IX ÉPOCA

16.11.05

A cultura do alboio

Disque é unha das señas de identidade dos galegos. Cando facemos a casa nunca chegamos a construir todo o necesario. Uns por aforrar cuartos e outros por non telos. O caso é que logo hai que gardar o coche ou o tractor e facemos un alboio; hai que gardar a leña, e facemos un alboio; temos que instalar unha caldeira e facemos un alboio. O panorama é unha casa rodeada de construccións singulares que dan lugar ó feismo que tanto combate o COAG.
O malo é que esta cultura do alboio pervive nas prácticas de moitas persoas que son responsables de institucións importantes. Vexamos algúns exemplos.
Unha prestixiosa Universidade prepara un plan de tráfico. Pero un parking protesta e inventamos unha rotonda "ad hoc". Os técnicos anímanse e suprimen ali un carril , aqui prazas de aparcamento. O plan convirtese nun feixe de alboios.
Houbo que "meter o gas" e fixemos zanxas. Máis adiante houbo que facer colectores e fixemos zanxas. Logo chegou o "cable" e de novos fixemos zanxas.
Os famosos barquiños da VOR so tiñán previsto estar 24 horas en Vigo e como a Santiago e a Corina non lle chegaba a nada, fixeron un alboio: disque firmaron un papel con Pedro Campos.
Constrúen un colector importante pola rúa Urzaiz pero deciden "tapialo" antes de chegar o final. Agora hai que facer un alboio a maiores.
Preparan un PXOM , reciben unha chea de alegacións e deciden zanxar o tema cuns informes sen firmar. Un alboio maís.
¿Alguén ten nesta cidade un proxecto completo para facer algo ou seguiremos anos e anos construindo alboios?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estos 'añadidos' definen una manera muy nuestra de ocupar y cercar los espacios vitales. Sería de desear una estética más 'amable'. Los cabaceiros, canastros,... son también alboios...