10.9.11
Ideas sinxelas para facer unha cidade
8.9.11
Adeus á Obra Social

Entón que vai facer a Xunta cando se lle veña enriba todo este conglomerado de servizos, edificios e empregados?
En primeiro lugar, debería tomar a precaución de que nengunha das propiedades correspondentes a obra social poida ser vendida para capitalizar NCG. Supoño que non o podería facer pero por se acaso..
En segundo lugar, todolos servizos que teñan o seu correspondente público deben ser absorbidos pola rede pública (institucións educativas, universidade, dependencia,etc) valorando a necesidade da súa existencia.
En terceiro lugar, o resto de elementos deben poñerse no mercado co obxecto de constituir un fondo que permita o mantemento do emprego.
Con esta perspectiva habería que ir pensando nunha planificación eficaz a medio prazo que coordinara as necesidades futuras co potencial sen uso da obra social unha vez que a inútil guerra de prestixios entre CaixaGalicia e Caixanova ten rematado. Por exemplo, en Vigo, a existencia de tres grandes auditorios non casa coa necesidade dunha biblioteca.
En todo caso, nunha das plantas do Centro Cultural debería instalarse un Museo da Desfeita donde ademáis de bustos en bronce de Gayoso, Méndez, Feijoo e outros, se reproduciran os billetes de 50 euros que nos custou esta coña.
1.9.11
II andaina pola protección do Galiñeiro
Máis información na web
Cartaz da convocatoria
Sobre as declaracións de López Chaves (R)
Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” as palabras do novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo o señor López-Chaves parécenos lamentabeis, o único que indican é que, como é costume nesta institución, utilizará o seu cargo para defender os intereses das grandes empresas poñendo en perigo, cando se precise, a nosa ría.
Parécenos espeluznante que a saúde da ría de Vigo, un ecosistema fraxil, muito valioso e un dos mais produtivos do mundo, quede a disposición da produción da factoría PSA de Vigo. Unha vez máis estase agasallando cun bem público, fonte de recursos naturais a unha empresa privada. Empresa subvencionada repetidas veces con grandes cantidades de diñeiro público e que cando peche, ben porque quebra ou porque vai para outro pais, en busca de mao de obra barata, deixará unha ría totalmente estragada.
Non lles chegou com sepultar o banco de ameixa máis produtivo de toda a ría cun recheo de mais de un millón de m2, onde faenaban centos de mariñeiros, senon que están dispostos a amplia-lo todo o que faga falta se a Citroën lle convén.
O Señor López-Chaves fala de que non se farían recheos na ampliación das rampas de Bouzas e que agora din deixar en suspenso mentras Citroën non as reclama, mais no “Documento Inicial del Proyecto de Terminal Intermodal en Bouzas Nuevas Rampas ro-ro ”, sí ven especificado a realización de 420.000 m3 recheos, 650.000 m3 de escolleras e de 165.000 a 330.000 m3 de caixóns de formigón, e 180.000 a 300.000 m3 de dragados na Fase I e 250.000 m3 de caixóns de formigón e 390.000 m3 de dragados na fase II. A ampliación proxectada tería unha supreficie total de 71.500 m2.
Unha ampliación portuaria sexa mediante recheos ou mediante caixóns de formigón é un atentado ambiental, xa que altera a dinámica de correntes, perxudicando a todos os ecosistemas da ría. Por outra banda as obras de dragado poñen material contaminante en suspensión e/ou disolución que afectan aos seres vivos, podendo afectar á saúde das persoas que consuman produtos da ría, tamén enturbian o auga o que fai diminuir a produción primaria por merma da fotosíntese, repercutindo na produtividade xeral da ría. Ademais do forte impacto paisaxístico, que provocaría esta obra de levarse a cabo.
En canto á esplanada feita en Rande, destrozando o litoral nunha zona comprendida dentro do espacio natural protexido “Enseada de San Simón” incluído a nivel europeo na Rede Natura, despois de realizar a desfeita danse conta de que carece de conexións viarias adecuadas para o tráfico de vehículos pesados, e polo tanto que non vale para almacenar contentores. Unha vez mais se demostra a falta de previsión que ,sumado ó último fiasco dos silos de Bouzas onde se gastaron 23 millóns de euros para unhas impactantes edificacións que despois a mesma Citroen nunca utilizou, destapan a falla xeral de planeamento que sempre existiu no Porto de Vigo á hora de fazer obras, así como a falta de sensibilidade polo medio ambiente e a ecoloxía da ría.
Cambian os presidentes da Autoridade portuaria, mais a política agresiva sobre a ría é sempre a mesma, ampliar e volver a ampliar, nunca chega o espazo, para logo construir alí todo tipo de edificacións que nada teñen que ver coa actividade portuaria como centros comerciais, edificios administrativos, naves de industrias, campos de futbol, salas de exposicións.... Ou sexa conseguir solo barato destruindo a ría para especular con el.
(R)
31.8.11
«No nos importa. Nos da igual»
Joseph Roth: fragmento de la última página de Zipper y su padre, 1928 (ed. Acantilado, traducción de Marina Bornas Montaña, Barcelona 2011). Podríamos decir que fue escrito esta mañana mismamente, pues da cuenta de un mismo presagio.
28.8.11
27.8.11
... que a min dame a risa.
O programa Vigo Bici pon a disposición de veciños e turistas ¿oito? si, 8 bicicletas!! .
Un servizo de 8 bicicletas!!!
Para veciños e turistas!!!
Co obxectivo de facelo popular!!!
Que coña ten este rexedor!!!
24.8.11
Ya tenemos en Vigo cine en V.O.S.E.
Multicines Norte nos ofrece una sala de cine en versión original. A ver si entre tod@s conseguimos que la ciudad se eleve un poquito. Ánimo.
Actualmente están poniendo Inside job (2010). Muy recomendable.
15.8.11
¿Pican ou non?
Ya ni los más ancestrales arcanos se salvan del sacrificio ritual a la técnica.
Y pensar que a eso se le sigue llamando teléfono. Como bien nos recordaba Raquel, un teléfono era antes un aparato con el que llamabas a un sitio y preguntabas por alguien; ahora llamas a alguien y preguntas por un sitio.
Xa nin os pementos de Padrón nos van deixar.
Sá Carneiro : ! paga o que debes !
4.8.11
O autobusito de Santi
O despilfarro coa ocurrencia do autobusito (500.000 euros do Plan-E) é xa unha mera anécdota do brutal e irresponsable despilfarro que a daquela Tenencia de Alcaldía "investíu" no que quixo considerar como "territorio liberado" dun BNG que actuou ao marxe da legalidade do PEPRI do Casco Vello e do máis elemental sentido común. Caras medidas cun contido meramente publicitario, demagóxico e cortopracista, que conlevaron o destrozo dos pavimentos tradicionais do barrio -inxustificadamente renovados cando había poucos anos que foran rehabilitados con criterios arquitectónicos e históricos-, o derroche na adquisición sospeitosa do edificio para a Pinacoteca, o gasto inxustificado e insostible a medio prazo da construcción deste suposto equipamento cultural (por certo, que acaban de pechar, supoño que para sempre), a posta en marcha de servizos innecesarios, como os "coidadores de barrio" (que serviron, en xeral, para colocar a amigos e familiares dunha domada e acrítica asociación de veciños, controlada polo BNG), ou os amagos de servizos de mobilidade como as vistosas bicicletas eléctricas, descontextualizadas de calquera outra medida e para a que non foron quen nin de articular un funcionamento operativo normal e un sistema de cobro mediante a obrigada ordenanza.
Os responsables de semellante desfeita quedan impunes -incluido o alcalde, que apoiou por activa ou por pasiva, e por exclusivo interese partidista, as accións do su "socio" de goberno- e unha importantísima cantidade de diñeiro, necesario para investimentos realmente productivos no barrio histórico, foi botada polos sumidoiros. Tampouco o PP vigués, fondamente desmomoriado, lembra que cando se puxo en marcha o minibus, calaron a boca, por se tal, e agora vén a apuntarse ao carro. Indignante.
Esperemos, polo menos, que o bonito e caro microbús eléctrico, sexa recolocado canto antes, nunha liña do transporte publico que cumpra realmente co interese dos veciños de Vigo e sexa económica e socialmente rendable e sostible.
Non podo evitar, finalmente, referirme ao papelón que está a cumprir La Voz de Galicia (do Faro xa nin falo, porque é o voceiro oficioso do alcalde actual, como xa o foi de todos aqueles rexidores que lle deron un trato de absoluto, lucrativo e descarado favor): a mestura entre información e opinión raia xa o ridículo; a incapacidade de establecer unha crítica equilibrada, descargada da fobia a Caballero (fobia que ten a súa orixe, nonos enganemos, na marxinación práctica e económica deste medio por parte do alcalde), faille, por inercia, continuar a defender sen fisuras a infumable actuación do BNG no Casco Vello vigués. Pero axiña se lembrarán de que o BNG xa non poderá seguir sendo o elemento de apoio institucional que compensaba as perdas cando era parte do goberno e manexaba un importante orzamento publicitario. Daquela voltarán a posicionarse cos que lles traten ben na cidade: a Deputación, a Xunta de Galicia e o Porto de López Chaves. Mágoa! todos lembramos que A Voz foi, para moitos de nós, non hai tanto tempo, esa referencia de profesionalidade que nos permitía almorzar cun periódico local sen necesidade de gomitar diante do Faro de Vigo. Aquel periódico valente que soubo manternos informados con obxectividade e con opinión non domada, sobre a catástrofe do Prestige ou de denunciar o acoso e derriba de Ventura Pérez Mariño por parte do PP e do BNG.
3.8.11
O transporte por mar ás praias da Ría: oportunidades perdidas
Descoñezo con precisión a operativa concreta da naviera que pretendía retomar a idea do barco a Nerga, aínda que penso que a solución de desembarco directo en praia non é a máis axeitada no Atlántico e, posiblemente, poidera producir algúns inconvenientes nas manobras. Nada que tecnicamente non se puidera solucionar con tal de que houbese un apoio decidido a esa alternativa e establecido un protocolo claro por parte das autoridades.
En todo caso, a min paréceme obvio que a comunicación razoable, ecolóxica e sostibel entre as beiras da ría de Vigo, é a marítima. Dende logo, os avances na manobrabilidade dos barcos, a tecnoloxía de pantaláns foltantes e a propia normativa é hoxe moito máis propicia para o proxecto de trasnporte a praias sostible, que o era hai un unha década. As posibilidades de minimizar os impactos son altísimas e, dende logo, un barco ben concebido, con motorización axeitada, con 200 persoas, resultará moito menos impactante sobre o ecosisitema que os 50 vehículos aos que máis ou menos equivale. A existencia de restingas nos extremos de boa parte das praias da ría, permiten salvar convenientemente os impactos sobre o areal. A máis, cando só serán utilizados durante escasos tres ou catro meses. Pero enfrentámonos, por unha banda, a intereses moi perralleiros e localistas, como o caso do Concello de Cangas, máis preocupado por asegurarse un bo atasco nas súas rúas dos automobilistas e de satisacer os intereses derivados primeiro da construcción da chamada vía rápida e, agora, da súa salvaxe ampliación. A posición "ecoloxista" semella que non variou en anos e penso que resposta, ou ben a unha visión extremadamente simplista da sostibilidade, ou de algo máis doméstico como é a fantasía de considerar as praias de Nerga, Viñó e Barra, como patrimonio de bañistas "singularizados". Os intereses das navieras non está por planteárense operacións de transporte público: o negocio inmediato e ben lucrativo -que compensa o engorro do transporte público a Cangas e Moaña- son as viaxes de tempada a Cíes: esa é a verdadeira pelexa que dende hai décadas está sobre a mesa.
As prais do Morrazo teñen como público principal aos de Vigo: semella tan obvio que un cómodo transporte en barco ás praias (coa posibilidade -con aquel circular- mesmo de cambiar de praia no mesmo día!) eliminaría miles de vehículos das carreteras do Morrazo, que me dá reparo ter que argumentalo. Un transporte marítimo controlado, asumida plenamente a súa planificación e xestión polas administracións públicas, suporía ademais aforarrse ducias de millóns de euros en duplicar a vía rápida e evitaría o brutal impacto ecolóxico que suporán as obras sobre o maltreito ecosistema da Península, horrorosamente mutilado polos salvaxes cortes que, para aforrarse o custe de túneles, cortan radicalmente os corredores naturais dos montes de Cangas.
Infelizmente, a renovada noticia do intento dun transporte a Nerga, vén dun empresario privado, posiblemente con motivacións -que se me escapan- ocultas vinculadas coa "guerra" da ría entre distintas Navieras, provocada pola "liberalización" do trasnporte de Ría. Xa hai moitos anos que sabiamos que eliminar a consideración de "transporte pùblico" deste itinerario traería a morte deste xeito ecolóxico de comunicación: os feitos estano demostrando e, moito me temo, que, finalmente, só quedará o lucrativo trasnporte a Cíes en tempada. Penso que isto é unha cuestión estratéxica de máxima importancia para a sostibilidade da mobilidade na área metropolitana e debe ser unha iniciativa institucional. Debe ser así porque implica decisións non só vinculadas co control e supervisión das infraestructuras necesarias para os atraques en zonas sensibles e da propia operatividade do servizo, senon que, para que resulte existoso e rendable é necesario ter unha política metropolitana de transporte que vincule o marítimo ao terrestre coa creación dunha auténtica estación intermodal no porto de Vigo e a conexión co trasnporte público de viaxeiros, tanto de autobús como ferroviario (aínda que con isto do AVE, van acabar mesmo coa ruín rede de cercanías que a duras penas se sostén). Trátase, pois, non de acometer accións illadas, senon de planificar un futuro de mobilidade razoable e sostible, moi lonxe das "alternativas" que estamos vendo: desdobre da vía rápida do Morrazo, ampliación da ponte de Rande... máis e máis carretera para un xeito de mobilidade que só interesa ao sector dos carburantes e do automóbil.
A mobilidade sostible na área metropolitana pasa pola definitiva consideración da ría de Vigo como unha vía idónea para o transporte de viaxeiros, tanto o derivado da vida laboral e comercial, como do turístico e estival. Pasa pola creación dunha rede ferroviaria de cercanías que una o eixe Pontevedra-Tui, no que se moven semanalmente miles de pasaxeiros máis cós que moverá o AVE en un ano.
Utopías?... utopía é o modelo de mobilidade que a golpes de improvisación e ocurrencias nos ofrecen os intereses privados e a cativez mental dos nosos representantes políticos. Así non será posible que as vindeiras xeracións poidan disfrutar do extraordinario legado natural e paisaxístico que, pouco a pouco, vemos degradarse. Tampouco será posible articular racionalmente o movemento habitual de persoas e mercadorías na área metropolitana, base indispensable para un equilibrio socioconómico baseado no benestar das persoas.
O mínimo grao de debate social -só manifestado nas respostas "automáticas" das "forzas vivas" do Morrazo- que ten producido a nova da proposta do barco a Nerga é todo un síntoma do baixísimo nivel de reflexión, de cultura urbana e de conciencia ambiental existente na nosa cidade: ese é a auténtica orixe de moitos dos nosos males.
O transporte de ría e a sostibilidade en Vigoblog
17.7.11
O discurso que nunca fará López-Chaves

6.7.11
«a la larga lo que cuenta es cómo se cuenta»

Y ahí nos queda todo ese hacer, reverberando, de Cy Twombly. Este artista estadounidense, residente en Italia desde la década de los sesenta del pasado siglo XX, falleció ayer en Roma a los 83 años de edad.
El artista que del nuevo mundo viró su mirada al mundo de la antigüedad; se instaló en él, lo leyó, lo habitó y lo reescribió con unos lápices y brochas —que no pinceles— activados por gestos perezosos y dubitativos; manieras de empuñar dichas herramientas —se podría, también, apuntar— tartamudeantes. Cómo, si no, afrontar el hacer arte en la segunda mitad del sangriento siglo XX, falsamente clausurado (las soluciones violentas en todos los periódicos aparecen cada día, y la crisis una, sino la más contundente, de esas soluciones es).
Cy Twombly deja intensa constancia en su obra de esa amargura que nos invade al constatar lo poco que hemos aprovechado, a lo largo de los siglos, el paso y el poso que tras de sí nos han legado, entre otros, Dante, Virgilio, la Batalla de Lepanto... Quizá, muy pocos como este culto artista han sabido contarnos de qué manera deberíamos revisitar a nuestros clásicos. Tanta es su relevancia (aunque no para el gran público, ¿y por qué habría de serlo?) que ha sido el primer artista, del que en vida el museo del Prado ha presentado una exposición de su obra; y qué curioso, la obra allí presentada trataba de la vigencia de la violencia ancestral: reinterpretaba, con gesto cansino, La batalla de Lepanto. Y digo lo de cansino, porque hasta cúando, cuántas veces aún tendremos que decir ya basta de fría racionalidad occidental. De la crisis actual del viejo mundo, releyendo a los clásicos, Cy Twombly nos presenta en toda su obra sus gérmenes: el olvido. Delante de esos cuadros repintados, reescritos... acometidos con gestos licuados, como llorando, no podemos contener la emoción que nos produce el volver a reencontrar la luz que de la obra de un Dante, un Virgilio...
El que olvida... desorientado camina.
Comenta en su feisbuc el MARCO que a Moby le ha gustado la globería azulosa que invade sus estancias. Encarcelada está nuestra sensibilidad ante tanta estupidez.
A la larga lo que cuenta es cómo se cuenta. De momento ni el MARCO ni el CGAC nos atraen. Y, no mientan: no sólo de presupuesto económico se trata. ¡Si al menos tartamudearan...!
1.7.11
En Vigo... como en Guantánamo
30.6.11
¿Qué está pasando aquí, con 'nuestra' Caixa?

Lo de la Caixanova es un disparate: al principio parecía sólo una disputa entre Coruña y Vigo por su control, pero después fuimos sabiendo que estaba al borde de la ruina y que sus alegres gestores —Gayoso y Pego—, mientras, peleaban por los nuevos puestos. Un político conocido dijo hace dos meses “Os de Madrí querennos roubar os aforros dos galegos”; en plena tormenta, los sindicatos peleaban por llegar al 90% del salario para los jubilados anticipadamente, y, la heroína de la fusión, la Conselleira de Facenda, preguntada por la cuantía de los activos tóxicos de nuestra Caixa, decía: “Eso es una cuestión confidencial”. Ya.
¿Qué pasa aquí? Según la prensa, lo que pasa es esto: “Los de Madrí” pusieron 1.162 millones para sanear nuestra Caixa y van a poner probablemente otros 1800 (aproximadamente 500.000 millones de pesetas). ¿“Ladróns”?
(Expansión, junio) “ Las pérdidas previstas en créditos e inmuebles se llevan la mitad del patrimonio de Novacaixa”, (Faro de Vigo 11 de mayo) “Las inmobiliarias de Novacaixa suman 320 millones de pérdidas”, (Faro 12 de mayo) “La Caixa acumula casi 600 millones de suelo y viviendas que todavía están sin terminar”, (Faro 18 de mayo) “El presupuesto de este año para la obra social de Novacaixa rondará los 40 millones de euros, la mitad que el año 2010”, (Faro de Vigo, junio) “Fitch coloca a Novacaixa y Unnim en “bono basura”, (El País, mayo). “Las empresas de la Caixa han perdido en este año 61 millones de euros” (El País, 15 de junio). Economistas en el Correo Gallego, 19 de junio: “La administración de los dirigentes de la Caixa fue nefasta, deberían ser apartados y Castellano lo está pidiendo. También falló la supervisión de la Xunta . Los gestores fueron cómplices de la burbuja inmobiliaria y se metieron de lleno en la especulación”. “La obra social de la cajas perdió en estos años 17.000 millones de euros por mala gestión de sus dirigentes que deberán ser apartados” Gobernador del Bº de España (junio)”; “La Caixa dedica 16 millones a un plan contra la crisis” (El País 29 de junio). Sangrante.
Los sueldos de nuestros directivos de Caixa son confidenciales, sólo sabemos el monto total previsto que era, creo que unos 5 millones (hay que buscar en prensa …).
“Islandia lleva a juicio a varios ejecutivos de banca y al primer ministro conservador que gobernaba cuando la crisis” (El País, 7 de junio ); “Reino Unido estudia dar acciones de la Banca salvada con dinero público a todos los ciudadanos ” (El País, junio).
Soluciones: ¿?
Las Cajas, entidades centenarias, en los últimos años se han comportado peor que los bancos: especulando, compitiendo fuera de sus territorios, financiando grandes obras inútiles, y cobrando sueldos millonarios.
La solución de Novacaixa no es que, después de recibir 500.000 millones de pesetas de ayuda pública, salga “al mercado” y la compren los tiburones nacionales o extranjeros por un 30 ó 40% de su valor en libros, convirtiéndose en un banco con nombre galego. No.
Caixanova tiene que volver a ser pública, centrándose en su territorio, con una administración eficiente y honrada como fue la Banca Pública en España o, antes, las Cajas. No podemos perder su importante labor social. También hay que pedir responsabilidades económicas y legales a sus administradores durante estos diez últimos años, que han llevado a la ruina a estas joyas de la corona. Amén .
27.6.11
Unha auditoria no Porto de Vigo
-Pero mire que a anterior Presidenta era do PP.
-Merda!
-E o seguinte é o tal López Chaves.
-Merda, merda, merda!
24.6.11
Mañanita de san Juan
| Mañanita de San Juan, mañanita de primor, cuando damas y galanes van a oír misa mayor. Allá va la mi señora, entre todas la mejor; viste saya sobre saya, mantellín de tornasol, camisa de oro y perlas, bordada en el cabezón. En la su boca muy linda, lleva un poco de dulzor; en la su cara tan blanca un poquito de arrebol, | y en los sus ojuelos garzos lleva un poco de alcojor. Así entraba por la iglesia relumbrando como el sol. Las damas mueren de envidia y los galanes de amor. El que cantaba en el coro en el credo se perdió; el abad que dice misa ha trocado la lición; monacillos que le ayudan, no aciertan responder, non, por decir amén, amén, van diciendo amor, amor. |
Romance anónimo.
A tod@s nuestros seguidores.
23.6.11
Reixa retrocede (en el tiempo)...
...y el CGAC y su director, en el interés que despierta en el público las muestras que nos ofrecen. ¿Cuántas personas del mundo del arte había en esta inauguración? Cierto, no es el número de visitantes lo que define los aciertos de un centro de arte contemporáneo; pero ni tanto ni tan poco.Esta muestra sobre el hacer de Antón Reixa no deja de tener un enorme parecido con la web de cualquier televisión; bastaría con pulsar "programas a la carta" y todo mucho más baratito. Porque, obra, lo que se dice obra, distinguidos Antón Reixa y Miguel von Hafe, no la hay.
Nos interesa el poeta de Rompente y el lider de Os Resentidos.
Distinguido público, pasen. Pasen por el CGAC, y miren.
20.6.11
Seica tocou a primitiva no BNG

Creo que é o máis semellante a que che toque a lotaría: perdes as eleccións, pasas de de 5 a 3 concelleiros -dispois de vir de ter 7-, anuncias que te vas á oposición, con ganas de asustar (lembrádevos de Ventura?), si, si e mentras negocias o que importa... dous salarios de 56.141 euros e outro de 28.070 para o pre-xubilado. Todo para facer oposición ¿a quen e a qué? ¿a quen che paga tan ben?



