Hai que ter unha desvergonza raiana coa estupidez, ou considerarnos aos cidadáns como imbéciles redomados, para vendernos a moto de que motu proprio o alcalde e concelleiros con adicación exclusiva no Concello de Vigo, farán o xesto de rebaixarse o salario un 15%.
Claro! o alcalde e o teniente saben perfectamente que, sí ou si, verán rebaixado o soldo cando se publique o decreto do Goberno central polo que se recorta aos funcionarios públicos (eles son a efectos retributivos funcionarios, na súa condición de persoal electo nunha administración pública) unha MEDIA do 5% do seu salario, SEN QUE POIDA SER MAIOR 15%.
Evidentemente, cos xugosos salarios con cargo ao erario público que se concederon os nosos xenerosos munícipes, a eles tocaralles a maior porcentaxe de desconto, ou sexa, o 15% que agora, cun descaro de trileiro trapalleiro, nos venden como un sacrificio voluntario. Amos anda!
O que hai que aturar.
Famosos namorados de Galicia: David Chipperfield, o arquitecto que atopou
en Corrubedo o seu refuxio e un laboratorio de futuro
-
O Premio Pritzker 2023 mantén desde hai máis de tres décadas unha relación
estreita con Galicia, onde ten casa en Corrubedo, abriu oficina en Santiago
de...

2 comentarios:
75% en gastos de mantemento. XXXDDDD
Pues que le bajen el 30%
Publicar un comentario