13.5.10

Gayoso opina que hai que reducirlle o 20% aos funcionarios

Gayoso analiza la situación económica española a modo de aviso a navegantes: "Es pésima. Aunque no nos guste, si no queremos acabar como Grecia, habrá que reducir el 20% los salarios de los funcionarios".
El País Galicia recolle así as palabras de Gayoso ao Comité de Empresa dos "funcionarios" (sen oposición) de Caixanova.

Pola súa banda, o ex-auxiliar de contabilidad da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, comprométese a apretarse o cinto e botar máis esmola no cepillo en misa e conxelarse o seu soldo de 500.000 euros.
Pensionistas, médicos, profesores, mestres, bombeiros, enfermeiras, policías e administrativos vigueses que asisten entusiasmados ao trunfo de Vigo na súa loita coa Coruña, promoven que se dea o nome de El Chino a unha rúa viguesa.
Abel Caballero ri, e aínda non sabe en que tipo de farola investirá o diñeiro que se aforre nas nóminas dos funcionarios municipais. Seica se baixará o soldo e, a pesar de que non son funcionarios, conxelará o salario dos 14 amigos contratados a dedo que pacen e fanlle a ola na alcaldía.
O Comité de persoal do Concello de Vigo, aplaude, un tanto despistados.

E la nave va...

3 comentarios:

  1. Curioso, porque desde logo, este señor si que é funcionario, o que ten é unha praza fixa a proba de todo. ¿Vaise baixar el o 20%? ¿E canto pensa que gañan a maioría dos funcionarios? Será capaz de pensar que gañan coma el.
    ¿Por que temos que aturar a esta xente? ¿E Díaz Ferrán, hoxe recibido en Moncloa? Outro que tal baila.
    As medidas difíciles e impopulares son mellor entendidas cando veñen acompañadas de xustiza social, pero esa parece a gran ausente agora.

    ResponderEliminar
  2. voglio una donna14/5/10 09:40

    Gayoso, sencillamente...un desgraciado. Lo mejor de los tiempos de crisis es que a cada uno se le el plumero, y al pájaro éste, el primero.

    ResponderEliminar
  3. Pois non sei de que se alegran en Vigolandia. A sede social é o único que é importante, porque é o único que non se pode modificar (hai que modificar estatutos via asamblearia, permiso da Xunta, etc), todo o demais vai e ven. Ainda mais, polo menos entanto non acabe o proceso de fusión haberá duas sedes administrativas en todo momento, e estamos a falar a 3 anos vista. Para entón Gayoso (esperemos) xa será historia, e xa verá onde van os despachitos (na Coruña propiamente, os da C.A.G. xa mudaron mesmo de concello varias veces).

    A única leitura que hai nesta altura e que Gayosito, envolvido na bandeira do paifoquismo vigués, necesita mais tempo para tapar toda a merda que deixa, é dicir, os libros non están feitos como na caixa mafiosa do norte. A quen lle queden dúbidas, o prazo de prescripcións para delitos fiscais coincide co tempo que Gayosito pedia. Terá que arranxarse con 18 meses. Con certeza que é tempo sobrado para tapar as suas miserias, mais talvez non para tapar as dalguns dos seus beneficiados...

    Igual o da farola do teu artigo acaba conseguindo o que leva tanto tempo buscando ("el que la sigue la consigue"): acabar na cadea. Gayosito e Méndez como o de CCM: aqui haxa paz e mais tarde gloria. Amén.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.