17.10.09

O Hidria II, é noso

Os vigueses non podemos permitir que este anaco da nosa historia e patrimonio local, desapareza das nosas augas. Se así ocorre, seremos novamente responsables, como o fumos da desaparición do Campaláns, do Roberto, do Illas Ficas e de todos e cada un dos testemuños da nosa historia que a ignorancia e a especulación fixo desaparecer en todos estes anos.
O Hidria II debe ter un lugar destacado no noso Porto, para que poidamos contemplar cada día a súa preciosa liña e navegar co suavísimo toco toc da súa máquina de vapor de 1905. Non teño ningunha dúbida de que tal atractivo é infinitamente superior có da fonte multimedia da mesma Corina Porro que non é quen de atopar 30 metros de cómodo, permanente e accesible atraque para o Hidria II nos quilómetros de litoral que administra.

Como berraban os portuenses meses antes de conquerir rescatar o Coliseu de Oporto para a cidade: O Hidria II... é noso!

Que a sonora buguina de limpo fume branco do Hidra II, como a voz oceánica de Jacobo e Sesé, continúe a cantar polas ondas do mar de Vigo!

4 comentarios:

  1. Noso no eh, porque si es así, lo venderíamos nosotros, y lo vende Vapores del Atlantico....
    La cuestión es hacer algo porque se quede como patrimonio, y creo que hay gente que sigue este blog que puede ayudar a conseguirlo...
    Blog de Vigo

    ResponderEliminar
  2. pero como? Como facer algo polo noso patrimonio? Ben vemos o que lle pasa á panificadora.

    ResponderEliminar
  3. Si Zona franca o el Concello tuviesen algo de dignidad se harían con este pedazo de historia viva, y se dejasen de tanta fuente inserviblo o tanta universiada,(debe ser que esto no tiene mucho margen) y recuerden que todavía está y dará mucho que hablar. Esto no pasa en Cataluña, o Euskadi, y sino verán como este barco acaba por alli.

    ResponderEliminar
  4. Chegou o momento, entre todos conseguirémolo. Necesitamos os donativos, inda que sean pequenos. O vapor Hidria Segundo xa ten atraque en Vigo. Agora mentras o Porto de Vigo prepara o pantalán de atraque, nos os armadores temos que conseguir fondos para reparalo e levalo para Vigo.
    Animádesvos?

    https://www.paypal.com/pools/c/8fiHdcyBGa.

    Gracias.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.