IX ÉPOCA

7.4.11

Non por vello senon por malo, Gayoso e Cia. deben cesar.

O viguismo desenfrenado do alcalde lévao a defender ao presidente de NCG sen deterse a pensar que foi Gayoso e os directivos das dúas caixas os responsables na desfeita. Ten razón cando di que Feijoo tamén o é. E Ordoñez, e... poderíamos poñer uns cantos máis. Pero o certo é que, como en Islandia, os executivos deben pagar polos seus erros.
Non se trata de enmascarar a petición de responsabilidades metendo por medio a idade. Deben sair da caixa non por vellos, senon por ineptos.
E tampouco se entenden esas filtracións dos créditos das deputacións, concellos e partidos. Só é chantaxe ou a fumareda para decir que todos son culpables do desastre.
En realidade, os problemas veñen polos créditos a promotores, contructores e na participación en industrias endebedadas que hoxe están devaluadas no mercado. Diso podería falar Paz Andrade presente nos Consellos de Caixa Galicia e de Pescanova.
Agardemos que os inversionistas "galegos" que con tanto afán buscan Xunta e NCG non acaben sendo estes mesmos que estiveron aproveitando a súa influencia. Lembren o caso do Banco Galego, propiedade de Caixanova, donde os creditos ian parar nos accionistas minoritarios.
Xa que imos salvar NCG cos noso cartos ( what else? que diría George) , a nacionalización "light" polo FROB debería servir para poñer no seu sitio a estes directivos: na rúa

3 comentarios:

Claudio Ataturk dixo...

La información sobre los créditos, avales y primicias a favor de los consejeros, García Costas en promer lugar, dan una medida del trato de favor de las caixas galegas, pero eso no es lo más grave. Llama la atención el trato de ocultación y respeto de los medios cuando si fuera otro el tema veríamos el fuego cruzado que se traerían. Voz y Faro, ambos.
Para salír de este asunto con un mínimo de dignidad y futuro deberían INMEDIATAMENTE dimitir todos los consejeros anteriores, que lo son todos, de caixanova y caixagalicia.
Mientras esto no sea así el problema no se resolverá.
Sres. a la calle que ya se han forrado bastante, sino tendremos que recordarselo de otra forma.
Saludos.
Ataturk

Pablo Eifonso dixo...

Se estivesemos nun sistema realmente democrático, cunha separación efectiva dos poderes xudicial, lexislativo e executivo, o destino destes señores non debería ser outro cun xuízo no que un tribunal determine os danos causados, os enriquecementos ilícitos producidos, as responsabilidades e as penas que en xustiza procedesen.

Anónimo dixo...

Lo más triste es que aun después de todo lo hecho, esta gentuza se cree intocable, es tan dificil cambiar. Algún día cambiaremos.