Curioso, moi curioso o emprego do “carácter técnico” das decisións que tanto Concello como Consellería veñen subliñando nas últimas intervencións respecto da ubicación da depuradora. En primeiro lugar, teremos que recordar que toda decisión técnica faise dentro dun marco político e condicionado por unha ou outra opción. Non pode ser doutro modo porque senón teriamos uns “políticos” que só serverían para inaugurar e botar discursiños. Lembren os mais vellos que ise discurso dos técnicos era moi querido polos membros do Opus que tomaron o Goberno franquista no enésimo crepúsculo das ideoloxías. Pero é que ademaís,
CIISA, a empresa que elabora o informe - ¿solución? – do emprazamento recibe directrices da propia alcaldesa como
candorosamente recoñecen no seu propio Xornal. Non é certo por tanto que se
limite a un encargo a unha “buena ingeniería”. E non podía ser de outra forma, ou acaso decidiu CIISA o ambito da actuación? Loxicamente, a decisión trascendental de
resituar o problema a nivel metropolitano, non é unha decisión técnica puramente.
Hai que dicir que, non é malo o enfoque. A verdade é que este problemas deben ter decisións articuladas a diferentes niveis mesmo ata chegar ó planetario, como no caso do Protocolo de Quioto. Agora ben, o presumible espiritu metropolitano de C. Porro e o seu equipo, aparece despois de lle ser negada a ubicación no porto e a a posibilidade de que fora a Xunta que decidise dentro da cidade. E, por se quedaba algunha dúbida, o seu proceso de elaboración,
sen consultas co concello máis afectado, demostra que os obxectivos publicitados non son os obxectivos reais.
O estudio que, unha vez máis, coñecemos con máis detalle, a través do
depositario de exclusivas Faro de Vigo, ten a etiqueta de previo e non se pode xulgar á lixeira. Sen embargo, parte dun principio moi discutible, que é o caracter centralizado da instalación. Co pretexto de “salvar a ría” – e digo pretexto porque ata o de agora, con competencia e medios, C. Porro fixo ben pouco por salvala- preséntase coma vantaxe a emisión en mar aberto e de aí a súa ubicación en Silleiro. Precisemos, por tanto: na boca da ría. Temos que supoñer que CIISA terá feito un estudo de correntes que aseguren a dispersión cara a fora, porque o que si parece ter claro C. Porro é que o que saia da depuradora vai ser contaminante! Curiosa asociación inducida pola experiencia da EDAR do Lagares: depuradora = mal funcionamento. A estas alturas C. Porro e Chema F. deberían saber que hai depuradoras que funcionan ben.
A centralización de calquer servicio faino moi vulnerable e os impactos das averías multiplicanse. Lembren o debate existente sobre o tratamento do lixo na planta de Cerdeda. Sería interesante saber, tamén, se economicamente a construcción do megatunel ademáis de ser un bo bocado para as empresas, é mais barato que a separación de pluviais e fecais e o control de verquidos industrias, que podería redimensionar as necesidade de depuración.
A verdade é que este asunto cheira a manobra política sen depurar, iso que chaman regate curto, é dicir, a irresponsabilidade ante ós cidadáns. Porque, do que se trata é de fuxir da toma de decisións impopulares e de deseducar os cidadáns que desta maneira poden pensar que a súa merda é problema de outros. Hai que lamentar que neste camiño, a
Federación vecinal, máis atenta ós seus propios intereses corporativos,
apoie a solución sen máis debate. Tampouco Touriño , nen o Conselleiro de medio ambiente poden escudarse en contestación técnicas. Alguén ten que facer POLITICA e resolver os problemas dos cidadáns.