14.5.10

A inconmensurable jeta do Goberno municipal de Vigo

Hai que ter unha desvergonza raiana coa estupidez, ou considerarnos aos cidadáns como imbéciles redomados, para vendernos a moto de que motu proprio o alcalde e concelleiros con adicación exclusiva no Concello de Vigo, farán o xesto de rebaixarse o salario un 15%.
Claro! o alcalde e o teniente saben perfectamente que, sí ou si, verán rebaixado o soldo cando se publique o decreto do Goberno central polo que se recorta aos funcionarios públicos (eles son a efectos retributivos funcionarios, na súa condición de persoal electo nunha administración pública) unha MEDIA do 5% do seu salario, SEN QUE POIDA SER MAIOR 15%.
Evidentemente, cos xugosos salarios con cargo ao erario público que se concederon os nosos xenerosos munícipes, a eles tocaralles a maior porcentaxe de desconto, ou sexa, o 15% que agora, cun descaro de trileiro trapalleiro, nos venden como un sacrificio voluntario. Amos anda!

O que hai que aturar.

2 comentarios:

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.