26.11.10

¿Por que se funde Marqués de Valladares?

E por que se funde Carral e se fundirá Velázquez Moreno e a Praza de Compostela... As obras de "humanización" de Corina Porro, con toda a súa decoración de caro granito rosa venezolano e do traballo case esclavista de mociños portugueses, son pura decoración, pura epiderme. Así o denunciou Vigoblog, entre outros, nun post do 19.7.2005 que, baixo o título "Obras na Alameda, cloaca máxima" denunciaba a estafa dunhas obras de urbanización que deixaban sen tocar os sumidorios de pedra decimonónicos que quedaban por debaixo dos mal colocados lastros da superficie.
Para cando os responsables políticos e técnicos municipais -que os hai e que seguen a dirixir impunemente obras de urbanización no Concello de Vigo-  pagarán co seu patrimonio e co seu posto de traballo este latrocinio?

3 comentarios:

  1. Por certo, que fai o valedor do cidadán? Por qué non abre unha investigación de oficio para aclarar estes fraudes ós cidadáns? Non será acaso que o propio valedor é un fraude?

    ResponderEliminar
  2. Ramón Barrientos27/11/10 21:20

    Espada Recarey??? é mesmamente un fraude. Non hai máis que ver a quen encarga os seus estudos sobre ruido pagados con cargo aos presupostos municipais.

    ResponderEliminar
  3. O que a min gustaríame saber é quén é o cidadán ese que ten valedor, porque os demáis semella que non temos ren.
    Se chego a dar có fulano es que ten valedor voulle preguntar para que lle valeu o valedor. En caso de resposta satisfacotoria, propondrei ó Concello (¿Alcaldía?, ¿Tenencia?) que faga rotacións, como Guardiola, por ver si nos toca ós demáis por turnos.
    E, a pregunta do millón: ¿para que vale o valedor?
    (Non puntúa dicir que lle vale a el, que iso xa o sabemos).
    E unha nota de actualidade: cando vexas as barbas do tripartito rapar, pon as do bipartito a remollar.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.