O que xa sabiamos, vólveo a repetir Mª José Vázquez Caride con claridade meridiana hoxe: os problemas do PXOM non son consecuencia dunha determinada correlación de forzas no Concello, ou de intereses partidistas coxunturais vencellados ao período eleitoral. Son de legalidade e de seguridade xurídica... por máis que os do BNG local sigan intoxicando querendo facer ver que existe outra posibilidade distinta á de facer as modificacións indicadas por Política Territorial, Medio Ambiente (para cando o informe preceptivo sobre a "excepcionalidade"?) e -por máis que se siga a ocultar- no informe da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
E se esas modificacións fanse finalmente -cousa que dubidamos pois significan un cambio substancial no conxunto dun documento tecnicamente moi deficiente- non queda máis cá unha alternativa para pechar a armazón xurídica do novo Plan: unha nova exposición pública. O demais sería enfrontar ao planeamento de Vigo cunha nova cascada de recursos con grandísimas posibilidades de prosperar... para comezar outra vez como no 93.
"non queda máis cá unha alternativa para pechar a armazón xurídica do novo Plan: unha nova exposición pública."
ResponderEliminarPois á vista dos acontecimentos, semella que: vai ser que non.
saúdos!