10.5.11

O virrei Ianni



Iste home que aparece na foto tan fachendoso é o virrei. No seu "pazo" de Balaidos (en fábrica) recibe a visita dos caciques locais que se achegan con ofrendas e regalos para aplacar a súa ira. Feijoo, o xefe da tribu, estivo hai uns dias cunha ofrenda de 11 millóns de euros. Antonte, Caballero, o xefe da aldea, achegouse con 3 millóns de euros. A cambio recibiron unhas contas de vidro: os futuros coches eléctricos levarán un distintivo de "feito en Galicia". Como sempre, o virrei e os caciques elevarons as súas oracións polo mantemento dos postos de traballo e tamén, por un transporte sostible, novidade liturxíca que pretende demostrar que ao virrei non só lle preocupan os beneficios.



Mentras, milleiros de xoves da tribu dos "ni-ni" pasan anos e anos no exercito de reserva agardando a chamada do virrei para entrar por uns meses no santuario (en fábrica) e ser botados á rúa no momento en que o virrei o decida.



Din que a cidade vive nun 60% de Citroën, pero Citroën vive nun 100% da cidade. Habería que darlle unha volta a ista cuestión. É o coche eléctrico o futuro? Queremos que sexa o futuro?



4 comentarios:

  1. moi bo, parabens!

    ResponderEliminar
  2. Corto, bueno y claro. Como en los toros, mejor no se puede decír y, encima,sin acritud, no vaya a ser que se juegue con las cosas de comer.
    Saludos.
    Ataturk.

    ResponderEliminar
  3. Sublime. Viven das subvencións, pero se eu fose o sheriff da Xunta ou o da Praza do Rei tampouco sería quen de darlles ós do chêvron todo aquilo que pedisen. Imaxina. 9.000 persoas na rúa e os das auxiliarias tamén...Vigo non o pode permitir, polo menos de momento...

    ResponderEliminar
  4. Anónimo1/6/11 09:22

    BdV:
    Bos días amicus:
    Manda carallo vintenove!!.
    O fin isto é unha das cousas que demostran que todos sonche coma funcionarios...tamén os das fábricas de automoveis mamam das tetas dos impostos.
    Vamos ter que trocar o chip da funzón pública e meter na mesma saca tamen a istos.
    Pero o que non entendo é coma o Feijoo lévalles diñeiro da xentiña pra eles...¿o pobo de qué vive?.
    Deica logo amicus.

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.