IX ÉPOCA

3.9.09

BOLSA CACA

Clienta: Y mire ¿por qué retiran las bolsas?
Cajera: Es por el medio ambiente, sabe. Es que tardan 400 años en deshacerse.
Clienta: Aaah? Claro.

Que a publicidade distorsiana as verdadeiras causas das cousas é algo que todos sabemos. No caso das bolsas ao aforro que os comerciantes van facer na compra hai que engadirlle os 0,34 céntimos por kilo de plástico que teñen que pagar en concepto de separación e reciclaxe nos puntos verdes. E non é unha cantidade despreciable. Carrefour ou Alcampo poden mover unhas 6000 toneladas de bolsas. Asi que non só se trata de “botar unha man ó medio ambiente” . De ser ese o obxectivo principal ben poderían empezar polos “blisters”, eses envoltorios, tamén de plástico e ben incómodos, empregados para presentar e manipular os productos con facilidade. Claro que eliminar estes envoltorios igual aumenta a necesidade de man de obra e ata aí non chega o ecoloxismo empresarial.




Para moitos consumidores a desaparación das bolsas vai supoñer un grave problema. Algúns volverán ao carriño e outros levarán as que teñen no caixon da casa. Agardemos que non sexan moitos os que compren as de plástico vexetal porque dunha pataca poden facerse unhs dez bolsas e xa saben o que pasou cos biocombustibles: igual temos que pagar máis polos cocidos. Algúns pensamos que este sistema de compra masiva e centralizada en grandes superficies vai tendo demasiados inconvenientes. E os deseñadores de cidades deberían meditar sobre a supresión das bolsas gratuitas. Hai anos, cando uns poucos ecoloxistas pedían a súa desaparación , poñian cara de suficiencia. Pensen que igual vai pasar co motor de explosión, co mar, coa vivenda etc. Xa sei que non é mérito dos ecoloxistas que hoxe desaparezan as bolsas. O seu mérito está en ter avisado que era un despilfarro que seguiremos a lamentar por moito tempo.

1 comentario:

Marcos Andión dixo...

¿Desde hace cuántos años venimos viendo en el cine salir a los compradores en los supermercados de los EE.UU con bolsas de papel?
Lo que me pone los pelos de punta es la seguridad de que la retirada de las bolsas de plástico acabará por ser rentabilizada únicamente por quienes las promporcionan ahora.
Vivimos en la era del plástico y de los superembalajes. Que nadie se imagine que saldremos de ella antes de que quienes nos metieron saquen rendimiento económico al asunto.
Igualito que en el caso de la crisis financiera ésta: que dejamos que sean los que nos han metido en ella (banqueros sin escrúpulos) quienes se encarguen de sacarnos. De momento ya van por la primera fase, que es la de reponer sus pérdidas con el dinero de todos, para seguir inventándose "productos" que les permitan incrementar exponencialmente sus beneficios personales a cuenta de los supuestos beneficios sociales.
Por supuesto, Lorenzo, ¡caca de la vaca!