27.11.10

Facendo números

Comenta a xente e confirman as enquisas que cada vez somos máís os descontentos co comportamento e coas propostas que nos fan os políticos mediáticamente presentes. O caso de Cataluña vai ser unha pedra de toque para comprobar a traducción electoral deste fenómeno.
Teremos que atender a varios datos interesantes:
  • a abstención que vai dar unha idea da capacidade do sistema para seleccionar aos participantes reducindo ó xogo a grupos cada vez máis mediatizados por propagandas e intereses
  • o voto blanco que permitirá detectar unha postura crítica co funcionamento dos mecanismos partidarios.
  • o aumento de partidos con representación parlamentaria que pode poñer en cuestión consensos ocultos entre gobernos e oposicións e, sobre todo, dar lugar a novos modos de goberno.

Dos tres datos o único que verdadeiramente incomoda ós partidos establecidos é a aparición de novas propostas. No caso de situacións con maiorias mínimas isto da lugar a situacións problemáticas que dinamizan á política. Pensen no caso de Vigo cunha situación estancada desde hai anos. Sería posible rachar con esta situación? Os números din que si.

É tan difícil que, poñamos, 6000 votantes acordaran levar outra voz ó concello?

1 comentario:

  1. Si es posible y necesario pero empecemos por preguntarnos : ¿ nosotros colaboraríamos ? Siempre es igual, protestamos, criticamos, pero los grandes partidos saben que no tienen rival, sobre todo por la ayuda interesada de los medios de comunicación.
    Que Corina, Abel y Santi sigan da verguenza ajena.
    Yo estoy dispuesto a luchar por un cambio radical ¿ Y tú ?
    Si lo estás ya somos dos.
    Mi email: claudio.ataturk.sanchez@gmail.com
    Empecemos.
    Saludos
    Ataturk.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.