15.6.11

Para qué as Deputacións?

Se alguén dubidaba da utilidade das Deputacións, as manobras de Lou-Zan estes dias atrás deixan claro para que sirve. Exhibindo sen vergonza o súa arbitrariedade compromete os apoios dunha institución "democrática" para convencer a un independente aquí ou a un tránsfuga alá co obxectivo de consolidar o seu cerco desde o campo á cidade. Lou-Zan okupa o Pazo Provincial convertindoo de feito na sede do PP e empregando os nosos cartos reparte de acordo cos intereses electorais do seu partido e tamén dos seus propios obxectivos.



Certo é que conta co silenzo cómplice dunha oposición que usa as deputacións para premiar a concelleiros necesitados de complementos salariais e esa mesma oposición, cando é goberno, non fai nada moi diferente. Pero no caso do PP, cun discurso de "austeridade" e de "adelgazamiento da administración", o cinismo chega a extremos insoportables.
E agora, por se non chegara, andan a voltas cun novo xoguete cheo de cargos e dietas. Da área metropolitana no se discute en termos de organización do territorio. Nen se fala da evidente contradicción coa permanencia das Deputacións, que deberían perder competencias e orzamentos no camiño da súa desaparición. O que lles preocupa é quen vai dirixir a montaxe.
Como ven seguen a milleiros de kilómetros das preocupacións dos cidadáns que vemos amenazados os nosos dereitos á sanidade ou á educación mentres eles seguen metidos nas "súas guerras".

1 comentario:

  1. La foto de la compra y el apaño no tiene comentario. Sotelo, el comprado Faro, y el excelso Louzán. Vaya trío amigos.
    Lo siento por Cangas, pero me consuela saber que aún quedan Abalos para controlarlos.
    Las Diputaciones para pagar estos casos, con corruptelas y el dinero de todos.
    Saludos.
    Ataturk.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.