O Concello de Vigo iniciou as obras para a construcción dunhas escaleiras mecánicas na rúa II República (antes Baixada a Príncipe) no Casco Vello vigués, cun custo de máis de 500.000 euros. O proxecto, que non está recollido en ningunha figura de planeamento, incumpre o Plan Especial de Protección do Casco Vello (PEPRI) en, polo menos, tres aspectos:
- falta de previsión da actuación no planeamento vixente
- eliminación de pavimentos tradicionais protexidos no PEPRI
- modificación prohibida de rasantes
Obviando este incumprimento, as escaleiras son, ademais, inútiles, contraproducentes e inoportunas.
Inútiles pois non solucionan ningún problema de accesibilidade. Por unha banda, porque son só de subida; por outra, porque existen xa boas alternativas de accesibilidade sen necesidade desa obra que destroza un espazo público tradicional que estaba en perfecto estado: o itinerario peonil, cunha pendente aceptable; un itinerio que vai dende a Porta do Sol á rúa Pracer, por Abeleira Menéndez, que estaba a ser usado por cada vez máis persoas como alternativa para subir ata o Concello e o Castro. Un itinerario accesible cun alto valor urbano e histórico que, ademais, é o segundo tramo doutro maior que comunica, de xeito ameno e natural, pola rampa do Centro Comercial da Laxe, a zona portuaria coa praza da Pedra, Constitución e Porta do Sol.
Unha obra contraproducente pois interfire na consolidación do itinerario peonil, que acabamos de comentar, ao supoñer un atallo que, evitando a rúa Abeleira Menéndez, resta posibilidades de uso desta rúa e, consecuentemente, de posibilidades de negocio nesta.
Unha obra inoportuna polo que significa de derroche en actuacións innecesarias nun momento de escasez, no que outras necesidades reais semella que deberan ser afrontadas.
Estas obras, contratadas á empresa CivisGlobal (nome novo adquirido pola empresa Movexvial (unha das principais contratistas do Concello de Vigo, en tempos do bipartito) despois do escándalo das facturas falsas de Las 5 Jotas, -que o propietario desta empresa relacionou con pagos a políticos-, vén a sumarse a anteriores proxectos de suposta accesibilidade no Casco vello, como ocurrencias sacadas da manga, que xa constaron centos de miles de euros aos contribuíntes: o funicular do Berbés e o autobusito de Santi Domínguez.
O primeiro, que ía costar a frioleira de 5 millóns de euros e no que se gastaron no concurso xa algúns miles, foi, afortunadamente, finalmente rexeitado, aínda que a súa soa formulación supuxo outro mazazo máis á abandonada fachada histórica do Berbés.
Do despropósito da merca por parte do bigoberno BNG/PSOE, con cargo ao Plan E, por 500.000 euros dun microbús para facer un ridículo percorrido polo Casco Vello, xa non queda nada nin nada se sabe que foi do vehículo, comprado, aínda por riba, cun sobrecusto respecto ao seu prezo de mercado.
Non remataron aí as ocurrencias fallidas, como a anécdota do bluf dasbicicletas eléctricas que de xeito chapuceiro puxo en marcha o bipartito do BNG vigués.
A mobilidade e accesibilidade no Casco Vello non se resolve con ocorrencias, senon con políticas de rexeneración urbana integrada e integral, coa remodelación das liñas de transporte público que conecten adecuadamente o eixo norte-sur da cidade usando os bordos accesibles do barrio (Carral-Porta do Sol-Paseo de Alfonso-Praza do Rei- Camelias), coa potenciación dos itinerarios peonís existentes, coa decidida aposta polo uso residencial fronte o equipacional. Mentres tanto, os nosos gobernantes malgastando os nosos cartos.
Me llevo la grata sorpresa de conectar con Vigoblog cuando ya creí que había desaparecido.
ResponderEliminarPues a participar se ha dicho y animar a los que aún no lo hacen.
Las escaleras mecánicas son una "coña" más de nuestro regidor llevado por la necesidad de embaucar al pueblo de Vigo ante las elecciones de Mayo 2015.
Este buen hombre necesita un frente común de todos los que criticamos esta forma de hacer política `populista y nada más con el dinero de los vigueses.
Saludos.
Ataturk.