IX ÉPOCA

12.8.08

El non o faría

Leo o Faro de hoxe, e creo que Gaspar, Jean Floc´h, corre perigo.
Despois de miles de quilómetros e varios anos de singladuras entre Bretaña en Leixoes, entre Vigo e Moaña, parando a descansar e a "falar" cos humanos en cada porto, despois de sorrir aos cativos e respirar ata o foondo dos nosos tímpanos cos seus saloucos na dársena do Berbés. Despois de amosar, xeneroso, centos de veces o seu lombo ás nosas caricias e á ilusión de que a ría está viva. Despois de decidir que o porto de Vigo e a súa xente, lle gusta... cometeu a equivocación de xogar cun buzo e atacar á sacra economía das empresas locais. Un xogo que para Faro de Vigo é "un ataque" e que Jean Floc´h realizaría máis veces noutros portos sen que ninguén tirara tan tremenda conclusión.
Gaspar está en perigo despois do titular do Faro: que non nos ergamos un día coa terrible nova de que Gaspar, o Jean Floc´h dos bretóns desapareceu para sempre en Vigo e ninguén saiba nin como nin quen foi.
Gaspar, Jean Floc´h, para seguirmos considerando herdeiros do mar, debe ser protexido. A Consellería de Medio Ambiente saberá como facer para facer compatible as súas visitas co traballo dos buzos, seguro. Saberá como indicar aos cidadáns que respecten as normas de seguridade necesarias con estes animais (por máis domesticado que estea, como está, Gaspar).
Todo menos despedir con caixas destempladas, no mellor dos casos, a ese ser vivo cuxa existencia depende, xa por completo, da confianza que depositou no xénero humano.
Nono abandonemos: el nono faría.

FOTO: GREMMAR (Gaspar en Leixoes)

4 comentarios:

Raquel López dixo...

¿Que los animales 'depositan confianza' en el género humano?
Me parece que hablar así, en esos términos es de rancio romanticismo. No puedo por menos de recordar aquí lo visionario que fue Diego de Velázquez en sus 'Meninas'; representa en primer plano la docilidad (el perro), luego lo cómico (la enana), luego lo infantil (la infanta), luego la mirada (el pintor), luego el poder (en el espejo),... la mitad superior del cuadro en sombra (la duda que se avecina sobre la divinidad); es decir, Velázquez nos da cuenta de lo infantil que puede legar a ser la mirada humana.
¡Vengan crónicas sobre el delfín y olvidémonos de cómo guerreamos entre nosotros!
Salud y días de sol.

Pablo Eifonso dixo...

Benquerida Raquel: os animais en xeral non depositan nin deixan de depositar confianza no xénero humano. Sinxelamente actúan conforme a comportamentos instintivos na súa maior parte, e aprendidos, nunhas especies máis cá noutras. Nada de romanticismo ata o de agora ¿non?. Pero eu aquí falo de Gaspar. Gaspar é un arroás(delfín mular) entrenado, ou sexa, domesticado, eu aínda diría máis: non salvaxe ;-). Aquí as teorías sobre a súa procedencia van dende que é unha "unidade militar" das que se sabe que utiliza o exército USA, que se escapou canda o furacán Mitch afectou ás bases navais americanas nas costas de Florida, ata a de que se escapou dun acuario. Os golfiños (como tódolos animais nesa condición) en estado salvaxe teñen unha desconfianza (ese termo que che parece rancio romanticismo é o máis axeitado que atopo para explicar o comportamento defensivo fronte a un posible enemigo -sexa competidor, sexa depredador-)instintiva fronte ao seu depredador humano. Esa desconfianza protéxeos -por anticipación- dos males posibles e probables que lle poidan infrinxir. O entrenamento de Gaspar, a súa domesticación basearíase en técnicas diversas, posiblemente case todas baseadas en técnicas de condicionamento operante (o de Paulov do condicionamento chamado clásico, é un pouco de rancio romanticismo, superado polas teorías dos conductistas e cognotivistas de americanos e soviéticos) que requiren, como reforzo, a seguridade para o animal de que, respostando ás habelencias que lle ensina o ser humano, non vai recibir dano. Ou sexa, dito en roman paladino, a confianza depositada no xénero humano (Gaspar non ten, neste sentido, ningunha confianza nos do seu xénero e especie, pois está documentada a súa agresividade coas mandas de arrozces da ría) é unha resultante básica do entrenamento recibido. Esa confianza é a que lle fai "baixar a garda" por completo -ao contrario do que ocorre cos seus colegas salvaxes- na súa interacción con humanos. Esa confianza depositada no xénero humano é a súa maior debilidade no medio natural no que agora vive. Depende absolutamente a súa vida de que esa regra aprendida nos entrenamentos, non sexa traicionada (perdón por este novo rancio romanticismo). Gaspar está absolutamente a mercede das mesmas mans "amigas" que o convertiron nun miragroso -marabilloso- ser amaestrado nun medio salvaxe. El mitiga tal paradoxo habitando no medio da "tecnoloxía humana", portuaria, perseguindo motores e achegándose, confiado (perdón de novo ;-)), ao seu principal e insaciable depredador.
Ademais, querida Raquel, ti xa sabes, que eu son un romántico irredento, loitando permanentemente contra o verniz cultural e científico que a sociedade se empeñou en darlle. Permanentemente avaliando a que parte do mundo paga a pena adicarlle a cabeza, e a que parte o corazón.
Bicos

Pablo Eifonso dixo...

Hoxe continúa "o drama" nos medios. Así o recolle La Voz; e así segue o Faro.

Anónimo dixo...

Raquel, dende Chapela, ben vida á casa...Un biquiño, non quero molestar. Perdón.