10.5.13

VIII ANIVERSARIO


Hai oito anos, exactamente no ano IV adC ( antes da Crise), saía a primeira entrada deste blog. Era unha afirmación - nos estamos aqui, na rede- e o comezo dun xogo coas palabras e coa realidade. 

1668 entradas despois seguimos aquí.Milleiros de palabras, fotografías e videos permanecen neste arquivo que conta un historia apegada a unha cidade e a un tempo. Atrevémonos a falar de case todo..

 
e pensamos que hai palabras que leva o vento pero tamén verdades como puños.

"Somos conscientes de que non hai nada novo baixo o sol e que semella que sobran espazos para opinar sobre calquera cousa, mais a nosa proposta é a da reflexión verbo da cidade -non só de Vigo- e, dende a cidade, verbo dos acontecementos cotiáns." (Da Declaración fundacional)

Seguimos....



 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.