IX ÉPOCA

15.12.09

A Ria de Vigo está en perigo (R)

A Asociación Bouzas-móvete envíanos, con rogo de publicación, a seguinte nota de prensa:

A RÍA DE VIGO ESTÁ EN PERIGO

Resulta increíbel o rostro que teñen os directivos da Autoridade Portuaria, en concreto a señora Porro que mantén que a ampliación do Areal vai realizarse sobre pilotes, que non se van facer recheos e resulta que xa están a rechear, e pretenden que máis da metade da ampliación sexa de recheo.

De levarse a cabo esta ampliación causaria graves consecuencias ambientais á ría de Vigo, un dos ecosistemas con maior productividade biolóxica do mundo.

Os fundos da Ría estan cubertos de fangos que funcionan como unha esponxa absorvendo os contaminantes, que se liberan cando estes fangos son removidos.
A zona que se pretende rechear e dragar é unha das máis contaminadas da Ría, a súa carga contaminante, acumulada durante décadas está composta de metais pesados (cobre, Mercurio, chumbo, zinco...), hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs) e benifenilos policlorados (PCBs) entre outros. Estes compostos son moi persistentes e de difícil degradación natural, teñen un elevado potencial canceríxeno e capacidade de bioacumulación nos seres vivos, polo que representan un grave perigo, se se poñen en suspensión, tanto para a fauna e flora de todo o medio mariño como para os consumidores dos produtos da Ría, xa que existe un elevado risco de que se introduzan na cadea alimentaria e cheguen aos humanos.

As obras de recheo e dragado supoñen unha constante resuspensión da fracción sedimentaria mais fina e a mais contaminada, coa posta en circulación das sustancias tóxicas que poden estenderse por toda a Ría chegando a zonas de grande interese ecolóxico e comercial como bancos de marisco, polígonos de bateas de mexillón, zonas de posta e alevinaxe, bosques de laminaria, e Zoostera etc.
Mentres os sedimentos contaminados por metais pesados e outros compostos persistentes e bioacumulabeis permanezan no fundo, as condicións hipóxicas e anóxicas do mesmo dificultan a entrada deses compostos nas cadeas tróficas.

A lexislación comunitaria, é cada vez máis estricta nos niveis de metais pesados nos productos do mar, polo que hai risco de perder mercado, distintivos de calidade dalgúns productos pesqueiros e a posibilidade de sancións e prohibición de venda en fresco deses productos.

Ademais o recheo está a facerse con pedra, terras, e entullos procedentes das obras do túnel do AVE, material alleo ao medio mariño que ao chegar ao mar pon en disolución e/ou en suspensión substancias contaminantes prexudiciais para os ecosistemas, e tamén, a fracción mais fina, formará mais fango.

Desde o colectivo Bouzas-móvete esiximos aos responsabeis da Autoridade Portuaria que paralicen esta obra polas graves consecuencias ambientais, de saúde pública e económicas que ocasionaría.
Esiximos tamén que respecten as leis, xa que sen Plano de Usos debidamente aprobado non poden levar a cabo ningunha ampliación portuaria. Se precisan espazo o lóxico é que reordenen e aproveiten ben a supercificie portuaria trasladando todas as naves e empresas alleas á actividade do porto.

Bouzas-móvete 14.12.09

(R)

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Lo de nuestro dirigentes es de juzgado y es que tienen una facilidad espantosa para hacer lo que quieren y como quieren, en la autoridad portuaria, en el concello, en la diputación, en ....y si después está mal hecho que lo solucione el que viene pero el mal ya está hecho, y continuan con sus propias mentiras y ven todo tan normal, que empieza a preocupar. Menos mal que nos quedan sitios como este para la libre expresión, y para Bouza movete enhorabuena por vuestro compromiso con la ría.

claudioataturk dixo...

Bouzas debe moverse pero no solo por los problemas que constantemente nos sacan nuestros Alcalde,concejales y políticos sino preparando una alternativa conjunbta de ciudadanos que, bajo unos mínimos de compromiso salvemos, si salvemos, a esta ciudad de tanta desgracia en forma de ilegalidades, cazos ,incumplimientos, etcc.
La resignación y el ír detrás de la ola solo tiene como consecuencia que unos pocos mangoneen al resto.
Saludos.
Ataturk.