para ello una de esas fantásticas fábricas en desuso de la ciudad

Anónimo dixo...

Cada vez que escoito falar a Santi Domínguez póñome a temblar... ainda que Caballero non se queda atrás. ¿Onde están os representantes da cultura? Deberían facer forza para presionar nas cuestións que son de gran interese. De todos é sabido a ignorancia dos nosos governantes. Santi quere ter o Casco Vello de Oviedo e vota a favor dun plan no que se permite a destrucción de numerosos edificios antigos, algúns con valor arquitectónico. Os promotores son os que van marcando as pautas...

Anónimo dixo...

Es imposible entender la postura el Bloque frente al plan. Es totalmente incongruente con lo que pensamos de él. Me pregunto si será solo por no dar su brazo a torcer frente al psoe, pura cabezonería, o si es realmente un proyecto en el que creen...
¿Menos viviendas protegidas de las que se van a obligar por ley?
¿Pérdida de cantidad de patrimonio en el concello por beneficio de unos pocos?
Yo también creo que van de la mano de los promotores y me pregunto si algunos tienen intereses particulares en las escándalosas recalificaciones del rural.

Anónimo dixo...

Buena idea esa de un museo con los restos de los galeones ¿algo más nuestro que lo que duerme hace siglos en el fondo de nuestro mar, de nuestra ría?
Sin duda todo lo que potenciará a Vigo frente al exterior vendrá de la mano del mar.
Posibilidades de nuestro concello: todas. Sólo que siempre se nos escapan las fuerzas en rencillas absurdas y zancadillas partidarias entre los distintos poderes de la ciudad...
¿No hay posibilidad de que todos unan sus fuerzas ante un gran proyecto: VIGO, sin intentar sacar tajada?
¡¡Necesitamos mentes generosas!! Y unas buenas dosis de humildad...

Anónimo dixo...

Bueno nos queda un consuelo.....

Por lo menos tendremos una Noria..

Pablo Eifonso dixo...

Non penso que sexa unha idea-forza, do tipo da que estamos falando a de facer un novo Museo. Isto con independencia de que dentro dunha programación xeral de equipamentos culturais para Vigo, poidese ser interesante protexer os pecios de Rande e plantearse unha excavación en serio da zona para co extraído compoñer un museo de sitio. Vigo necesita, creo, en primeiro lugar rematar con éxito os proxectos iniciados que finalmente acaban facéndose eternos. No tema museos, dende logo abrir ao máximo nivel o Museo do Mar, darlle unha saída ao Verbum e colocar o Municipal de Castrelos no lugar que merece pola súas coleccións, historia e magnífica ubicación.

Anónimo dixo...

Vayamos por partes. Me corrijan si me equivoco: por lo que leo en el Faro de Chapela, ¿todo el problema del BNG con el PXOM se limita a la extensión de las zonas verdes? Como ya dije en un post anterior, ¿cuando será el momento en que alguien con un par... diga claramente cuales son los verdaderos y ocultos intereses del BNG con el Plan? Recordemos que todo lo que pasa en Vigo desde hace tres años y medio, tiene su origen en este asunto. Ni más, ni menos. La Sra. de Palmírez ya pagó por ello, y el Sr. Dominguez Olveira parece empecinado en seguir con la teima.
Otrosí digo. Sobre el asunto de los "gurús", me tiemblan las piernas al ver al ínclito Güell metido por el medio; solo faltan Fernández Alvariño y el Font de Aproin, aunque está por ver que papel le asignan a Riera, cesante de la "Sitroen".
Pero tutti tranquili, ahora, con el Satélite de Touriño ya nos van a poder "mirar" por todo el orbe y parte del extranjero.
¡Vaya Tropa!

Anónimo dixo...

Se mo permitides, coido que de museos non andamos mal, o que se debe, é que potenciar o que hai.

Por outra banda, penso que cantos máis referentes haxa, máis se potenciará a cidade.

Do "Menhir", non sei que vos diga, porque o outro día vin o "consolador" das augas de Barcelona dende o avión todo arredor e despois ao pé del e gustou-me ben.
saúdos!

Anónimo dixo...

yo también creo que antes que nada hay que sacarle el máximo provecho a los museos que hay en la ciudad.
Primero Vigo necesita rematar todos los proyectos pendientes...
Lo que resulta un poco extraño es que una ciudad con varias ingenierías en su universidad, una ciudad puntera en la construcción naval no tenga un buen museo de Ciencias...
Proyectos para el futuro...cuando se arregle de una vez por todas lo básico. Aun tenemos pendientes los cimientos de la ciudad (saneamiento, plan, puerto...)

Anónimo dixo...

En mì opiniòn el casco viejo ya es un museo en sì. Un bello museo que se podrìa convertir en una zona de recreo y ocio cultural al estilo del Pueblo Español de Barcelona ,en este caso podrìa ser del pueblo gallego, a no ser que Aixo ya tenga algo "visualizado" con respecto al asunto. En fin sobre gustos y colores.....
¡Ay! Se me olvidaba que la mayor parte del casco viejo ya està en manos de los promotores. Estaba yo en un sueño de una noche de verano
Perdòn.