8.11.05

Máis merda, ás portas da Volvo



Día
: 8.11.2005
Hora: dende o primeiro chaparrón da mañán ata a noite (as fotos están tomadas ó redor das 18,30 horas)
Lugar: Porto de Vigo: tres grandes vertidos: Espigón exterior do Náutico de Vigo (nas fotos), dársenas do Areal e recheo do Berbés
Un cheiro penetrante inconfundible de augas fecais.

N
ovamente un gran vertido á ría de augas fecais mesturadas con pluviais e con todo tipo dos residuos habituais na rede de saneamento (tampóns, compresas, condóns...). O vertido é aínda de maior entidade có do día 11.10.2005 xa denunciado dende estas páxinas.
As mesmas causas: a non execución das infraestructuras subterráneas de separación de augas pluviais de fecais nin de instalación de pozos de tormenta nas novas obras de Colón e do contorno da Alameda.
Responsable: o goberno municipal e a obsesión de Corina Porro por gastar o orzamento das obras en meras apariencias en superficie. A "oposición" continúa calada.


4 comentarios:

  1. O esceario de VIG05 vense abaixo. Rompen as ruas, asulaganse os baixos da zona 05 e as beirarruas son un "mar" embravecido. Corina neste mar de confusión, segue a mar de ben. Mecajo na mar salada!!

    ResponderEliminar
  2. Non entendedes: esto é "Abrir Vigo al Mar", versión Porro.

    ResponderEliminar
  3. Pablo, eres un cachondo. Abrir Vigo al Mar no es culpa de Corina; ella sólo lo ha "mejorado". Antes teníamos una plaza, más o menos escarallada con las tumbas etruscas aquellas que había puesto Arca, y ahora, sólo con ponerle una pastizara encima, ya tenemos "piscinas", como la Porro en Vilaboa. Lo que a ésta se le escape...

    ResponderEliminar
  4. Pablito ¿no ves que esta mierda abona la piscifactoría viguesa? Quita la mano de ahí que te van a salir ojeras de tanto porrear.
    Ya lo dice el anuncio "consuma peixe de la ría". Venga: todos a cagar y mear pa la Volvo inaugurar. ¿Tú abonas?

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.