IX ÉPOCA

23.7.14

A "obra social": a privatización continúa


A recente historia das caixas ilustra o principio de socialización das perdas ( o saneamento de Novacaixagalicia custou máis de 9000 millóns de euros públicos) e de privatización de beneficios (o Sr, Escotet mercou un banco saneado a prezo de saldo) Aínda máis, para aqueles que falaron do sector financieiro galego quedou claro que as decisións sobre créditos e mesmo sobre boa parte do patrimonio artístico e inmobiliario están hoxe en mans de empresarios que por responderen a interesen privados pouco nos vai a importar a súa procedencia ou donde se reunan para decidir..
Pero a cousa non para. O proceso privatizador continúa. O lóxico desde o punto de vista dos cidadáns sería que a cambio dos millóns arrincados dos servizos públicos, os restos do naufraxio das caixas, a mal chamada obra social, pasara a mans públicas. Sen embargo na configuración do patronato da “Afundación” aparece Abanca con nove representantes a cambio de cinco millóns de euros. Por que Abanca e non o Santander? Por qué nove representantes, máis que ningunha outra institución? Que apaños hai por detrás?.
 
Pero o proceso privatizador segue tamén por camiños máis disimulados. Debido as dificultades de financiación a obra social debe (sic) aplicar criterios de rentabilidade na súa actuación como, por exemplo, cobrar o aluguer de instalacións aos colectivos ou organizacións cidadás e co mesmo argumento comenzará un proceso de venta de centros e inmobles.
Especial relevancia ten o caso da Escola de Negocios de Vigo, oscuro obxecto do desexo dunha das universidades privadas máis conservadoras, a de San Pablo CEU que conta en Vigo cunha Escola de Maxisterio. A campaña propagandística comenza con un comunicado da dirección da escola solicitando a privatización, aparecen artigos de prensa denunciando os atrancos que a univesidade de Vigo pon á ampliación de títulos e comparando o enorme deficit da Escola de Vigo co éxito da da Coruña. Complétase a manobra cunha campaña publicitaria  da San Pablo para facer amigos entre os medios de comunicación. 
 
Tirando do mesmo fío, Abel Caballero denuncia a falta de claridade na ubicación da sede da Afundación e levanta a súa voz para decir que Vigo non vai estar no patronato . Un paso maís no populismo abeliano que cada dia afunde máis a cidade na depresión.



O problema non é a sede senón  o desmantelamento da mal chamada obra social que tiña un papel execesivamente protagonista na política cultural da cidade - co beneplácito de cantos gobernos pasaron polo concello- e viña promovendo entidades privadas para dar servizos públicos como é o caso do Colexio Fogar San Roque ou a mesma Escola de Negocios.
Que facer agora cos restos ? Pois antes de que nos argumenten que vai ser inviable o mantemento das institucións e patrimonio e procedan a súa venda a prezos de risa para favorecer a uns amigos, debemos esixir que a institución pase a ser pública ou sexa dependente das institucións democraticas locais: os concellos . Paralelamente os servizos publicos (Colexio Fogar, residencias , Escola de negocios,..) deben ser incorporados á rede pública nun proceso de transición que asegure o respeto polos traballadores e usuarios. Recuperemos o que pagamos.


1 comentario:

Ataturk dixo...

Me alegra el regreso de L.Pardavila y acertado su artículo sobre la Fundación de la Caja.
Los fondos logrados por Caixanova y antes por la Caja de Ahorros MUNICIPAL de Vigo, sobre todo en pintura, bien merecen otro trato.
No soy localista acérrimo pero tal como están las cosas y la poca cabeza de Don Abel en su política populista pasaremos a perder identidad y calidad poco a poco. Aunque estos días a bastante velocidad.
Propongo como primera medida negociar con Abanca, vaya nombrecito, el cambio a Teatro García Barbón, como todos le llamamos desde siempre, y conseguír su caracter público, contenido incluido.
Tampoco debemos dejar de mano que se nos aclare la situación del Auditorio, sus plazos y adjudicación, incluso la idea de adaptar la UNED en un sitio que se construyó para cubrír las necesidades de Vigo en otros campos bien diferentes.
Volvamos a la carga de la inteligencia contra el mal hacer y el aprovecho de unos pocos. Poco a poco ganaremos y Vigo tendrá la calidad que se merece.
Saludos.
Ataturk