IX ÉPOCA

26.6.05

CONSELLO DA XUNTA EN VIGO

Como ven sendo habitual desde que P.T. sentara no sillón da Xunta no ano 2005 a Xunta celebrou o seu Consello itinerante de Xuño no pazo da Pastora.
Asitiron tódolos Conselleiros e Conselleiras agás a de Planificación do territorio Dª Ánxela Bugallo, que se atopa en Amsterdam no acto da firma do protocolo CLMM (Costas Libres 1000 metros).
O Consello deu luz verde ó proxecto de Transporte Limpo da rexión metropolitana que por fin vai extender o uso de autobuses eléctricos en todo o territorio reducindo ás carreteiras comarcais a circulación de vehiculos individuais de combustibles fósiles.
O Conselleiro de Sanidade confirmou a apertura do centro integrado de saúde nº 65 en Valladares, co que a rede sanitaria cubre en este momento todo o territorio. Lembren que a instalación de centros integrados vaise facendo á par da rede de comunicacións SAV (Super alta velocidade) que permite a instalación de equipos de intervención nas casas dos enfermos.
A Consellería de Alimentación decidiu poñer fin ó plan de rexeneración das rías unha vez constatado que nos dous últimos anos a producción e captura de peixe e marisco acadou o umbral de estabilidade establecido no Plan do 2008. ¨
Ó remate do Consello , o presidente Abel Losada foi recibido no antigo pazo da Diputación , polo Comité da Fundación "Galiza na Historia" que preside o que fora alcade de Pontevedra Miguel A. Fndz Lores a quen acompañaba o xerente da institución Alberto Nuñez Feijoo. O presidente visitou a exposición "Os anos de nunca máis" e asistiron á lección maxistral impartida polo catedrático emérito Domingo Docampo.

Para completar a información pode situar o seu sensor no canle 576 Corporación VIGOBLOG ou ben nas pantallas planas instaladas no antigo tunel de metro.

Ningún comentario: