IX ÉPOCA

12.12.09

Varas de medir

Secuestran un barco de pesca e piden o envio da armada, o emprego de armas contundentes ( volve o PP das Açores) e mobilizan todo o que poden.

Secuestran a tres cooperantes e ninguén pide que vaian acompañados de seguratas ou do exercito.

Nos dous casos entran en territorios sen Estado donde grupos armados exercen soberanías parciais. Mariñeiros e cooperantes son cidadáns de pleno dereito e contan cos permisos necesarios. Situacións semellantes.

As diferencias: uns van explotar recursos e outros van cooperar.

Son zonas "quentes" con poboacións vivindo en condicións indignas que estoupan en mil e un conflictos. 7.200 millóns de euros non van chegar para "arrefriar" o problema.


4 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa por este comentario. Súmome a todo o que denuncias. Xa ves que todo depende do interés do momento e da política. Anda, cuirosamente coma neste blog. Cando é para falar de Santi-Dosio, todo Dios a escribir coma tolos. A entrada seguinte xa vai polos 39 comentarios. Esta, amigo Paradavila é a triste realidade. Temos os comentaristas que nos merecemos. Hai non, que esta frase é para falar dos políticos.
E mentras, tres cooperantes, que non foron a esquilmar nada, senon a COOPERAR e AXUDAR, sufrindo as represalias por motivos políticos.

Anónimo dixo...

Falamos e facemos comentarios dos que nos enganaron, dos que traicionaron os seus principios. Dos que prometeron e non cumpriron. Dos que sairon do noso lado para marca-lo camiño e nos levaron ao precipicio mentras nos saquean os petos. Denunciamos aos que din una cousa e fan outra. Poñemos na picota aos que estragan o noso patrimonio.
Os cooperantes son xente idealista, fan un mundo mellor, e non o podrecen. Para esa xente que arrisga a súa vida polos demaís o noso saúdo agarimoso. Para os estafadores o reixetamento e a denuncia social.

Anónimo dixo...

Bueno, bueno... Alomejor Sanchez Drago no iba muy desencaminado.

Rata dixo...

Tampoco lo tenían fácil los nacionalistas para quejarse de que los concejales del PP se expresen en castellano cuando es el idioma que utiliza el portavoz socialista. Carlos Font se maneja exclusivamente en esta lengua sin que nunca haya sido recriminado por el Bloque, grupo con el que mantiene buenas relaciones personales.
Lejos quedan los tiempos de Corina Porro, cuando el Bloque logró que concejales que no se expresaban