IX ÉPOCA

4.3.06

Denunciamos outra vez os vertidos

O noso habitual comunicante dínos que hoxe sábado 4 de marzo, ás 14 horas, un gran vertido de augas fecais emporcallaba de novo o mar no exterior do espigón do Náutico, co seu habitual acompañamento dun cheiro fedorento e o rebulir de gaivotas e charráns á caza de tampóns. O vertido, que debía levar varias horas fluíndo, formaba unha gran mancha leitosa que se extendía cun radio de máis de 200 metros polo exterior do Náutico e muelle comercial.
Outra vez Vigoblog debe denunciar, por enésima vez, esta agresión impune ó noso medio mariño. A Unión Europea porá os 20 millóns de euros de multa, mentres os responsables deste desastre ecolóxico andan a colocar flores en xardineiras, a mentir sobre o saneamento e a ocultar información sobre as causas polas que a Depuradora non funciona.

Xa non fai falta que chova moito, con que caian catro pingas, os responsables do mantemento abren as comportas a ver se así evitan que os veciños de Coruxo monten en cólera.
E Caballaero, Corina e Santi, facéndose a foto felices nunha luxosa e limpa motora en VigoNau.

Onde están os grupos ecoloxistas?

15 comentarios:

Lorenzo Pardavila dixo...

Pero en VigoNau o que lles preocupa e a non poder acceder ás augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Cies para entendernos) mentras atracan os fermosos barcos a 2 metros desta porcallada. A prohibición afectará á venda de barcos pero esta merda so afectará á administración que pagará multas ou depuradoras innecesarias cos nosos cuartos.

Anónimo dixo...

Acabarán levantando todo para separar las aguas de la lluvia da merda...Siempre pasa lo mismo, hacen las cosas mal una vez, dos , tres... Los que pagan no son ellos...

Anónimo dixo...

Iso non da votos...

Anónimo dixo...

Tanto puerto deportivo, tanto barco...y la ría chea de merda....
Lo primordial es la depuración...que se dejen de milongas y de engañarnos

Anónimo dixo...

Aún me acuerdo cuando nos bañábamos en el espigón del Náuutico, donde el club tenía instaladas las bateas con sus corchadas para los campeonatos de natación. Vale que eran una cutrada, pero bañarse allí suponía que no había tanta mierda. A ver quién se atreve a mojarse ahora. Y los que pescan pescan muxos, panchos y lo que sea alimentados con mierda y metales de esos que no soportan los ecologistas.
Por cierto, los ecologistas están de vacaciones, preocupados por la posible extinción de la foca monje en las Chafarinas.

Anónimo dixo...

Ya, pero lo van a arreglar con la nueva depuradora, que resolverá los problemas de la que decían que serviría para depurar los vertidos de 400.000 habitantes. Por morro que no quede.

Anónimo dixo...

¿por qué cando se fala de mierda os que escriben en castelán poñen merda, ou cando se fala de olores escriben cheiro?
Sempre me pareceu do máis significativo.

Anónimo dixo...

Incluso el agua de las playas a veces.... Yo desde luego ya no buceo como antes, me da muchísimo asco

Anónimo dixo...

Olá:



Síntome aludido en nome da Plataforma para a Defensa da Ría de Vigo-CIES a respecto dos seus comentarios no blog.

“¿Onde están os ecoloxistas?”. ISO MESMO ME PREGUNTO EU!!, acaso non calquera-todos podemos selo?, ou acaso é que um cuantos o levamos gravano na frente?



A PDR-CIES leva DECENAS DE ANOS denunciando esa situación e sen ir máis lonxe esta semana pasada enviou unhas alegacións a respecto do novo colector aliviadeiro que o concello quere abrir no naútico.



Obviamente os ecoloxistas somos transparentes para os actuais representantes do goberno municipal (non para os de antes, cuidado!, non todos os políticos son iguais, outra cousa é que fagan máis ou menos caso, pero o que non cabe na cabeza de ninguén é que nin se paren a falar) e por suposto para os medios de comunciación que censuran TODAS as nosas notas de prensa.



Dende logo os seus comentarios non fan demasiada xustiza á realizade.



Neste momento a PDR-CIES está a debatir a proposta de modificación do porto de Vigo en base á documentación, escasa e por fascículos, que ten enviado a Autoridade Portuaria. Enví oinformación pr se tem interesse em participar ou informarse.



Coa presente convocámosvos á asemblea ordinaria da Plataforma para a Defensa da Ría-CIES, que terá lugar o xoves 9 de marzo ás 20:00 h. En primeira convocatoria e as 20:30 h en segunda convocatoria, no local da Asociación Veciñal de Bouzas, Rúa do Pazo Nº 2, Vigo.


Orde do día:



Lectura e aprobación da acta anterior.

Informe de contas e balance económico

Información sobre actividades 2005.

Posición da PDR a respecto dos proxectos da Autoridade Portuaria: ampliación de Bouzas e Porto deportivo de Vigo.

Varios e rolda aberta de intervencións.



Aquí tes a convocatoria de asemblea da PDR á que quedas convidado.





Un saúdo



Alfredo López

Secretario da PDR-CIES

Pablo González dixo...

Entonces, ¿erais vosotros los misteriosos "particulares" que estais retrasando el arreglo del colector de Urzaiz, según el Faro?

Anarquistas, comunistas, si no os gusta Vigo, volved a Rusia con vuestras jirafas, cubanos perezosos.

Anónimo dixo...

¿Colector aliviadero de los retretes en el nautico?
Me pregunto para qué tanto floripondio si por debajo de ellos reina el caos más absoluto... Mucho traje bonito pero los calzones llenos de mierda....

Pablo Eifonso dixo...

Estimado Alfredo López:
Os nosos comentarios non pretenden colocar flores a ninguén (para iso xa están outros) nin somos quen de ir ou deixar de ir a Asembleas de grupos ecoloxistas. Sabemos da actividade da vosa Asociación e sabemos da dificultade que ten mobilizar á opinión pública dende calquera plataforma. Alegrámonos sobremaneira que aínda exista un mínimo de resposta social ás barbaridades medioambientais que este e os outros gobernos desta cidade levan cometido. Como por exemplo haber pasado absolutamente da construcción de redes separativas ou do control -que legalmente lles corresponde- dos vertidos industriais, de haber recanalizado o Lagares ou de redactar un Plan Xeral insostible.

Estamos con vós na pelexa pola defensa da nosa ría, aínda que vaiamos ou nos ás vosas asembleas. Nós eliximos agora reivindicar cos nosos comentarios, cos nosos argumentos, coa nosa información independente dende ese foro.
¿Onde están os grupos ecoloxistas?
Xunta a vós o preguntamos, aínda que saibamos algunhas respostas.

[Estamos nesa cidade que ten por dubidoso mérito haber saudado e coreado, dende unha suposta "esquerda" os insultos dos esquilmadores do mar a Greenpeace]

Saúdos e grazas polo voso traballo en defensa do noso mar... e noraboa por opoñervos á chapuza descarada do novo "aliviadeiro" do Areal

Anónimo dixo...

Al final tendrán que levantar todas las calles de nuevo y separar las aguas de la lluvia de las fecales ¿Apostamos?

Anónimo dixo...

Comprobamos siempre que llueve un poco en Vigo, cosa que no es nada rara, que las calles se inundan una y otra vez. Sabemos que el sistema de alcantarillado es malo ¿No tienen responsabilidad estos que decidieron tapar los problemas y poner mucho floripondio en la superficie? Tendrían que pagar ellos las futuras e imprescindibles obras...

Anónimo dixo...

LA RIA DE VIGO ME RECUERDA CADA VEZ MAS AL RIO DE LA PLATA DE BUENOS AIRES: 90% CONTAMINADO
NEN