IX ÉPOCA

10.8.07

O edificio de Cluny, para a Biblioteca Estatal en Vigo

Finalmente parece que o Ministerio de Cultura vai crear e construir a Biblioteca do Estado en Vigo. Dende Vigoblog queremos contribuir a que tal decisión non prolongue a súa resolución anos e anos, e propoñemos unha ubicación viable e, crémos, idónea, para este equipamento cultural público: o edificio do antigo Colexio Cluny, na Gran Vía de Vigo.

As razóns desta proposta son, entre outras:

  • A rapidez coa que é posible logralo, habida conta da súa situación urbanística, da que logo falaremos;
  • A súa ubicación céntrica e ben comunicada
  • A posibilidade de conservar un edificio catalogado, de valor histórico, mediante a súa rehabilitación e adaptación aos usos de Biblioteca;
  • O freo á operación especulativa que dende o ano 1998 se pretende consumar nesa céntrica parcela, hoxe propiedade da empresa de Valeri Karpin.
  • O mantemento do uso público dotacional da parcela, tal e como actualmente se atopa no planeamento vixente e (aínda que de xeito conscientemente ambiguo) no documento do PXOM en tramitación.
  • O limitado valor urbanístico que en conecuencia ten co grao de catalogación e usos admitidos actuais, ao non ser admitidos polo Concello no ano 2003 o convenio urbanístico do 98 (Manolo Pérez) nin a reforma deste na nova proposta de convenio de maio de 2003 (Xabier Toba).

Crémos que é unha opción inmediata, viable legal, económica e tecnicamente. Esperamos que as razóns para rexeitala non veñan das presións de Karpin, que adquiríu a parcela coñecendo sobradamente as condicións urbanísticas actuais que non permiten a derriba do edificio nin máis uso có de equipamento.

-------------------------------------------------------------------------------------------
A pequena historia urbanística do Colexio Cluny en Gran Vía:

Xa nos anos 70, coa aprobación da Lei Xeral de Educación, o Concello de Vigo tentou evitar unha previsible fuxida dos colexios situados no centro urbano de Vigo, animados pola posibilidade de dar o pelotazo coas súas parcelas e montarse no extraradio. Daquela o Concello aprobou o denominado Plan Especial de Equipamento Escolar, que limitaba esta posibilidade e que evitou en certa medida a desbandada xeral.
Sen embargo, no ano 1998 e coa coartada da adaptación á LOXSE, Cluny se prepara para a venda e para instalarse en 2.000 nun edificio de nova planta na rúa Carballo. Para posibilitar a operación de venda, Manuel Pérez asina coas relixiosas un convenio coa exclusiva finalidade real de que a congregación poida financiar e facer fronte ós gastos e custos que se derivan da construcción das novas instalacións.

O 29 de decembro de 2000, a Congregación transmitíu a “Inversiones Canaima, S.L.” os seus inmobles na rúa Gran Vía núm. 12 a cambio das obras executadas do novo edificio escolar e da cantidade previamente estipulada.
Os novos propietarios, en maio de 2003, fan unha proposta de novo convenio a Xabier Toba, Daniel Pino e Xabier Rivas, para a súa inclusión no novo Plan Xeral en tramitación, no que se mantén a posibilidade de solo urbanizable lucrativo, se ben se melloran as cesións públicas respecto do convneio anterior.

No mes de outubro 2003 trátase no Consello da Xerencia de Urbanismo, baixo a presidencia de Ventura Pérez Mariño, unha reclamación dos actuais propietarios da parcela do Colexio Cluny. A proposta do PSOE é non dar por válido o convenio asinado por Manuel Pérez nin a proposta da promotora de novo convenio de 5 de maio de 2003, recollida inicialmente polos redactores do PXOM (Consultora Galega) e a promotora (Xabier Toba concelleiro de Urbanismo). Esta proposta impide de feito as pretensións indemnizatorias da promotora e abre unha posibilidade real de manter a edificación do colexio actual e o seu uso dotacional público. A impecable fundamentación xurídica da proposta, fai que se aprobe por unanimidade e se manteña o seu uso educativo. No PXOM en tramitación consta como "uso dotacional", sen especificar cal.
Pode consultarse a acta completa desta sesión da Xerencia de Urbanismo aquí (pax. 7 da acta).

En xuño de 2006, Inversiones Canaima vende a Valery Karpin o edifico e parcela. O ex-futbolista pretende que se inclúa no Plan Especial do Ensanche unha proposta urbanística nova, da que non dá detalles. A redacción deste Plan Especial foi contratada polo Concello á sempiterna Consultora Galega e leva xa máis de dous anos de retraso na súa entrega.

Estamos hoxe, pois, urbanisticamente, diante dun edificio catalogado e calificado como para uso público de equipamento escolar. Agora quedaría por diante unha boa negociación coa propiedade, a adquisición do edificio, a redacción do proxecto de rehabilitación e a construcción e inauguración da nova Biblioteca.

Queda tamén e sobre todo, a planificación necesaria dunha rede municipal de bibliotecas que afronte dunha vez por todas o desértico panorama bibliotecario actual na nosa cidade.

FOTO: Javier Albertos. Vigoenfotos.

ACTUALIZACIÓN 12.08.07

Segundo informa hoxe o Faro de Vigo, outra vez en exclusiva, Abel Caballero manexaría "Cluny o el antiguo rectorado como ubicación de la futura biblioteca estatal". Descoñecemos se tal nova sae realmente da alcaldía ou é o Faro mesmo quen, despois de lér a nosa proposta (démoslle conta por correo electrónico, onte á mañán, do noso post publicado o venres), aposta por ela. En calquera caso, parabéns, de ser certo, ao alcalde porque crémos sinceiramente que é unha magnífica ubicación. Dubidamos, sen embargo, que o antigo reitorado poida albergar en boas condicións estas instalacións.

13 comentarios:

Pablo González dixo...

Amigo Pablo,

como mencionas es increible que se hable de hacer una "gran biblioteca" estatal mientras no se menciona nada respecto a elaborar un proxecto que nos ponga en un lugar digno en este aspecto. Mientras sea recibir pasta, parece que llega.

Muy buena idea lo del Cluny. Karpin es un negociante al que le gusta quedar bien, y seguro que estaría dispuesto a cambiar esa finca por una edificacbilidad jugosa en otro sitio.

Puesto que se trata de plantear y elaborar un proyecto viable por parte del Concelo, es poco probable que llegue a buen puerto.

Anónimo dixo...

Si la parcela es de Karpin, abandonad toda esperanza.

Pablo Eifonso dixo...

Eu opino igoal, Pablo, respecto ás posibilidades de negociar con Karpin. Como verías, cando comprou, declarou ao Faro que reconoce que la que pretenden desarrollar en Gran Vía es "una operación de riesgo", dadas las dudas jurídicas respecto al convenio de 1998. Pois haberá que lembrarlle que cando se arrisca, pode un perder. E o Concello, se quere, pode xogar perfectamente neste caso ao pao e a cenoria.
Vexamos onde poñen se non a Biblioteca Central. Porque na Panificadora (xa me gustaría!) véxoo máis difícil dados os "compromisos" urbanísticos vergonzosamente asumidos nesa parcela.
Saúdos.

Pablo González dixo...

poden metelos libros dentro dos silos, xunto cos expedientes. ¿non dicían que era o importante da panificadora? pois o importante da biblioteca son os libros. Como leite e café.

Anónimo dixo...

Por finm tería unha biblioteca, máis cerca da casa

Anónimo dixo...

Contesto a la propuesta de Raquel López en otro post (allí ya indiqué la conveniencia de centrar un posible debate sobre este asunto en un solo sitio).
El edificio del antiguo rectorado creo que es pequeño para este uso. Podría albergar, en todo caso, una biblioteca más pequeña, pero deberíamos aspirar a una a la altura de lo que nuestra ciudad merece, con todos los servicios y espacios que una biblioteca contemporánea requiere, de forma que se convierta en un auténtico centro cultural y no en un mero depósito de libros.

Raquel Lopez dixo...

La verdad es que sí; anulo la entrada y el contenido ahí va:

El pasado día 3 de julio, antes de que César Antonio Molina fuese nombrado ministro de Cultura ya propuse aquí una posible utilidad para el edificio de la calle Oporto esquina a Arenal (antigua y breve sede del despacho, como alcadesa, de Corina Porro).
Opino que esa biblioteca debería instalarse en este edificio por el hecho de que es esta zona una de las de mayor densidad de población de la ciudad. Y para el edificio de Cluny deberían trasladar el ambulatorio de la Seguridad Social que actualmente está en la calle Cuba, cuyas instalaciones están lejos de cumplir la normativa aplicable a tal uso.
Ojalá —en todo caso y situación— esa biblioteca estatal se abra pronto y con amplios fondos.

Anónimo dixo...

Los "acuerdos" a los que se llegan ultimamente tienen mucho de regateo... como bien comentáis, esta céntrica parcela pertenece a Valeri Karpin.El coste del auditorio se duplica, hay que llegar a un acuerdo, o sea, el resultado final, es que se saca todo el dinero que se pueda a mayores del presupuesto al que se adjudicó la obra.En el Cluny,se quiere hacer una biblioteca estatal, pero pertenece a karpin, hay que llegar a "otro acuerdo": mucha pasta o otro solar privilegiado para especular.
Karpin no debería poder haber comprado ni Cluny ni o Barrio do Cura, ni nada que debe ser de todos los ciudadanos de vigo.
Caballero está jugando a "para tí esto y para mí esto".Desconfío de la iniciativas sociales o culturales de un alcalde que vé como al lado del ayuntamiento se hunde la Panificadora.

Propongo que hagan una "casa encendida"(pero no con gasolina)en la panificadora,
Propongo que hagan la biblioteca estatal en el cluny y que no le paguen ni un duro a los especuladores.
Así de simple

traperia dixo...

Yo propongo que la biblioteca estatal se realice fuera del centro, en una zona donde hay deficit de ellas y donde tenga un gran uso potencial, en la actualidad ya existen bibliotecas en el ámbito del berbés/centro de vigo, mientras que otros barrios están completamente marginados en este aspecto. Vería más lógico por ejemplo que esa dotación se llevara a cabo en la zona de balaidos/coia debido a la gran cantidad de estudiantes que las habitan y para paliar la sobresaturación de la biblioteca universitaria de Peritos.

Aunque lo lógico sería crear una red de bibliotecas que diese servicio a toda la población... pero me parece que sería algo utópico para una ciudad como vigo, más preocupada en despanificar.

Amando dixo...

Sería deseable y necesario que una biblioteca no sólo cumpliese la función de aula de estudio como prolongación de la del instituto o universidad. Necesita la ciudad una biblioteca con un fondo representativo a la cual acudir para consultarlo y disfrutarlo; y ésto no hay, hoy por hoy, en Vigo donde poder hacerlo.

Anónimo dixo...

Vean por donde lo vean siempre les va a salir el fantasma de Karpìn.
Lo de la Panificadora ( si se cae sola mejor), està directamente conectado con el plan de Karpìn-Salgado y Cìa. para el Barrio del Cura, pasàndole por encima al paseo de Alfonso XII, cumplida ya la etapa del asilo. Cualquiera que se asome a la baranda del paseo puede "visualizar" perfectamente la situaciòn. Yo estoy directamente debajo, testigo directo de las embestidas de dicho consorcio "ayudado" siempre por los concejales de turno.

Anónimo dixo...

¡Ay el fútbol! Menudos elementos promotores engendra...
¿No se trata de un deporte?

Anónimo dixo...

anónimo "vean por dónde vean..." podríamos "visualizar" una mágnifica estampa del pasado, ver como tiran a la basura los pedacitos de la maqueta del Plan Palacios, después de estar años tirada en "a casa das artes".Al fantasma le encanta hacer desaparecer las cosas...el partido fantasma que gobierna hoy vigo.
Así andamos