
SÓ hai unha resposta posible a tan extraño comportamento: perante a dúbida, Figueroa (e o BNG coa súa transcendental e sorpresiva abstención en xullo de 2003) optou -paradoxicamente nun representante dos intereses xerais- por arriscarse A FAVOR da parte privada e CONTRA os intereses públicos. SÓ hai unha resposta posible para que un representante público opte, en caso de dúbida, por favorecer unha operación privada que moverá, a favor da multinacional, moitos millóns de euros no seu beneficio: que representa realmente os intereses desa empresa privada.
A música patética a todo isto, e da que neste blog dimos comprida e desglosada información, pona o curiosísimo convenio secreto asinado por C.Porro e ING para o patrocinio da Volvo e que, a estas alturas, segue sen ser desvelado polos actuais gobernantes. Case o 50% do total aportado por ING, foi parar casualmente ás contas das empresas Significantia e Abano, relacionadas con Mapi Egea, xefa de gabinete da Porro e do "proveedor de oportunidades" Pedro Costas, socio da "sogra de Mapi". Isto é, lévanse 677.625,60 euros do millón e medio aportado, en concepto aínda non se sabe de que "servizos" publicitarios e de comunicación. Ou sexa, 100 millóns das antigas pesetas para un lado e o resto, para os gastos, que algo farían... que a estes exipcios gústalles sempre redondear.
É a obriga dos actuais gobernantes ensinarnos a tódolos cidadáns tamén, ademais dos informes técnicos que agora amosan, os documentos do convenio secreto de Corina e Mapi que, cando estaban na oposición, reclamaron pública e reiteradamente. Como é a súa obriga reclamar as responsabilidades que correspondan, e non só as "políticas".
Dende Vigoblog, aportamos o noso gran de area á recuperación da memoria neste asunto: non hai máis que clicar na nosa etiqueta temática. Que ninguén se escaquee agora con mentiras ou con silenzos. As actas da Xerencia de Urbanismo están aí para avergonzalos.
Dalle... machiño, non arrugare.
ResponderEliminarAlgunos por dignidad deberían de salir de la vida pública ya.
ResponderEliminarSu itinerario es bochornoso. A mí se me caería la cara de vergüenza
Queda por esclarecer o paple de Carlos Soto na redacción do convenio con ING. Este funcionario que, polo visto, goza da confianza dun goberno tras outro debería explicarse.
ResponderEliminarIso non é nada co que pasa en Redondela, que levan o diñeiro en efectivo da caixa municipal, por centos d millons, Voz de Galicia, de hoxe.
ResponderEliminarXa que fala de Redondela, parece, ser que os convenios urbanísticos, firmados, onde a edificabilidade chega os 0,85% unha verdadeira atrocidade, agora, non aprobaron o Pegou no tempo marcado. A Xunta, di que ó 40% ten que ser de precio tasado, non saen as contas, quen vai perder, hai un mar de fondo, entre promotores i concelleiros, que as ondas non deixan ver a Peneda. Soto vas ter que deixar de ir montar a cabalo con Mapi a La Alpujarra.
ResponderEliminar