IX ÉPOCA

3.8.11

O transporte por mar ás praias da Ría: oportunidades perdidas

Unha nova recente daba conta da iniciativa dunha naviera de conectar por mar Vigo, Cangas e a praia de Nerga. A opción da conexión por mar das praias da ría de Vigo é xa un vello proxecto. Iniciouno hai uns anos Rodrigo Freire (Vapores de Pasaje) cunha proposta moi eleborada de barco circular que uniría Vigo-Samil-OVao-Cíes-Nerga-Liméns e Rodeira. A instalación de sinxelos pantaláns que se poderían retirar parcialmente fóra de tempada, permitiría minimozar o impacto das operacións de embarque e desembarque. Para demostrar a viabilidade deste proxecto, Freire mesmo trouxo durante un par de meses unha modernísima embarcación de hidrofuel, con moita capacidade, silenciosa, moi cómoda e moi rápida que tiven ocasión -como outras moitas persoas e autoridades- de probar. Intereses particulares, apoiados pola Xunta Fraga, botaron abaixo o proxecto e, de paso, a Vapores de Pasaje, coa aquiescencia da Asociación de Usuarios, máis interesada en conquerir manter unha posición de privilexio nos empregos na naviera e con nula visión de futuro. Anos despois, o PP de Corina Porro chegou mesmo a incluir este itinerario marítimo circular entre as súas propostas eleitorais, pero axiña se esqueceron que tal cousa ía no programa: debérona incluir por despiste...
Descoñezo con precisión a operativa concreta da naviera que pretendía retomar a idea do barco a Nerga, aínda que penso que a solución de desembarco directo en praia non é a máis axeitada no Atlántico e, posiblemente, poidera producir algúns inconvenientes nas manobras. Nada que tecnicamente non se puidera solucionar con tal de que houbese un apoio decidido a esa alternativa e establecido un protocolo claro por parte das autoridades.
En todo caso, a min paréceme obvio que a comunicación razoable, ecolóxica e sostibel entre as beiras da ría de Vigo, é a marítima. Dende logo, os avances na manobrabilidade dos barcos, a tecnoloxía de pantaláns foltantes e a propia normativa é hoxe moito máis propicia para o proxecto de trasnporte a praias sostible, que o era hai un unha década. As posibilidades de minimizar os impactos son altísimas e, dende logo, un barco ben concebido, con motorización axeitada, con 200 persoas, resultará moito menos impactante sobre o ecosisitema que os 50 vehículos aos que máis ou menos equivale. A existencia de restingas nos extremos de boa parte das praias da ría, permiten salvar convenientemente os impactos sobre o areal. A máis, cando só serán utilizados durante escasos tres ou catro meses. Pero enfrentámonos, por unha banda, a intereses moi perralleiros e localistas, como o caso do Concello de Cangas, máis preocupado por asegurarse un bo atasco nas súas rúas dos automobilistas e de satisacer os intereses derivados primeiro da construcción da chamada vía rápida e, agora, da súa salvaxe ampliación. A posición "ecoloxista" semella que non variou en anos e penso que resposta, ou ben a unha visión extremadamente simplista da sostibilidade, ou de algo máis doméstico como é a fantasía de considerar as praias de Nerga, Viñó e Barra, como patrimonio de bañistas "singularizados". Os intereses das navieras non está por planteárense operacións de transporte público: o negocio inmediato e ben lucrativo -que compensa o engorro do transporte público a Cangas e Moaña- son as viaxes de tempada a Cíes: esa é a verdadeira pelexa que dende hai décadas está sobre a mesa.
As prais do Morrazo teñen como público principal aos de Vigo: semella tan obvio que un cómodo transporte en barco ás praias (coa posibilidade -con aquel circular- mesmo de cambiar de praia no mesmo día!) eliminaría miles de vehículos das carreteras do Morrazo, que me dá reparo ter que argumentalo. Un transporte marítimo controlado, asumida plenamente a súa planificación e xestión polas administracións públicas, suporía ademais aforarrse ducias de millóns de euros en duplicar a vía rápida e evitaría o brutal impacto ecolóxico que suporán as obras sobre o maltreito ecosistema da Península, horrorosamente mutilado polos salvaxes cortes que, para aforrarse o custe de túneles, cortan radicalmente os corredores naturais dos montes de Cangas.
Infelizmente, a renovada noticia do intento dun transporte a Nerga, vén dun empresario privado, posiblemente con motivacións -que se me escapan- ocultas vinculadas coa "guerra" da ría entre distintas Navieras, provocada pola "liberalización" do trasnporte de Ría. Xa hai moitos anos que sabiamos que eliminar a consideración de "transporte pùblico" deste itinerario traería a morte deste xeito ecolóxico de comunicación: os feitos estano demostrando e, moito me temo, que, finalmente, só quedará o lucrativo trasnporte a Cíes en tempada. Penso que isto é unha cuestión estratéxica de máxima importancia para a sostibilidade da mobilidade na área metropolitana e debe ser unha iniciativa institucional. Debe ser así porque implica decisións non só vinculadas co control e supervisión das infraestructuras necesarias para os atraques en zonas sensibles e da propia operatividade do servizo, senon que, para que resulte existoso e rendable é necesario ter unha política metropolitana de transporte que vincule o marítimo ao terrestre coa creación dunha auténtica estación intermodal no porto de Vigo e a conexión co trasnporte público de viaxeiros, tanto de autobús como ferroviario (aínda que con isto do AVE, van acabar mesmo coa ruín rede de cercanías que a duras penas se sostén). Trátase, pois, non de acometer accións illadas, senon de planificar un futuro de mobilidade razoable e sostible, moi lonxe das "alternativas" que estamos vendo: desdobre da vía rápida do Morrazo, ampliación da ponte de Rande... máis e máis carretera para un xeito de mobilidade que só interesa ao sector dos carburantes e do automóbil.
A mobilidade sostible na área metropolitana pasa pola definitiva consideración da ría de Vigo como unha vía idónea para o transporte de viaxeiros, tanto o derivado da vida laboral e comercial, como do turístico e estival. Pasa pola creación dunha rede ferroviaria de cercanías que una o eixe Pontevedra-Tui, no que se moven semanalmente miles de pasaxeiros máis cós que moverá o AVE en un ano.
Utopías?... utopía é o modelo de mobilidade que a golpes de improvisación e ocurrencias nos ofrecen os intereses privados e a cativez mental dos nosos representantes políticos. Así non será posible que as vindeiras xeracións poidan disfrutar do extraordinario legado natural e paisaxístico que, pouco a pouco, vemos degradarse. Tampouco será posible articular racionalmente o movemento habitual de persoas e mercadorías na área metropolitana, base indispensable para un equilibrio socioconómico baseado no benestar das persoas.
O mínimo grao de debate social -só manifestado nas respostas "automáticas" das "forzas vivas" do Morrazo- que ten producido a nova da proposta do barco a Nerga é todo un síntoma do baixísimo nivel de reflexión, de cultura urbana e de conciencia ambiental existente na nosa cidade: ese é a auténtica orixe de moitos dos nosos males.

O transporte de ría e a sostibilidade en Vigoblog

4 comentarios:

punta greixiña dixo...

O que se estaba propoñendo era baixar aos pasaxeiros na area en Nerga, unha praia de moi pouca pendente. E iso foi o que se rexeitou, está claro que o transporte marítimo sería unha solución aos problemas de mobilidade, pero con propostas máis realistas e de menos impacto que a que se presentou

solicitante dixo...

Que gran aportación P. Eifonso. un artigo que da gusto ler. Unha axuda: tiñan publicado outro artigo en Vigoblog sobre unha teoría da corrupción política que falaba de como os partidos utilizaban a administración para perpeturse no poder con técnicas de endogamía e favoritismos. Podería refrescarme o enlace para volver a lelo?? Grazas de novo.

Pablo Eifonso dixo...

Tal vez te refiras a este, titulado “parásitos”

solicitante dixo...

Exácto. Gracias