IX ÉPOCA

8.12.08

Tempo para as decisións estratéxicas.

Unha das características das crisis económicas é que son presentadas como fenómenos meteorolóxicos. Aparecen de repente, os expertos din saber algo das súas causas pero fan prediccións que un dia si e outro tamén fallan. Feitos como que Citroën cerre liñas de traballo cando parte dos seus traballadores están velando ou que se apliquen plans de formación para disfrazar EREs aumentan a a nosa sospeita de que mexan por nos aínda que digamos que chove.
Son tempos estes moi apropiados para ver a profundidade das políticas. Porque é agora cando debían aparecer enriba da mesa as diferencias entre as perspectivas transformadoras e as conservadoras. E, polo visto, a crise agudiza o lado conservador e mesmo da impresión que todos apostaríamos por quedarmos como estabamos dando por descontado que estabamos ben. E é incríble esta apreciación dun pasado recente que estivo cheo de falcatruadas financieiras, problemas medioambientais e desigualdades mundiais.
Chama a atención, por exemplo, que a esquerda gobernante siga pensando que o sector da automoción sexa “estratéxico” para Galicia cando cada vez máis xente opina que ten os dias contados pola crise do petróleo. E seguen promovendo políticas de apoio a unha industria chantaxista que ameaza un dia si e outro tamén coa deslocalización. Ninguén se opón a medidas que garantan ingresos ós traballadores do sector pero na negociación deberamos escoitar que é necesario un futuro donde o coche privado e a segunda residencia non sexan os motores da economía. Pero si ata Obama vai condicionar as axudas!!!
E o plan Renove segue a ser unha pobre resposta conservadora a faga Sebastian ou Fernando Blanco. Trátase de distribuir inxustamente cartos públicos para o consumo privado. E tampouco soluciona as cousas ter un ICO galego ou fusionar as Caixas senón sabemos que tipo de industrias e servizos son os que hai que promocionar. Os parques eólicos e solares comenzan a destaparse como un exercicio de pesca de cartos públicos donde o diñeiro se gaña na construcción e cunha explotación subvencionada. O kw.h producido por istas instalacións págase a 0,42 € mentras que o consumido da rede a 0,17 € . Xa sabemos quen paga a diferencia. E quen vai embolsala: Jacinto, Epifanio, e outros membros da nova burguesía nacionalista (?) emerxente.
A crise colleúnos no momento en que bipartitos recén chegados deseñaban políticas-espectáculo propias dos tempos da abundancia. Agora parece ridículo seguir piando por un AVE ou por un tercer carril en Rande cando non temos aternativa ó transporte por estrada de mercadurias.
Son tempos para as decisión estratéxicas. Vigo, por exemplo, necesita pensarse sen Citroën no horizonte e, polo momento, Caballero, Domínguez, Alvariño e Gayoso non parecen ser quen de enfrontar o problema.
Xa que logo, dentro das miñas competencias, esixo que os 177 euros que me corresponden do fondo anti-crisis sirvan para crear un servicio competente de vixiancia dos verquidos no Lagares e rebaixar o 95% da contaminación da ría que, según o conselleiro do medio, provén da…. depuradora!!!!!

2 comentarios:

Marcos Andión dixo...

Lo dramático de la situación actual es que una vez que el "sistema financiero" fue entronizado como único lubrificante de la cosa, nadie se ha atrevido a trabajar para encontrarle alternativo.
Querido Lorenzo, nos han dejado sin alternativa. Pero es que, además, ni siquiera se preocupan por buscarla.
Mucho I+D+i (Incapacidad + Descaro + ignorancia), pero aquí nadie es capaz de imaginar la forma en que las bases de la nueva economía (certificada la incapacidad de la manejada hasta ahora para proporcinarnos bienestar a todos) han de relanzar el progreso de la humanidad.
Como hemos comentado tantas veces, ¿qué es lo que mantiene a los "cerebros" de este tinglado atados a las viejas formulas que han demostrado su inutilidad a medio plazo?
La inevitable deslocalización de la industria automovilística hacia África y el Este (próximo, medio y lejano) la estamos viendo cada día, pero nadie se prepara para lo que se nos viene encima.
Es fascinante comprobar cómo, cuando las cosas aprietan, los "progresistas" no tienen nada diferente a los "conservadores" de lo que echar mano. Así, se convierten en los sostenedores de un sistema que dicen combatir.
Todo retórica. Y no porque engañarnos sea su objetivo, sino porque no les queda más remedio ya que en sus alforjas no tienen ningún ungüento diferente para tratar el mal.
Y si, para que les hagan un periódico favorable a toda prisa antes de que se convoquen las elecciones, hay que pagarle a Jacinto en parques eólicos, pues eso. Igual que siempre.
En fin, que ni renovación, ni progreso, ni transparencia, ni naranjas de la china. Y todo lo dicho vale para unos y para otros; incluso para los que no son unos ni otros.
¿Qué nos queda, entonces? Quedamos nosotros, los ciudadanos, aunque seguimos creyendo que los que elegimos van a cuidarnos lo nuestro.
No sólo estamos perdidos, sino que, además, estamos rodeados, como ya ha dicho El Forges.

Anónimo dixo...

Non temos alternativas pero si pistas xa transitadas. Por exemplo Nokia era unha empresa textil e agora non lle vai mal.