Así entende o tenente Domínguez & Cia o que é rehabilitar un pavimento. Un pavimento, ademais, que xa fora rehabilitado, sen ser arrasado, hai poucos anos.
¿Lembran vostedes as douradas pedras da rúa Oliva, a súa textura marcada polo tempo, o encontro romo entre as lousas, a continuidade do seu singular debuxo en rombos? ¿Gardan na retina as luces que producen as sutilmente abombadas pátinas antigas, a coidada disposición dos enfaixados de pedra, os reflexos da chuvia sobre a superficie gastada?
Este dafotografía é o novo Casco Vello: arrasado todo o antigo, que os pobres e brutos ignorantes confundiron con vello... e o renovaron, ben que o renovaron! As rúas Real e Oliva poden chamarse xa con propiedade e para maior gloria dos taberneiros da zona, rúa das tapas.
A bárbara actuación sobre os pavimentos do barrio histórico de Vigo por parte do bi-goberno BNG, gastandose varios millóns de euros na salvaxada, é o maior atentado perpetrado contra o patrimonio cultural do Casco Vello, só comparable ás décadas de abandono e incuria, aínda que estas, canto menos, permitiron que nos chegase un legado deteriorado, pero, ata antronte, rehabilitable.
O que non puido destruir totalmente o tempo, arrasouno Santi Domínguez, Dosio Álvarez, a absoluta ignorancia e atrevemento dalgún enxeñeiro municipal e o silenzo cómplice dos estómagos agradecidos da asociación veciñal e de comerciantes do barrio.
Aquí os teñen vostedes: pousando para a historia:
E a outra foto para a historia: a rúa Oliva antes de ser renovada:
A prisión por distribuír drogas a domicilio nun taxi
-
Co seu arresto tamén se desarticula un punto de venda en O Inferniño, en
Ferrol.