29.3.11

Quen dixo que non había programación no Auditorio?

 As malas lingoas de sempre andaban a dicir que moito Auditorio Mar de Vigo e ninguén sabía que ían programar. Pois trabucábanse: para tódolos amantes da música con maiúsculas, informámoslle que Bob Esponja actuará o 8 de maio no magno edificio recén inaugurado. O resto da programación poden consultala na flamante web do Palacio de Congresos de Vigo.
Tamén poden asomarse, dende dentro, ao mellor que ten o edificio segundo a maior parte dos encuestados: o mar (si, xa sei que xa estaba aí antes... pero ¿que me din do privilexio de vé-lo a través dunha fiestra construída por Por_tela?)
E que nos queixamos de vicio! Que se queixen os de Avilés, que acaban de inaugurar o Centro Niemeyer cun concerto de Woody Allen, e os moi aburridos xa saben a programación dos próximos meses: exposicións, cine, música, teatro e danza... e caralladas polo estilo! Non ten moito máis aquel non sabelo?

6 comentarios:

  1. O Atlántico Diario comenta que unha secta de carácter seica relixioso católico (ese pleonasmo) procurará sanacións nun congreso nese auditorio. Non sei se lin ben a nova, pero aquí tedes información sobre o plan de actuacións.

    ResponderEliminar
  2. http://www.atlantico.net/noticia/132573/primer/congreo/auditorio/

    ResponderEliminar
  3. E resulta que no meu blog so censuro os comentarios que anuncian VIAGRA, e non é porque estea en contra, mais bien é porque non preciso polo momento

    ResponderEliminar
  4. Claudio Ataturk2/4/11 20:20

    La primera actuación ya comenzó: El combate de la placa, a dos bandas, Caballero Feijoó.
    Serán parrulos por pelearse por un recuerdo que el siguiente retirará como hicieron otros con los cambios políticos.
    Así es imposible levantar una ciudad y menos un país. Neniños.
    Saludos.
    Ataturk.

    ResponderEliminar
  5. Mon Dieu! que programación!!! O único claro (máis alá de -o de sempre- as típicas baralladas de promesas): o de Bob Esponja (nivelón!) e un congreso de sanadores. [Impresionante a capacidade da directora e compositora Inma Shara... vai dar ela sóa un concerto!!!]
    Fóra retranca, semella que non hai forma nesta cidade de que as cousas funcionen coa mínima racionalidade esixible. A estas alturas o normal é que houbese xa un calendario pechado de actos. O normal sería tamén que estes estivesen en relación coa importancia do Auditorio e o inorme gasto que este supuxo e suporá aos vigueses e galegos. Non nos vale esa tremenda coartada de "programas para todos los públicos", que o que oculta é a chabacanería e a baixa calidade. Para tódolos públicos -sen populismo barato- debe ser unha ópera de calidade, unha gran obra de teatro dunha gran compañía, unha gran orquestra, un solista recoñecido, un bo ciclo de cine. O auditorio debe servir para rachar co acceso restrinxido á Cultura que supón o actual teatro García Barbón, convertido máis no escenario dun acto social que nun auténtico equipamento cultural. Debe servir para achegar a tódolos públicos as grandes obras da Cultura, das artes escénicas; non para rebaixar a calidade da programación, repartindo máis do mesmo para os veciños desta sufrida cidade sen bibliotecas. Ocúpense programadores de buscar o mellor, de traernos a Vigo o que en tódos estes anos nos privaron coa súa cutre política cultural. Ocúpense xestores de permitir e potenciar o acceso á Cultura de tódolos públicos; financien prezos, difundan, motiven, inviten a todos, anímenlles a estar nunha ópera e nonos enchan, por favor, o Auditorio, do circo do banal para seguir condeando a esta cidade á incultura.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo3/4/11 17:56

    Máis programación. Hoxe anunciaban un concerto de Mónica Naranjo!!!!, outro de Ana Belén,... Desde logo a programación axústase ao perfil dun "eterno promotor"...

    ResponderEliminar

Por favor asina cun nome de usuario (se estás rexistrado en google ou blogger) ou cun "nombre" (que xa sabes que pode ser un alcume.
Evita no posible usar anónimo.
Así debatiremos mellor.
Grazas.