IX ÉPOCA

1.9.06

Modelos de cidade

En poucos dias comenzaremos a escoitar falar da ausencia de modelo de cidade. Son verbas preelectorais que uns botan á cara dos outros sen decatarse que todos teñen un modelo na súa mente.
O dos nosos gobernantes actuais non está moi elaborado e responde as características da familia acomodada de hai... polo menos corenta anos!. A casa típica de entón - a cidade agora- contaba cun fermoso salón reservado para as visitas. Ali estaban os mellores mobles e adornos diversos. A vida facíase no "cuarto de estar", revelador nome non me negarán, donde só entraba a familia e á xente de confianza. O salón era para os de fora.
Cunha linguaxe reestilizada, a nosa rexidora, fala de Vigo como unha cidade de ocio atractiva para o turismo. Por iso, crendo que isto ía encherse de visitas con motivo dunha tal Volvo, decidiu engalanar aínda máis o salón. Macetas, flores frescas, un mellor parqué, lámpadas de deseño foron colocada con presas. Agora o Sr. Caballero, preocupado pola impresión que pode dar está cidade ás visitas trasatlánticas, trata de embelecer a súa parcela de salón. Mentras tanto a vida faise no cuarto de estar (Teis, Cabral, Travesía de Vigo, Florida, Beade, Matamá,...)
Por se teñen dúbidas vexan as declaracións do inefable Figueroa que, nun arranque de sinceridade, confirma o modelo e reedita un antigo costume de levar os trastos vellos para a aldea, que ali vale todo.
"De haberse aplicado ese sistema en el anterior contrato, ahora el Ayuntamiento dispondrá de marquesinas muy útiles para las parroquias" As tales marquesinas "muy útiles" son as que hoxe está no centro que serán modernizadas se trunfa a cruzada contra J.C. Decaux.
Para outros, os que redactaron o Plan por exemplo, o modelo é o do arquipélago. Conciben , e fan, Vigo como ducias de illas comerciais e minicidades -auga,deporte-, a donde temos que navegar cadaquén co seu navío, para comprar, ir ó cine, sacar ós nenos, nadar ou facer deporte. Isto asemellase máis a unha residencia donde, salvo as necesidades máis inmediatas -dormir, asearse, ¿comer?- , o resto das actividades esixen desprazarse a lugares centralizados donde "vivir". O Sr. Caballero vense de apuntar tamén á moda.
Contra istes modelos insatisfactorios de cidade, Vigoblog seguirá chamando á folga de cidade - boicot ó salón- que con tanto exito vense levando a cabo tódolos domingos. Iste movemento popular, democrático, independente de poderes fácticos - tamén chamada sociedade civil na confusa versión do Faro de Vigo- produce ademáis efectos beneficiosos xa sinalados neste blog: a explosión multicultural. O centro para os máis perífericos.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Sr. Lorenzo, moi lúcida a sua colaboración. O salón desta cidade sempre o encontro valeiro. Ten vostede moita razón. De todos xeitos recórdolle que non hai pior cego que o que non quere ver.
Graciñas.

Anónimo dixo...

Todos los partidos son unos bocazas..desde el psoe con su posible Caballero,Porro por el pp y el que pongan de bng.Me parece que me voy a quedar en casa sin votar.

Anónimo dixo...

Para mí Cangas sigue siendo màs atractivo. Y soy de Vigo.

Anónimo dixo...

Atractivo en qué?, un cacique de Cuíña por el PP, la posible vuelta del expulsado ex-alcalde Lois Pena y una deslumbrante opción Bloque... Y si es el por el rollo natural, bastante tocado va y adónde puede llegar...

Pablo Eifonso dixo...

O Centro xa está a ser dos periféricos (que lograda a imaxe de Vigo e o pobre imaxinario dos seus gobernantes no teu post!!) que o ocupan como aluguer baixo de casas ruinosas mentras mudan os propietarios para pasar todo o caserío a mans de grandes promotoras que esperan a ocasión propicia (cando xa non quede un só inquilino deses de renta antiga nin ningún resistente propietario normalito) para convertir o centro (especialmente o seu Casco Vello) na residencia ideal para unha clase media alta aburrida xa de emigrar a un chalet no campo e que prefire os servicios da gran cidade coas comodidades dunha zona tranquila, de edificación baixa, peonil e con historia detrás. Nese momento os "periféricos" inmigrantes que agora aproveitan a coiuntura para ter unha base residencial dende a que iniciar o seu novo proxecto vital, verán rescindidos os seus contratos -fácil para o promotor xa- e enviados a algunha "sala de estar" apropiada.
Haberá xa un Vigo para todos. Especialmente para algúns.

Son dos que penso que era necesaria unha intervención urxente no Centro, pois as cidades tamén se desenvolven con referencias históricas e simbólicas e os centros son tamén elementos que moven ao conxunto. O problema é que, efectivamente, a intervención de C. Porro é absolutamente sesgada pois -a ignorancia e a avaricia produce eses montros- se centra exclusivamente en aspectos decorativos sen afrontar de xeito integral a problemática demográfica, económica e patrimonial que alí se produce co obxectivo de re-construir nese espacio a cidade en toda a súa diversidade e riqueza.
Se só decoramos e non intervimos con políticas de infraestructuras, vivenda, urbanismo comercial e protección do patrimonio, deixamos a zona nos cascos dos cabalos da mera especulación, que é o que está a ocorrer. En lugar de un centro interclasista, multicultural, culto, xoven, que resposte á imaxe e no que se identifique o resto da cidade (e isto da identificación coa propia cidade é un elemento de desenvolvemento!) teremos un Centro (o ensanche en sentido amplo) composto de grandes sedes culturais e de empresas, comercio de franquicia e oficinas que se baleirará por completo ás 8 da tarde, e teremos acoplado a él un bonito barrio residencial para sectores da clase media alta (o Casco Vello) adecuado ás súas necesidades exclusivas.
Tanto é así que o único instrumento público relevante posto en marcha na zona é o Consorcio do Casco Vello, coas únicas función de intervir no mercado da vivenda mediante a compra e expropiación de edificios nesa zona. Ten o orzamento para investimentos máis importante dos utilizados ata agora en rehabilitación urbana en Vigo, case 30 millóns de euros pero non ten atribucións para xestionar nada que non sexa adquisición de inmobles e adecuación do espacio público.
A cousa non debe ir moi ben (se cadra xa non queda nada que mercar) porque xa con máis de un ano de funcionamento no seu haber nos ofrece a merca de 40 vivendas (non edificios) e 0 metros cadrados de rehabilitación do espacio público.

Anónimo dixo...

Cangas fue bonito, ahora está destrozado

Anónimo dixo...

¡Moi bo, Lorenzo! para abrir os ollos separando tanta florciña que nonos deixa ver o bosque.